National Portrait Gallery: Museo de Londres

0°07′41″O / 51.5094, -0.1281

A National Portrait Gallery (en galego: Galería Nacional de Retratos) é un dos museos máis famosos de Londres. Non debe confundirse coa National Portrait Gallery de Washington, Estados Unidos.

National Portrait Gallery
National Portrait Gallery: A colección, Directores, Galería de obras
National Portrait Gallery: A colección, Directores, Galería de obras
Fachada do museo
PaísReino Unido Reino Unido
CidadeLondres
TipoPúblico
DirectorSandy Nairne
Inauguración1856
1896 novo edificio
Visitantes2 096 858 (2013)
(22.º máis visitado do mundo e 11.º do Reino Unido)
Na rede
http://www.npg.org.uk/
Facebook: nationalportraitgallery Twitter: NPGLondon Instagram: nationalportraitgallery Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A súa colección está formada por retratos de personaxes destacados da historia; o edificio está construído xusto detrás da National Gallery.

A colección

Foi fundada en 1856 co espírito vitoriano do idealismo e a educación a través do exemplo; o obxectivo da colección era reunir retratos dos grandes e poderosos de Gran Bretaña para que inspirasen a outros. A colección inclúe fotografías e pinturas, ademais de caricaturas, debuxos e esculturas. A National Portrait Gallery alberga, entre outros retratos famosos, o Retrato Chandos, posiblemente a imaxe máis coñecida de William Shakespeare.

Non todos os retratos son excepcionais artisticamente, como si o son os de Anton van Dyck ou os autorretratos de William Hogarth, Sir Joshua Reynolds e outros artistas británicos importantes. Outros, como un retrato de grupo dos participantes na conferencia de Somerset House de 1604, son importantes ao ser un documento histórico. Así, a miúdo, o valor dun traballo como curiosidade ou documento é maior que o seu valor artístico, como no caso do retrato anafórmico de Eduardo VI de William Scrots, ou unha escultura da Raíña Vitoria e o Príncipe Alberte con roupa medieval.

Nun principio, para que o retrato se incluíse na colección, o personaxe debía morrer. Na actualidade esta norma non se cumpre, e pódense ver retratos do xogador de fútbol Bobby Charlton, do príncipe Carlos de Inglaterra ou a súa nai a raíña Isabel II.

A Galería mudouse ao seu edificio actual, ao norte de Trafalgar Square, en 1896. O edificio foi deseñado por Ewan Christian nun estilo neo-renacentista, e construído por Shilliote & Son; foi ampliado en dúas ocasións. A primeira ampliación foi inaugurada por Lord Duveen en 1933, e trátase dunha á que percorre Orange Street; a segunda ampliación abriu en 2000 e foi realizada por Christopher Ondaatje. A á Ondaatje ocupa un espazo situado entre os edificios do século XIX da National Gallery e o edificio da National Portrait Gallery, e é notable pola súa escaleira mecánica de dous pisos que leva aos visitantes á parte máis antiga da colección, os retratos dos Tudor.

En xaneiro de 2008, a Galería recibiu a maior doazón da súa historia, 5 000 000 de libras, feita polo millonario estadounidense Randy Lerner.

Actualmente a colección da National Portrait Gallery está composta por uns 10 000 obxectos, entre cadros, esculturas, caricaturas e debuxos.

Directores

  • George Scharf - 1857-1894/5
  • Lionel Cust - 1895-1909
  • Charles John Holmes - 1909-1916
  • James Milner - 1917-1927
  • Sir Henry Hake - 1927-1951
  • Charles Kingsley Adams - 1951-1964
  • David Piper - 1964-1967
  • Roy Strong - 1967-73
  • John Hayes - 1974-94
  • Charles Saumarez Smith - 1994-2002
  • Sandy Nairne - 2002-presente

Galería de obras

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

National Portrait Gallery A colecciónNational Portrait Gallery DirectoresNational Portrait Gallery Galería de obrasNational Portrait Gallery NotasNational Portrait Gallery Véxase taménNational Portrait GalleryCoordenadas xeográficas

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

PontevedraAbraham MateoXosé FortesPardo de CelaAlberto Núñez FeijóoNormativa oficial do galegoVilasantarBuxoNCIS (serie de televisión)Monte de VenusEscolas de Ensino Galego SementeLingua galegaRonaldinhoCanle (enxeñaría)Santiago de CompostelaO divino saineteCarballo comúnBragaAlfonso RuedaManuel TurizoXosé Luís BernalOliveiraEuropaEslovaquiaInternet007 Casino RoyalePrimeira República GalegaMarta DarribaZorzaO comparativo galegoCorfúToquesAsalto do bou EvaRocco SiffrediIteEleccións municipais de 2019 en GaliciaLista de siglas e acrónimosGabriel AlénHindemburg Melão Jr.Ramón Otero PedrayoAs Carballas, Tabeirós, A EstradaAguaneiroCarlos CasaresAvesXXX edición dos Premios GoyaGuepardoRoberto Vidal BolañoMártires de CarralMallorcaLa Puebla de ArganzónMaría Teresa PérezJosep CarrerasFernando AramburuFederico García LorcaOs vellos non deben de namorarseAbeleiraTereixa NavazaConíferasGame BoyBeatriz MatoHipérbatoBarcelonaGrupo EroskiCantiga de amigoNoiaGame Boy LightHentaiAliança Catalana🡆 More