Dicotiledóneas

Magnoliopsida é un taxón de plantas que foi empregado en sistemas de clasificación moi populares como o de Cronquist (Cronquist 1981, 1988), os subtaxóns que o conforman coinciden coas dicotiledóneas (chamadas deste xeito por teren durante as primeiras etapas do desenvolvemento dous cotiledóns), que polo tanto é un sinónimo deste taxón.

Polo tanto chámaselles dicotiledóneas ás plantas que teñen un embrión con dous cotiledóns que ó desenvolvérense darán lugar a dúas folliñas. As dicotiledóneas forman unha das grandes clases nas que se dividen as anxiospermas, a outra é monocotiledóneas.

As dicotiledóneas están formadas por 5 grupos monofiléticos, o maior deles foi chamado Eudicotyledoneae (eu- quere dicir "verdadeiro"). As eudicotiledóneas comprenden o 75% das especies de anxiospermas[Cómpre referencia], e posúen moitos dos caracteres que antes se atribuíran ás dicotiledóneas, como o pole tricolpado (e os derivados deste).

Caracteres

Existen máis de cento setenta e cinco mil especies de plantas pertencentes a esta clase. Exemplos de dicotiledóneas son o nabo, a verza, e o feixón.

Ademais de ter dous cotiledóns, as dicotiledóneas caracterízanse por presentar nerviación foliar reticular e partes florais normalmente en múltiplos de catro ou de cinco. Os caracteres pertencentes á anxiospermas ancestral e perdidos na póla da que se orixinaron as monocotiledóneas son:

  • a radícula do embrión non aborta como nas monocotiledóneas senón que dá orixe a unha raíz primaria persistente (nas monocotiledóneas a función de absorción é levada a cabo polas raíces adventicias).
  • no corte transversal do tallo obsérvase que o xilema e o floema se dispoñen formando un anel, segundo un patrón chamado eustela (a diferenza da atactostela das monocotiledóneas).
  • os nervios das follas forman patróns pinados ou palmados ("venación reticulada") a diferenza das monocotiledóneas que adquiriron unha venación paralela.
  • os verticilos das flores fican formados por 4 o 5 pezas xeralmente (en troques de 3 das monocotiledóneas).

Un carácter que tradicionalmente foi atribuído ás dicotiledóneas é o pole tricolpado e os derivados deste (nas monocotiledóneas o pole é monosulcado). En realidade é un carácter orixinado nun subgrupo das dicotiledóneas chamado Eudicotyledoneae, sendo o pole do resto das dicotiledóneas monosulcado, como tamén na anxiospermas ancestral.

A presenza dalgúns caracteres considerados tradicionalmente característicos das dicotiledóneas, atópanse tanto nas dicotiledóneas como nas ximnospermas, polo tanto son plesiomorfías de todas as plantas con semente que foron perdidas nas monocotiledóneas, a saber:

  • a presenza de dous ou máis cotiledóns nos embrións, a diferenza das monocotiledóneas que posúen só un.
  • o tallo medra en grosor con formación de leña ou madeira ("crecemento secundario"), a diferenza das monocotiledóneas que perderon a capacidade de medrar en grosor deste xeito (algunhas monocotiledóneas, como as palmeras, medran en grosor por aumento do tecido parenquimático, sen formación de leña).

Anatomía

Dicotiledóneas 
Dicotiledóneas e monocotiledóneas.

Follas

As follas das dicotiledóneas presentan un limbo e un pecíolo, e a miúdo son compostas. Unha das características que as distinguen das monocotiledóneas é a disposición dos nervios, xeralmente reticulada, cun nervio central groso do que parten outros máis finos (existen excepcións a esta norma).

Talos

Na sección transversal dos talos poden verse os feixes de vasos condutores, que se encargan de transportar a auga e os sales minerais, dispostos en círculo. As dicotiledóneas comprenden vexetais leñosos e herbáceos. Os talos dos primeiros teñen porte arbustivo, se se ramifican dende a base; ou arbóreo, se as pólas aparecen a certa distancia do chan.

Flores

Nesta clase están representados case todos os tipos de flores.

Filoxenia

As análises cladísticas feitas sobre a morfoloxía e as secuencias de ADN cloroplastídico, mitocondrial e nuclear, non sosteñen a división das anxiospermas en monocotiledóneas e dicotiledóneas (Olmstead et al. 1992a, Chase et al. 1993, Doyle 1996, 1998, Doyle et al. 1994, Donoghue e Doyle 1989, Graham e Olmstead 2000, Mathews e Donoghue 1999, Savolainen et al. 2000, Soltis et al. 2000, Zimmer et al. 2000, Hilu et al. 2003, Zanis et al. 2003). En todas as análises as dicotiledóneas forman un grupo parafilético, e os caracteres morfolóxicos xa mencionados son plesiomórficos dentro das anxiospermas (salvo o pole tricolpado e os seus derivados).

As dicotiledóneas están compostas polos seguintes grupos monofiléticos:

Pódese atopar unha discusión sobre a filoxenia do grupo en Sistemática de anxiospermas.

A maioría das dicotiledóneas pertencen ó clado Eudicotyledoneae (tamén chamadas "dicotiledóneas tricolpadas"), que teñen como sinapomorfías ó polen tricolpado (e as modificacións que teña sufrido posteriormente), e as secuencias de ADN rbcL, atpB, matK, e ADNr 18S.

Taxonomía

Unha clasificación actualizada ó ano 2003 pódese atopar no sistema de clasificación APG II, onde se abandona o taxón dicotiledóneas e empréganse en troques os grupos monofiléticos arriba mencionados.

A clasificación das dicotiledóneas segundo Cronquist en subclases, ordes e familias pódese ver ó despregar a caixa seguinte.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Judd, W. S. Campbell, C. S. Kellogg, E. A. Stevens, P.F. Donoghue, M. J. 2002. Plant systematics: a phylogenetic approach, Second Edition. Sinauer Axxoc, Estados Unidos.

Leturas recomendadas

  • Pamela S. Soltis, Peter K. Endress, Mark W. Chase, Douglas E. Soltis. 2005. Phylogeny & Evolution of Angiosperms. Sinauer Associates, Estados Unidos. 370 pp.

Tags:

Dicotiledóneas CaracteresDicotiledóneas AnatomíaDicotiledóneas FiloxeniaDicotiledóneas TaxonomíaDicotiledóneas NotasDicotiledóneas Véxase taménDicotiledóneas19811988AnxiospermasCotiledónEmbriónMonocotiledóneasTaxón

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Pablo EcheniqueChorimaArroazFesta da Palabra SilenciadaReino de GaliciaConcellos de GaliciaLista de siglas e acrónimosRamiro CarregalVento feridoXabier FortesPedro SánchezBolboretaRoberto VerinoVáknerCataluñaCLugoÁreas lingüísticas do galegoNormativa oficial do galegoMariano RajoyLista de castelos de PortugalCabo Norte, NoruegaIrene FerrerasRefraneiro galego sobre o mes de maioComarca de SarriaUniversidade de ManchesterEstadio de TammelaFrancisco AsoreyOurioloAguia imperial ibéricaPortadaFala de EstremaduraPFigueresFrancisco Varela OuroRoberto Vidal BolañoReal Academia GalegaOman AirMáquina comecartosBeteluGame Boy Advance SPEnsaio (literatura)Míster EspañaOurenseSonia MéndezGolpe de estado do 23 de febreiro de 1981Roko (actriz)Gonzalo MellaZeca AfonsoCarmen LovelleRibadeoContactBojan KrkićDigital object identifierVerbos galegos ser, estar e irLista de ósos do esqueleto humanoAires da miña terraTeresa González CostaAs aves na cultura popular galegaLipoproteína de BraunWikipediaFrancisco Porto MellaSistema operativoYolanda DíazO GroveTeixugoAlexander VórticeLavandaManuel MaríaFC Ilves (feminino)Fernando Salgado VarelaBeraLiteratura infantilJosé Luís Valladares FernándezOTANManuel Curros EnríquezShōgun🡆 More