Actor Tom Holland: Actor británico

Thomas Stanley Holland, nado en Londres o 1 de xuño de 1996, coñecido simplemente como Tom Holland, é un actor, actor de voz e bailarín británico.

Comezou a súa carreira no teatro no ano 2008, interpretando a personaxe principal no musical Billy Elliot. Posteriormente, tras graduarse da BRIT School en 2012, debutou no cine coa película Lo imposible (2012), e logrou gran recoñecemento por parte da crítica, tras ter sido nomeado pola National Board of Review como o Actor Revelación dese ano, ademais de ter sido nomeado ós Critics' Choice Awards como Mellor Intérprete Xove.

Infotaula de personaTom Holland
Actor Tom Holland: Biografía, Vida privada, Filmografía
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Thomas Stanley Holland Editar o valor em Wikidata
1 de xuño de 1996 Editar o valor em Wikidata (27 anos)
Kingston-upon-Thames, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaKingston upon Thames (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeInglaterra
Reino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónBRIT School
Richard Challoner School (en) Traducir
Wimbledon College (en) Traducir
Donhead Preparatory School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura1,73 m Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoActuación Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónactor de dobraxe , actor , bailarín , actor de cinema , actor de teatro , actor de televisión Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2008 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
ParellaZendaya (2021–) Editar o valor em Wikidata
PaiDominic Holland (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsHarry Holland (pt) Traducir e Paddy Holland (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Actor Tom Holland: Biografía, Vida privada, Filmografía Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm4043618 Allocine: 588862 Rottentomatoes: celebrity/tom_holland Allmovie: p734485 Metacritic: person/tom-holland TV.com: people/tom-holland-iii
Twitter: TomHolland1996 Instagram: tomholland2013 WikiTree: Holland-8361 Editar o valor em Wikidata

Holland lograría máis recoñecemento tras ser seleccionado para interpretar a personaxe de Spider-Man no Universo cinematográfico de Marvel, onde protagonizou os filmes Spider-Man: Homecoming (2017) e Spider-Man: Far From Home (2019), os cales recibiron a aclamación da crítica e foron éxitos en vendas. Holland tamén interpretou a Spider-Man en Captain America: Civil War (2016), Avengers: Infinity War (2018) e Avengers: Endgame (2019), que foron igualmente ben recibidas polo público. Grazas ó seu éxito, gañou o galardón de Premios BAFTA de 2017, ademais de ser receptor de premios nos Saturn Awards e nos Teen Choice Awards. Como actor de voz, participou en filmes como Spies in Disguise (2019), Dolittle (2020) e Onward (2020).

Fóra da súa carreira como actor, Holland dedícase á filantropía, recadando diñeiro para axudar a persoas de baixos recursos no Reino Unido, especialmente familias con nenos que padecen condicións coma a dislexia e enfermidades coma o cancro.

Biografía

Actor Tom Holland: Biografía, Vida privada, Filmografía 
Holland en 2010 tras un espectáculo de Billy Elliot.

1996-2014: primeiros anos e inicios na actuación

Thomas Stanley Holland naceu o 1 de xuño de 1996 na cidade de Londres, en Inglaterra (Reino Unido), fillo de Dominic Holland, un comediante e autor, e Nicola Frost, unha fotógrafa. É o maior de catro irmáns e ten ascendencia irlandesa polos seus dous pais. Estudou a primaria na Donhead Preparatory School na cidade de Wimbledon até 2008, e posteriormente a secundaria no Wimbledon College até 2012. Desde ben pequeno interesouse polo baile, e xeralmente sufría bullying por parte dos seus compañeiros, que crían que non era unha «actividade para homes». Con todo, este talento conseguiulle unha oportunidade no teatro e debutou interpretando á personaxe principal do musical Billy Elliot entre 2008 e 2010. Tras culminar a secundaria, asistiu á BRIT School e, ó pouco tempo, conseguiu un papel na película The Impossibles (2012). A película foi un éxito comercial e crítico, e a súa actuación recibiu unha gran aclamación e valeulle múltiples recoñecementos, entre estes o galardón a Actor Revelación nos premios outorgados pola National Board of Review en 2013. Ademais, foi nomeado aos premios Critics' Choice e aos Premios Goya.

Logo diso, Holland aparecería en películas como How I Live Now (2013) e No corazón do mar (2015), as cales, malia fracasaren en termos de crítica e despacho de billetes, lle fixeron gañar popularidade na industria. Tamén debutou na televisión na miniserie Wolf Hall, a cal recibiu a aclamación da crítica e gañou numerosos recoñecementos. En xuño de 2015, Marvel Studios confirmou que Holland asinara un contrato de seis películas para interpretar a personaxe de Peter Parker / Spider-Man no Universo cinematográfico de Marvel.

2016-presente: ascenso á fama como Spider-Man

Holland fixo o seu debut como Spider-Man facendo unha aparición na película Captain America: Civil War (2016), que recibiu a aclamación da crítica e recadou 1.1 mil millóns de dólares, o que a fixo a película máis taquillera do 2016. Ese mesmo ano, tamén apareceu nas películas The Lost City of Z (2016) e Edge of Winter (2016). Posteriormente, volveu interpretar a Spider-Man, esta vez como protagonista, no filme Spider-Man: Homecoming (2017), que foi igualmente aclamado pola crítica e supuxo outro éxito en despacho de billetes tras recadar 880 millóns de dólares, co que foi a sexta película máis taquillera do 2017. Dita actuación fíxoo acredor dun premio nos Saturn Awards e os Teen Choice Awards, ademais de ser recoñecido co premio á Estrela Emerxente nos BAFTA Awards polo seu rápido ascenso á fama e éxito. Así mesmo, con 20 anos e 123 días, ingresou ao Libro Guinness das marcas por ser o actor máis novo en interpretar unha personaxe principal do Universo cinematográfico de Marvel. Como parte da promoción da película, Holland competiu contra Zendaya no programa Lip Sync Battle, onde cantou unha mestura dos temas «Singin' in the Rain» e «Umbrella». A súa presentación viralizouse e tivo unha resposta sumamente positiva por parte do público e a crítica, que a cualifican como unha das mellores do programa, así como un momento importante dentro da carreira do actor. Por outra banda, apareceu nos filmes Pilgrimage (2017) e The Current War (2017), ambos fracasos en crítica e despacho de billetes.

Holland interpretou novamente a Spider-Man aparecendo en Avengers: Infinity War (2018) e Avengers: Endgame (2019), as cales recibiron a aclamación da crítica e convertéronse en éxitos arrasadores en despacho de billetes, sendo as películas máis exitosas dos seus respectivos anos de lanzamento. Ademais, protagonizou Spider-Man: Far From Home (2019), que obtería loanzas da crítica e recadaría 1.1 mil millóns de dólares, que o converten no cuarto filme máis taquillero de 2019. Este papel fíxoo acredor doutro premio nos Saturn Awards e Teen Choice Awards, así como un Kids' Choice Awards.

Posteriormente, Holland desenvolveu actuacións de voz en Spies in Disguise (2019) e Dolittle (2020), ambos fracasos en crítica e despacho de billetes. Así mesmo, deu voz á personaxe de Ian Lightfoot na película Onward (2020), producida por Pixar e protagonizada en conxunto con Chris Pratt. A película, malia que tivo unha boa recepción crítica, viu afectados os seus ingresos pola pandemia de COVID-19 e tivo que ser publicada en plataformas de streaming pouco despois do seu lanzamento en cines.

Holland protagonizou a película de suspense psicolóxica The Devil All the Time, produción de Netflix lanzada en setembro de 2020. Malia que a cinta tivo recensións mixtas, a crítica loou a actuación de Holland por ser máis seria e escura que os seus papeis anteriores. Así mesmo, protagonizará Chaos Walking, unha adaptación da novela The Knife of Never Letting Go escrita por Patrick Ness. Tamén interpretará a personaxe de Nathan Drake no filme Uncharted, adaptación da serie de videoxogos homónima. Igualmente aparecerá noutros proxectos como Cherry, Beneath the Scarlet Sky e unha terceira película de Spider-Man, aínda sen data de lanzamento.

Vida privada

Holland reside no barrio londiniense de Kingston upon Thames, preto da casa dos seus pais e irmáns máis novos. Ten unha cadela chamada Tessa e, malia que se lle ten caracterizado coma seguidor do club de fútbol inglés Arsenal, el desmentiuno, chegando a editar a súa propia páxina de Wikipedia e afirmando que prefire non pronunciarse para evitar enfados e que só xogou unha vez no Arsenal Vets porque "estaban realmente faltos de xogadores"; á súa vez mencionou que non se considera un gran xogador de fútbol. Tamén practica a ximnasia.

Filantropía

En outubro de 2012, Holland uniuse á promoción da doazón de medula e sangue, promovendo a asociación de Anthony Nolan. É por iso que protagoniza a campaña publicitaria.

Xunto cos seus tres irmáns, Holland patrocina The Brothers Trust, unha organización de caridade rexistrada no Reino Unido que recada cartos para diversas causas caritativas, fundada no ano 2017.

Filmografía

Cine
Ano Título Rol Notas
2010 Karigurashi non Arriety Shô Voz na versión inglesa
2012 The Impossible Lucas Bennett
2013 How I Live Now Isaac
Moments Boy Curtametraxe
2014 Locke Eddie Voz
2015 No corazón do mar Thomas Nickerson
2016 Captain America: Civil War Peter Parker / Spider-Man
The Lost City of Z Jack Fawcett
Edge of Winter Bradley Baker
2017 Pilgrimage Irmán Diarmuid
The Current War Samuel Insull
Spider-Man: Homecoming Peter Parker/Spider-Man
2018 Avengers: Infinity War
2019 Avengers: Endgame
Spider-Man: Far From Home
Spies in Disguise Walter Beckett Voz
2020 Onward Ian Lightfoot
Dolittle Jip
The Devil All the Time Arvin Russell
2021 Chaos Walking Todd Hewitt Posprodución
Uncharted Nathan Drake
Cherry Nico Walker
Televisión
Ano Título Rol Notas
2015 Wolf Hall Gregory Cromwell 6 episodios
2017 Lip Sync Battle El mesmo Episodio: «Tom Holland vs. Zendaya»
Teatro
Ano Obra Rol Notas
2008-10 Billy Elliot: The Musical Billy Vitoria Palace Theatre (Londres)

Premios e nomeamentos

Ano Premio Categoría Nomeado por Resultado
2013 Critics' Choice Awards Mellor Intérprete Xove The Impossible Nomeado
Empire Awards Mellor Actor Novo Gañador
National Board of Review Actor Revelación Gañador
Premios Goya Mellor Actor Revelación Nomeado
Saturn Awards Mellor Interpretación dun Actor/Actriz Xove Nomeado
Young Artist Awards Mellor Actor Gañador
2016 Mellor Actor secundario No corazón do mar Nomeado
Teen Choice Awards Rouba Escenas Captain America: Civil War Nomeado
2017 BAFTA Awards Estrela Emerxente Gañador
Empire Awards Mellor Actor Novo Nomeado
Saturn Awards Mellor Interpretación dun Actor/Actriz Xove Gañador
Teen Choice Awards Estrela de Cine Revelación Spider-Man: Homecoming Nomeado
Mellor Actor do Verán Gañador
2018 Saturn Awards Mellor Interpretación dun Actor/Actriz Xove Gañador
Teen Choice Awards Mellor Actor de Cine de Acción Avengers: Infinity War Nomeado
2019 People's Choice Awards Estrela de Cine de Acción Favorita Spider-Man: Far From Home Gañador
Estrela de Cine Masculina Favorita Nomeado
Saturn Awards Mellor Interpretación dun Actor/Actriz Xove Gañador
Teen Choice Awards Mellor Actor do Verán Gañador
2020 Jupiter Awards Mellor Actor Internacional Gañador
Kids' Choice Awards Actor de Cine Favorito Nomeado
Superheroe Favorito Gañador
2021 Critics' Choice Super Awards Mellor Actor de Voz nunha Película Animada Onward Pendente

Referencias

Tags:

Actor Tom Holland BiografíaActor Tom Holland Vida privadaActor Tom Holland FilmografíaActor Tom Holland Premios e nomeamentosActor Tom Holland ReferenciasActor Tom Holland1 de xuño1996ActorActor de vozLondresPobo británicoPremios da Crítica CinematográficaThe Impossible

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

National Portrait GalleryCuruxa comúnXosé Luís BernalDonicelaConsellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesLondresCinema pornográficoCaraveleiraMártires de CarralAmancio OrtegaJuan Jacobo Durán LorigaAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoBortziriakLesakaCamiño de SantiagoLista de estacións de tren de GaliciaXosé Ramón GayosoAmy WinehouseMecanismo de AnticiteraBala (grupo musical)José Luis Rodríguez ZapateroAWStatsDomingo García-SabellXunta Suprema do Reino de GaliciaRocco SiffrediProvincia da CoruñaEnsaio (literatura)Ramón Otero PedrayoAsalto do bou EvaCarlos NegroXiros idiomáticos galegosManuel Otero MartínezMarta Fernández-TapiasGuerra civil españolaA gaita gallega (libro)Xabier DeiveCamilo Díaz BaliñoBeraRoko (actriz)Lingua casteláTeresa García-SabellSusana FortesPablo Iglesias TurriónNova YorkConvento do Carme de PadrónIrene JunqueraXabier DíazMaría Jesús MonteroLista de nomes masculinos en galegoContactAsunta Basterra PortoVento feridoAlexandre BóvedaGalipediaTelexornalFermin MuguruzaTonhito de PoiClara CampoamorCristiano RonaldoTeresa González CostaPatricia VázquezHindemburg Melão Jr.OurioloGabriel García MárquezMar MediterráneoTransformador 2003Emilio Aragón ÁlvarezMiro CasabellaNeptunoVicepresidencia do Goberno de EspañaBojan KrkićCuarzoJéssica BouzasLingua inglesaIker Muniain🡆 More