Asteridae

As astéridas (Asteridae) constitúen unha subclase dentro da clase Magnoliopsida (as dicotiledóneas), e son parte por tanto da división ou fío Magnoliophyta (as anxiospermas).

Asteridae
Asteridae
Campanula portenschlagiana (Campanulaceae)
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Asteridae
Ordes

Representan o clado máis apotípico (máis apartado do tipo orixinal, ou como se di indebidamente, 'máis evolucionado') das anxiospermas. O grupo orixinouse con toda probabilidade iniciado o Cenozoico, fará talvez uns 50 millóns de anos, e o seu éxito relaciónase coa coadaptación a insectos polinizadores. Presentan en xeral flores cigomorfas (de simetría bilateral), de corola soldada con lóbulos desiguais, estames epipétalos, e xineceo formado por dous carpelos soldados. As flores organízanse a miúdo en inflorescencias apertadas, como as espigas das Lamiaceae e as Plantaginaceae ou os capítulos das Compostas.

A composición das anxiospermas está sometida a vaivéns, polos rápidos avances actuais na investigación das relacións evolutivas. A comparación de certos xenes levou a incluír no grupo algunhas ordes morfoloxicamente menos avanzados, que se clasificaban antes na subclase Rosidae. Xeralmente acéptase que a subclase está formada por 11 ordes que inclúen unhas 60.000 especies, das cales 20.000 son membros da familia compostas.

Asteridae
Inflorescencia de escabiosa (Knautia arvensis, unha dipsacácea), visitada polo escaravello Anastrangalia sequensi (Coleoptera, Cerambycidae) e unha femia de Nemophora metallica (Lepidoptera, Incurvariidae) de cuxos ovos sairán larvas que se comerán as sementes

Tags:

AnxiospermasAsteraceaeCenozoicoClase (bioloxía)DicotiledóneaLamiaceaeMagnoliophytaMagnoliopsidaPlantaginaceaePolinización

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Refraneiro galego sobre o viñoOs pronomes persoais galegosMesopotamiaFernando Álvarez LamelasTailandiaAdriana LastraInés HernandManuel Vázquez OuteiriñoMasturbación coas mamasLiigaÁreas lingüísticas do galegoParadigmas dos verbos irregulares galegosArroazO Pedrouzo, Arca, O PinoPampallínA memoria da choivaMateo de PradoMona LisaJosé Casal RodríguezXogos Olímpicos de Inverno de 1988Xabier DíazNeptunoRaquel AtanesSabela López PatoRamenAs aves na cultura popular galegaSandra Vázquez DomínguezJosé Pablo del Bado RivasDiego Rivas RegoOza Juvenil Sociedad DeportivaSabugueiroVento feridoManuel RivasListenbourgPascual VeigaArteixoAl-KhwarizmiPanteón de Galegos IlustresBreogánPablo Iglesias TurriónSeixoXunta de GaliciaAustraliaOurenseNacho CastañoMasturbaciónJosé MujicaCristina PichelDavid HilbertBurgosMadridAsunta Basterra PortoJunts per Catalunya (partido político)Xoán MontesPortugalRío MiñoRuxe RuxeFelipe GonzálezBrieva, ÁvilaArco da vellaOuka LeeleRoko (actriz)RastroLapa (molusco)Provincia de PontevedraCristina MaróFútbolLuis Ángel Lago LageMiranda de EbroColocación do pronome átono en galegoSegunda guerra mundialPaula CarballeiraLista de ríos de GaliciaCrime de honraXabier Fortes🡆 More