Estripeiro: Especie de planta

O estripeiro (Crataegus monogyna), é unha especie de arbusto ou arboriña fanerógama pertencente á familia das rosáceas.

Estripeiro
Estripeiro: Etimoloxía, Descrición, Etnografía
Clasificación científica
Superreino: Eukaryota
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Rosidae
Orde: Rosales
Familia: Rosaceae
Subfamilia: Spiraeoideae
Tribo: Pyreae
Xénero: Crataegus
Especie: C. monogyna
Nome binomial
Crataegus monogyna
Jacq.

É unha arboriña espiñenta común nas fragas de Galiza, abundando en toda a Europa atlántica. Recibe tamén os nomes vulgares de estripo, escambrón, espiño albar ou espiño branco.

Estripeiro: Etimoloxía, Descrición, Etnografía
Póla de estripeiro con follas e típicos froitos

Etimoloxía

Crataegus provén do grego kratos e significa 'forte', probabelmente facendo referencia á súa madeira. Monogyna, de mono 'un' e gynos 'pistilo', referíndose a que ten un único estilo en cada flor.

Descrición

É unha árbore de catro a seis metros de altura, con ramas espiñentas, follas lampiñas e aserradas, caducas, flores brancas, olorosas e en corimbo, e froito ovoide, revestido de pel tenra e avermellada que encerra unha polpa doce e unha única semente, de aí o seu nome, aparecendo raras veces dúas.

Poden ser arbustos ou pequenos árbores de 5–14 m de altura, cunha densa coroa. A casca é grosa e parda con gretas verticais laranxa. Os talos máis novos teñen espiñas romas, de 1 a 1,5 cm de longo. Follas de 2–4 cm de longo, obovadas e profundamente lobuladas, ás veces case até o centro, cos lóbulos abertos nun amplo ángulo. A face superior é verde negrexo e pálido na cara anversa.

Estripeiro: Etimoloxía, Descrición, Etnografía 
Flores do estripeiro.

As flores emíteas a fins de primavera (maio a xuño na súa área nativa) en corimbos de 5-25 xuntas; cada flor de preto de 1 cm de diámetro, con cinco pétalos brancos, numerosos estames vermellos, e un singular estilo; son moderadamente fragrantes. Tarde na estación dá numerosas froitas pequenas, ovais, vermello escuras de preto de 1 cm de lonxitude, tipo cereixa, pero estruturalmente un pomo contendo unha soa semente. As froitas son importantes para a vida silvestre no inverno, particularmente aves que as comen e dispérsanas nas súas deposicións.

Distínguese do seu parente menos expandido Crataegus laevigata nas súas follas profundamente lobuladas e desprendibles, e nas flores cun só estilo, non dous nin tres. Con todo son interfértiles e a hibridación é frecuente; só distinguibles nas súas típicas formas. No sur da Península Ibérica aparece a variedade Crataegus monogyna subsp. brevispina.

Usos

Plántase como sebe, especialmente para uso agrícola. As súas espiñas e ramaxe pechado convérteno nunha boa barreira para encerrar gando e impedir o paso de persoas. En Galiza empregábase para enxertar outras rosáceas (froiteiras). Hai varios híbridos, algúns como arbustos de xardín. O híbrido máis usado é Crataegus × macrocarpa (C. monogyna × C. laevigata; sen. C. × media), do cal se coñecen varios cultivares, incluíndo o moi popular 'Paul's Scarlet' con dobres flores rosa escuras. Outro arbusto de xardín que involucraría ó Crataegus común, son Crataegus heterophylla do Cáucaso, que é raro en parques e xardíns.

Polo que se refire ó seu uso medicinal, os ingredientes activos das súas flores son: taninos, flavonoides, aceites esenciais, triterpenos e derivados de purinas. Os dos seus froitos: taninos, flavonoides, pigmentos e vitaminas. Unha infusión de Crataegus úsase para tratar varios problemas de corazón e circulatorios e como soporte de terapia con Digitalis. As follas novas son boas en ensaladas. E a froita serve para facer viño, marmeladas e agregar sabor ó brandy.

Etnografía

En inglés, o dito que lembra a conveniencia de manter roupa de abrigo até avanzada a primavera (ne'er cast a clout 'til may is out) non se refire á fin do mes de maio, senón ao florecemento do estripeiro ('may').

No folclore celta-gaélico, o estripeiro (en gaélico, Sgitheach) marca a entrada do Outro Mundo e se asocia coas fadas. É moi desafortunado cortar a árbore agás que estea agromando, cando é decorada como o "Arbusto May" (ver Beltane). Estas arboriñas atópanse nas áreas de peregrinación místicas célticas; son arbustos sagrados coñecidos coma 'rag trees', literalmente árbores de farrapos, polas tiras de roupa tendidas sobre elas como parte de rituais sagrados, como ocorre en Santo André de Teixido.

Nome común

Silvo, silva garvanceira, raspiñeiro, pereira brava branca, estripo, estripieiro, estripeiro branco, estripeiro, esterpe, espiño negro, espiño mouro, espiño de maceira, espiño bravo, espiño branco, espiño branco, espiño, espiñeiro, espino, espín, espieiro, espicho, escramboeiro, escarambón manso, escarambón, escambruñeiro bravo, escambrón bravo, escambrón, escallo, escalleiro e escalambrón.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Tags:

Estripeiro EtimoloxíaEstripeiro DescriciónEstripeiro EtnografíaEstripeiro Nome comúnEstripeiro Galería de imaxesEstripeiro NotasEstripeiro Véxase taménEstripeiroArbustoEspecieFanerógamaRosáceas

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

De catro a catroCarlos CasaresThe OffspringMasturbaciónIria MorgadeAciñeiraSistema operativoLista de WikipediasErnesto ChaoClara CampoamorPilar AbellaLarraunXinzo de LimiaJuan MagánManuel Jesús González CapónJosé Ramón Soraluce BlondDolores IbárruriAlcaldes da CoruñaWMichael DouglasFrancisco RabalCándido Conde-Pumpido VarelaPeer-to-peerProvincia da CoruñaIris Gey LópezDiego Rivas RegoSelección de fútbol de GaliciaBloque Nacionalista GalegoXosé Luís Méndez FerrínRebeliom do InframundoRevolución dos CaraveisPachi VázquezLuísa VillaltaFuga de cerebrosPortugalManuel Curros EnríquezGrupo EroskiElla Baila SolaAgustín Fernández PazJosito PortoBóvedaLiga de Unidade e Ação RevolucionáriaPío BarojaMúsica dos países islámicosIdade MediaTom Holland (actor)Agulla (peixe)José Antonio Rueda CrespoCervo comúnAs aves na cultura popular galegaFebreiroPontevedraÁngel CarracedoCinema pornográficoFelipe de Marichalar y BorbónGonzalo MellaUnión Europea de RadiodifusiónLorbé, Dexo, OleirosLista das árbores de GaliciaXXXTentacionFrancisco PazosCarlos García BayónXestaSexo analVerbos galegos facer, dicir e haberXosé Ramón Fernández-OxeaXabier DíazJude BellinghamJorge PeteiroMaría PitaXogos OlímpicosColiseum da CoruñaCachaloteReino suevo🡆 More