Diego Anido: Actor galego

Diego Anido Alonso, nado en Santiago de Compostela o 8 de maio de 1976, é un actor e autor teatral galego.

Como actor de cine, gañou o Premio Mestre Mateo ao mellor actor secundario polo seu papel en Malencolía, e foi nomeado aos Premios Goya polo seu traballo na premiada As bestas.

Infotaula de personaDiego Anido
Diego Anido: Traxectoria, Obras, Actor
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de maio de 1976 Editar o valor em Wikidata (47 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndramaturgo , actor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm3661978 Allocine: 819530 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Comezou a facer teatro na súa Compostela natal e estudou interpretación na escola Espazo Aberto. Durante a súa xuventude tamén se dedicou á música, formando parte das bandas Hemisferio Izquierdo e Taxi Driver. En 2004 presentou a primeira obra teatral da súa autoría, titulada Paperboy. que interpretaba el mesmo. A continuación trasladouse a Barcelona, onde residiu durante varios anos. Alí estreou o seu segundo traballo persoal, El Alemán, e foi un dos creadores da Agrupación Señor Serrano. Formou parte da plataforma de creación Àrea Tangent, de onde saíu a súa terceira obra: Cascuda. Colaborou co Centro Dramático Galego e en 2017 regresou definitivamente a Galicia, instalándose no Pino, xunto á súa familia.

Aínda que na década de 2000 xa fixera breves incursións no audiovisual, aparecendo brevemente na serie de televisión Pepe o inglés e protagonizando xunto a Miguel de Lira,o filme Pedro e o capitán, o seu primeiro traballo de importancia no cine chegou en 2018, cando interpretou un dos papeis protagonistas do filme de Xacio Baño Trote. En 2020 interpretou o papel de Couto no filme Ons, de Alfonso Zarauza, e ao ano seguinte estreouse Malencolía, do mesmo director e cuxo traballo lle valeu o Premio Mestre Mateo ao mellor actor secundario na gala celebrada en 2022.

En 2022 chegoulle a súa grande oportunidade no cine, cando lle ofreceron un dos papeis protagonistas de As bestas, filme de Rodrigo Sorogoyen baseado na historia real dun crime acontecido en Santoalla, no concello de Petín. Aínda que inicialmente ía ter só un pequeno papel na película, a marcha de Pedro Alonso posibilitou que ocupase o lugar deste interpretando a Lorenzo Antas, traballo polo que foi nomeado ao Premio Goya á mellor interpretación masculina secundaria na edición de 2022, un galardón que foi parar ao seu compañeiro no filme, Luis Zahera. As bestas foi a gran triunfadora de dita edición dos Goya, con 9 premios, e obtivo tamén o galardón a mellor película estranxeira nos Premios César de Francia.

Obras

Teatro

Actor

Danza contemporánea

  • ...de San Vito (Andrés Corchero)

Longametraxes

Televisión

Curtametraxes

  • Katiuska (Os corpos agrícolas) (Antón Coucheiro Filde, 2006).
  • Sebastián (Alfonso Vilas Zarauza, 2001).
  • Os días do caos (Xosé Manuel Bazarra Maneiro "Sepi", 2001).

Galardóns e nomeamentos

Premios Goya

Ano Categoría Filme Resultado
2022 Mellor actor secundario As bestas Nomeado

Premios Mestre Mateo

Ano Categoría Filme Resultado
2021 Mellor actor secundario Malencolía Gañador

Notas

Tags:

Diego Anido TraxectoriaDiego Anido ObrasDiego Anido ActorDiego Anido Galardóns e nomeamentosDiego Anido NotasDiego Anido19768 de maioActorAs bestasCineMalencolíaPobo galegoPremios GoyaPremios Mestre MateoSantiago de CompostelaTeatro

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Santa CompañaGiorgio de ChiricoÑuThe ArtistShinovaQueiroaMar MediterráneoXoán MontesMañónDavid BeckhamVicente RiscoDoraemonOU-622Zinedine ZidanePeaky BlindersAbril na cultura popular galegaPilar AbellaMona LisaEstadio Municipal de RiazorTraxe galegoBaixa Limia - Serra do XurésHindemburg Melão Jr.Xabier DeiveNapoleón I de FranciaCosta da MorteEnrique LísterEtruscosNacionalismo galegoA fonte do xuramentoRefraneiro galego sobre o panSri LankaPúrpuraCortizaLinguas indoeuropeasA Picoña, Salceda de CaselasRepública ChecaDitongoBenigno Andrade GarcíaArtrópodosPandeiraPrehistoriaCaralloBudapestLois DiéguezPobo galegoCristina Fernández DavilaLista de siglas e acrónimosSalman RushdieAzumanga DaiohPartido LibertarioGrupo NósPombo torcazMercedes QueixasAna María Fernández MartínezFrancisco AsoreyElena RivoCristiano RonaldoNordés (vento)Circuíto Internacional de XangaiCélulas A549TeruelSara García AlonsoEstricninaHistoria da pintura en ExiptoBuxoJosé Darse SobrinoCarbohidratoConstitución española de 1812Lista de xentilicios de concellos galegosEndovélicoBanco de Galicia (oceanografía)Arancha NogueiraFingering🡆 More