América Central: Rexión de América

América Central ( pronunciación (axuda · info)), tamén chamada Centroamérica, é unha rexión que se atopa no extremo sur de América do Norte e que ás veces é definido como un subcontinente de América.

Esta rexión limita con México polo norte, Colombia polo sueste, o mar Caribe polo leste e o océano Pacífico polo oeste e o sur. América Central componse de sete países: Belize, Costa Rica, O Salvador, Guatemala, Honduras, Nicaragua e Panamá. A poboación combinada de América Central estímase entre 41 739 000 (estimacións de 2009) e 42 688 190 (estimacións de 2012).

Modelo:Xeografía políticaAmérica Central
Imaxe

Localización
América Central: Xeoloxía, Notas, Véxase tamén Editar o valor em Wikidata
 12°N 86°O / 12, -8686°O / 12, -86
Xeografía
Parte de
Superficie560.988 km² Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoTajumulco (4.220 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con

América Central forma parte do punto quente de biodiversidade de Mesoamérica, que se estende dende o norte de Guatemala até o centro de Panamá. Por mor da presenza de diversas fallas xeolóxicas activas e do arco volcánico centroamericano, existe unha grande actividade sísmica na rexión, como erupcións volcánicas e terremotos, que resultaron en mortes, feridos e danos á propiedade.

Na era precolombiana, América Central estaba habitada por pobos indíxenas de Mesoamérica no norte e no oeste e por pobos do istmo colombiano no sur e no leste. Despois das viaxes da expedición de Cristovo Colón a América, España comezou a colonizar América. Dende 1609 até 1821, a maioría dos territorios de América Central (agás os dos futuros Belize e Panamá, e incluíndo o moderno estado mexicano de Chiapas) estaban gobernados polo vicerreinado de Nova España dende Cidade de México como Capitanía Xeneral de Guatemala. O 24 de agosto de 1821, o vicerrei español Juan O'Donojú asinou os Tratados de Córdoba, que estabeleceron a independencia de Nova España respecto de España. O 15 de setembro de 1821, promulgouse a Acta de Independencia de América Central para anunciar a separación de América Central do Imperio Español e prever o estabelecemento dun novo estado de América Central. Algunhas das provincias de Nova España na rexión de América Central (como as que se converterían en Guatemala, Honduras, O Salvador, Nicaragua e Costa Rica) foron anexionadas ó Primeiro Imperio Mexicano; porén, en 1823 separáronse de México para formar a República Federal de América Central, que durou até o ano 1838.

En 1838, Nicaragua, Honduras, Costa Rica e Guatemala convertéronse nos primeiros estados de América Central en ser independentes, seguidos polo Salvador en 1841, Panamá en 1903 e Belize en 1981.

Xeoloxía

Presúmese que estivo conectada co mar Mediterráneo na Era Paleozoica (225 – 570 m.a.), e separouse a medida que se formaba o océano Atlántico. A Fosa de Bartlett, entre Cuba e Xamaica ten 7.686 metros de profundidade. Fronte as costas de Belize encóntrase a segunda barreira de coral máis grande do mundo con 282 quilómetros.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

América Central XeoloxíaAmérica Central NotasAmérica Central Véxase taménAmérica CentralAméricaAmérica do NorteBelizeColombiaCosta RicaFicheiro:Gl-América Central.oggGl-América Central.oggGuatemalaHondurasMar CaribeMéxicoNicaraguaO SalvadorOcéano PacíficoPanamáWikipedia:Ficheiros multimedia

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Bloque Nacionalista GalegoConsellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesSexo analValenciaJuan Jacobo Durán LorigaJosé López CamposCinema pornográficoDos arquivos do trasnoFesta dos maiosMíster EspañaEnsaio (literatura)IKEAPaulino Pereiro1915FentoBolboretaDeserto do SáharaGonzalo LouzaoHenrique VIII de InglaterraAna RomaníMaría Xosé QueizánVómito (grupo musical)CaraveleiraAvenida da Liberdade (Lisboa)Lista de nomes masculinos en galegoPablo PicassoEsencia de trementinaVacaScarlett JohanssonManuel RivasMariano RajoyDiego AnidoPúrpuraMemorias dun neno labregoÁngel CarracedoMaría Jesús MonteroTelevisión de GaliciaXosé Ramón GayosoTotó GarcíaAntón Villar PontePablo EscobarPello OtxandianoBrasilLista de xentilicios de concellos galegosXogo da chavePortolamoso, Curtis, CurtisMaría a BalteiraExaculaciónSobreiraDeportivo da CoruñaForcareiFerrer BassaBilbaoUniversidade de ManchesterAWStatsChorimaLeonardo da VinciGuerraPaís VascoIndonesiaBigues i Riells del FaiEscáncerAndoriñaAntiga CartagoDe NinghuresLontreiraContactMoción de confianzaReino de GaliciaAlfonso RuedaARoberto Vidal BolañoBerrogüettoDavid SuchetÁlvaro Cunqueiro🡆 More