Arbusto: Vexetal leñosos de mediano porte

Un arbusto é un vexetal leñoso de mediano porte, entre as herbáceas e as árbores.

É un termo difícil de describir e algunhas especies consideradas arbustos poden acadar tamaño de árbores en boas circunstancias.

Arbusto: Matogueira, Usos, Especies de arbustos comúns en Galiza
Especies de arbustos típicas nas matogueiras galegas: toxo molar (Ulex minor) en amarelo con queiroas (Calluna vulgaris), en rosa.

A diferenza das árbores, que teñen un só talo ou toro, considérase que os arbustos ramifican dende o chan, tendo polo tanto varios talos. Os arbustos poden ser miúdos, incluso de tamaños inferiores a moitas herbáceas, e neste caso tamén son chamados gamallos (como é o caso das urces); outros poden acadar varios metros de altura, e son considerados ás veces arboriñas (é o caso da abeleira).

Non todas as plantas lígneas ramificadas dende a base son consideradas arbustos; por exemplo, o tomiño (xénero Thymus) ou o cantroxo (xénero Lavandula) son matos leñosos ou, como tamén se di, subarbustos. Termos coma árbore, arbusto ou gamallo/mato describen biotipos na lingua común e son máis ou menos equivalentes doutros técnicos; os equivalentes botánicos para este concepto son os termos caméfito, nanofanerófito e microfanerófito.

É frecuente que especies que se presentan normalmente como arbustos crezan coma árbores onde as circunstancias ecolóxicas son distintas, como ocorre co Quercus coccifera no norte de África, ou por un esforzo deliberado no cultivo, como se ve ás veces co loendro (Nerium oleander).

As plantas rubideiras tamén se denominan ás veces arbustos gateadores.

Matogueira

O bioma ou ecosistema con predominio de arbustos chámase matogueira. Outros termos son breña, coucheira, fraguiza, matagueira, mato ou vedramio. Normalmente considéranse maleza.

Usos

Xardinaxe

Arbusto: Matogueira, Usos, Especies de arbustos comúns en Galiza 
Cos arbustos adóitanse facer sebes de topiaria en xardinaxe. Neste caso buxos no parque de Castrelos en Vigo.

Moitos arbustos son empregados polas súas follas, flores, froitos ou estrutura, na xardinaxe coma ornamentais coma complementos horizontais ás árbores, para crear pantallas, ou zonas frondosas. As máis das veces créanse cerramentos de sebes (evónimos, tuias etc.), topiaria (buxo etc.) ou conxuntos ornamentais (roseiras, camelias etc.), aromáticos (cantroxos, romeus etc) ou polo froito (o caso das bagas e froitos do bosque: framboeseiros, groselleiros etc).

Estrume

As matogueiras tiveron grande importancia na economía e na agricultura galegas no pasado. Moitos dos montes hoxe cubertos con piñeiros e eucaliptos eran dende a antigüidade zonas de mato que se aproveitaban para estrar as cortes ou coma pasteiros. O conxunto de restos vexetais, como toxos, silvas, fentos etc., que se empregan, entre outras cousas, para fondar as cortes denomínase estrume, mato, batume , broza , esquilmo , mulime ou valume.

Especies de arbustos comúns en Galiza

Arbustos empregados coma estrume:

Arbusto: Matogueira, Usos, Especies de arbustos comúns en Galiza 
As uceiras son formacións de matogueira de especies de uces moi comúns en Galiza.

Outros arbustos bravos:

Arboriñas espontáneas:

Arbusto: Matogueira, Usos, Especies de arbustos comúns en Galiza 
As abeleiras son arboriñas que poden ser consideradas arbustos

Medicinais e olorosas:

Ornamentais:

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Arbusto MatogueiraArbusto UsosArbusto Especies de arbustos comúns en GalizaArbusto NotasArbusto Véxase taménArbustoHerbáceaVexetalÁrbore

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Patacas frixidasBiblioteca Galega 120Carcinoma lobular in situBirimbao (instrumento musical)Cristiano RonaldoLingua irlandesaPardo de CelaLípidoManuel Gago MariñoLuis VilariñoAs crónicas do sochantreTPBSNanina SantosJosé Miñones CondeGalizaNacionalidade históricaInternet Movie DatabaseMercedes González Castro27 de marzoSocioloxíaA LarachaPepe CoiraPenerbosa, Negrelos, RodeiroLabirintos de pedra na Illa Bolshoi ZayatskyGheadaFeiracoEstatísticaMoinanteTECOR societarioISBNEnxoval funerario1979CarrachaVenresKJosé Manuel Baltar BlancoAlberto Luis DíazTokusatsuMarta DarribaXosé Luís BernalTelevisión de GaliciaCañita BravaO porco de péFroila VermúdezQueixoAcademia Chinesa de CienciasSen Senra39San Lázaro, Santiago de CompostelaJosé Luis VergaraLucía Rodríguez Vázquez96Mar TirrenoMario ObreroTrisónJosefina Ling LingProxyMono (animal)Premio Burnett Anderson MemorialRicardo Carballo CaleroFerrolDeidadePremio Espasa de EnsaioFausto CercignaniFrancisco Castro VelosoEuropaBelén RegueiraOrchataPortadaCerroteFauna de GaliciaCopa do Rei de fútbolMontsiàMinia ManteigaBulgariaMoecheTomas DeLorey🡆 More