Bioloxía Xénero: Categoría taxonómica

O xénero, no campo da bioloxía, é unha unidade sistemática das clasificacións por categorías taxonómicas.

Características

Componse de especies (aínda que existen xéneros monoespecíficos) e, en moitos casos, constitúe un grupo tan natural que é de dominio vulgar: o xénero Pinus, integrado por numerosas especies de piñeiros que usualmente teñen unha nomenclatura binomial semellante á biolóxica (piñeiro albar, piñeiro negral, piñeiro carrasco etc.), é unha unidade "xenérica" en sentido corrente.

O nome xenérico ten de ser un substantivo, sen que existan regras precisas para a súa desinencia.

O concepto de xénero e a propia verba foron establecidos por Tournefort. Carl von Linné aceptounos, concretando así o seu pensamento: "Hai tantos xéneros coma fructificacións semellantes producidas por diversas especies naturais" (Palau, na tradución da Phylosophya botanica, de Linneo, p. 84). Orixinariamente Linneo e os botánicos da súa escola estableceron os xéneros sobre a base dos caracteres da frutificación.

Na actualidade, para o establecemento de xéneros tómanse multitude de caracteres. Por exemplo, tratándose de plantas superiores considéranse a morfoloxía xeral da flor, a filotaxe, a anatomía etc.

Ao igual que ocorre con outros niveis, na taxonomía dos seres vivos, e debido á enorme dificultade á hora de clasificar certas especies, varios xéneros poden agruparse en superxéneros, e os individuos dun xénero poden organizarse en subxéneros. Estes, á súa vez, poden organizarse en infraxéneros.

Un notoxénero é un nivel de clasificación análogo ó xénero pero creado por hibridación doutros (dous ou máis), máis habitual no caso das plantas que dos animais.

Niveis de clasificación

Familia
[Subfamilia]

[Infrafamilia] [Tribo]

[Superxénero]
Xénero
[Subxénero]
[Infraxénero]
Especie
[Subespecie]

Notas

  • Os niveis obrigatorios marcáronse con fondo rosa.
  • A clasificación ordéase de xeral a concreto.

Tags:

BioloxíaTaxonomía

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Catedral de BurgosOurizo cachoKakiniitLista de nomes femininos en galegoLugares do GrovePaco de LucíaÍñigo QuinteroLuis López DiéguezArmand DuplantisAquí no hay quien vivaLuis Mateo DíezRakel WinchesterPili PampínCanle (enxeñaría)Gala Murguía de CastroBetanzosComarca de BergantiñosAna BelénVicente RiscoBuxoAlfonso Basterra CamporroGrândola, Vila MorenaMorgan FreemanFernando GuillénTrese (serie de televisión)ArroazAmerican Psycho (filme)HorteláJohnny DeppEstadio Municipal de BalaídosFacultade de Xeografía e Historia de Santiago de CompostelaLareiraBuchenwaldFurónHistoria de AustriaAl-AndalusFonte dos CabalosEnerxía eólicaXibaMonterrosoNaufraxio do PrestigeIndiaFundación WikimediaPremios da Crítica GaliciaMLousamePosición do misioneiroAntonio García CondeFrancisco Rodríguez AcostaSilva bravaContact+CuñadosMario CasasIllas CanariasAmeixa (froito)Lista de filmes en galego con maior recadaciónInvasións bárbarasRSSEntíns, OutesMarcos PereiroClara PonsatíGeorge ClooneyElemental (filme de 2023)Posición do canRyan GoslingGalegoCunnilingusVicente Criado GabeirasAntón Avilés de TaramancosGaliciaIria MorgadeFidel FernánBayer Leverkusen🡆 More