Estatua do deus Baco en Cambados feita por Francisco Leiro A adega cheira ó viño que ten . A auga de febreiro derrama o viño . A auga de San Xoán leva o viño e tolle o pan . A auga de San Xoán quita o viño e tolle o pan . A auga de San Xoán tolle o viño e non dá pan . A auga en San Xuán tolle o viño e non dá pan . A auga fai mal i o viño fai cantar . A auga non emborracha, nin enferma, nin entrampa . A auga non enferma nin embebeda . A auga para os peixes; para os homes, viño a feixes . A auga polo san Xoán tolle o viño e non dá pan . A augardente, na tenda; o viño, na taberna . A beber viño nunca me ganou veciño . A bo viño non hai mal bebedor . A cepa, tarde ou cedo, sempre dá uvas polo setembro . A chuvia no mes de agosto, non é chuvia que é mel e mosto . A chuvia no mes de agosto, non é chuvia que é mosto . A chuvia por san Xoán, tolle o viño e non dá pan . A cuba do bo viño non necesita bandeira . A home bo, picheles cheos . A home vello, picheles novos . A mera no San Xoán leva o viño e mais o pan . A millor siñal de auga é non haber pra viño . A moza i a parra, non se ven ben se non lle erguen a faldra . A muller e a viña dan ó home alegría . A muller e a viña faina o home garrida . A muller e o viño sacan o home de tino . A muller que ó seu home queira ter gordiño dispois que coma o caldo déalle un gotiño . A pouco viño, coidadiño . A reixa de san Xuan, moitos o saben e poucos o dan . A vide e a xesta co demo en testa . A vindima, enxoita e fría . A vindima non é cada día . A viña de bo amo, pódase en marzo. A viña do ruín, pódase en abril . A viña i o poldro que os críen outros . A viña non quere máis sombra que a do amo . A viña o dá e a viña o come . A viña vella quer amo novo . A viño de mal parecer, pechar os ollos e beber . A xente ve o que bebo, mais non ve a sede que teño . A xogueta e a bebedela botan as casas por terra . Abril frío, moito pan e pouco viño . Abril frío, pan e viño . Abril frío quer compango, viño e pantrigo . Aceite, no alto; viño, no medio; mel, no baixo . Aceite, o de enriba; viño, o do medio; mel, o do fondo . Aceite, viño e amigo, millor canto máis antigo . Adega fría quentarse espera . Adega fría quentarse espera ó chegala colleita . Agosto a madura e setembro vendima a uva . Agosto e vendimia non son cada día . Agosto e vendima non son cada día e si cada ano, uns con ganancia e outros con dano . Agosto e vendima non son cada día e sí cada ano, us con proveito e outros con dano . Agosto, madura, e setembre vindima as uvas . Aí vén San Miguel, co seu tonel . Alegre, alegrete, arranca-carrascos e tente-bonete Amigo por amigo, o bo pan e o bo viño . Anaco de touciño pide trago de viño . Ano de viño, garda viño . Ano de viño, merca e garda viño . Ano de viño, vende viño e garda viño . Ano novo e viño novo non manteñen . Anque estou malo das pernas, inda podo ir á taberna . Anque teño mala a perna, ben sei onde está a taberna . Antes da vindima, compón as cubas axiña . Antes de pan, viño; antes de viño, touciño; e antes touciño que liño . Antes de San Martiño, pan e viño; dispois de San Martiño, fame e frío . Antes o pan que o viño e antes o touciño que o viño . Antes pan que viño, antes viño que touciño, e antes touciño que liño . Ao lacón e ao touciño, grolos de viño . Apregoar viño, e vender vinagre . As tormentas por san Xoán tollen o viño e levan o pan . Ás veces val máis o viño que as borras; e de contino, val máis o viño . Ata despois da vendimia non cáte-la entena . Ata o san Pedro, o viño ten medo . Ata pasada a vendimia non digas: “¡Eite a mel miña!” . Ata san Martiño, pan e viño. De san Martiño adiante, fame e frío . Ata San Martiño, pan e viño; de San Martiño pra diante, fame e frío bastante . Ata San Martiño, pan e viño; de San Martiño pra diante, pan e frío bastante . Auga de agosto, azafrán, mel e mosto . Auga de agosto dá mel e mosto . Auga de agosto, mel e mosto . Auga de san Xoán, tolle viño e non dá pan . Auga e sol, pras froitas, lagarto; pras viñas, pulgón . Auga en agosto, azafrán, mel e mosto . Auga no San Xoán tolle o viño e non dá pan . Auga ó figo; e á pera viño . Auga por agosto, nin pan nin mosto . Auga, de cepas; arruído, de tellas . Auga, pros peixes; pros homes, viño a feixes . Bebamos hastra que máis non poidamos . Bebamos hastra que non nos vexamos . Bebe dispois do caldo, e manda o médico ó diaño . Bebe dispois do caldo, e rite do ciruxano . Bebe pouquiño, come a fartar, durme no alto, e así vivirás . Beber, beber, hastra máis non poder . Beber bo viño faino todo veciño: o que é malo, é beber viño malo . Beber e comer bo pasatempo é . Beber frío; e xantar, quente . Beber astra non ver . Beber polo ancho, e dar de beber polo estreito . Beber sin comer, é cegar e non ver . Bebín auga porque non houbo auga; que se auga houbera, viño bebera, se a tempo chovera . Borracheira de auga non emborracha . Bótamo todo en viño e non en liño . Cabalo corredor, home rifador, vaso de vidro e tinalla de viño, sempre están en perigo . Cada cuba cheira ó viño que lle botan . Cada cuba cheira ó viño que ten . Cal o ano, tal o xerro . Cando chove en agosto, chove mel e mosto . Cando chove por agosto, chove mel e mosto . Cando deas viño ó teu señor, non o mires ó sol . Cando hai auga e sol en marzo, aparella as cubas e o mazo . Cando o borracho ronca, o viño no barril apousa . Cando ó mariñeiro lle dan de beber, ou está fodido ou vanno foder . Cando o vello non pode beber, pódenlle a cova facer . Cando san Xoán bebe viño, ponse moito vermelliño . Cando se remata o viño, a bota xa non fai falta . Canto máis bebo, máis sede teño . Casa, viño e poldro, fáganos outro . Castañas, noces e viño fan a ledicia de san Martiño . Cava fondo e terás anada de abondo . Cávame tarde, bímame cedo, e pagareiche o que che debo, díxolle a viña ó labrego . Cáveme quen queira, pódeme quen seipa; bímeme calquera; cóideme o meu amo . Cáveme quen queira, pódeme quen seipa, díxolle a cepa á terra . Chafar, chafoume, mais como pagar, o viño pagoume . Chuvia en san Xoán, tolle o viño e non dá pan . Chuvia polo agosto é mel e mosto . Chuvia por San Xoán, tolle o viño e leva o pan . Coida ben a viña e terás vindima . Coida de podar en marzo, que o que poda en abril é ruín . Collerás viño mosto se vendimas enxoito . Come pan, bebe viño e tira pra diante polo camiño . Con castañas asadas e sardiñas salgadas, non hai ruín viño . Con castañas asadas e sardiñas salgadas non hai viño ruín . Con pan e viño anda calquera o camiño . Con pan e viño ándase o camiño . Con pan e viño ben se pasa o camiño . Con pan e viño faise o camiño . Con pan e viño lévase o camiño . Con pan e viño pásase o camiño . Con pan e viño xa se anda o camiño . Da boa nai busca a filla, e da boa cepa pranta a viña . Dádeme unha, dádeme tres, mais sen a de maio non me deixés . Dálle ó porco do caldeiro, e non do Ribeiro . Dáme o viño cando quixeres; máis dispois do caldo non mo negues . Das aves que erguen o rabo, a pior é o xarro . De pai bodegeiro, fillo cabaleiro e neto limosneiro . Debaixo dunha mala capa, hai ás veces un bo bebedor . Debaixo dunha mala capa hai un gran bebedor . Deben nadar en viño os caracoles, as brevas e os figos . Deica San Pedro o viño ten medo . Deixa a auga e bebe viño, dispois do San Martiño . Derramarse o viño é boa siñal, pero non o sal . Despois das uvas e mel sabe mal o viño, pero fai ben . Despois de San Martiño, deixa a auga e bebe o viño . Despois de San Martiño, deixa a agua e bebe viño . Deus te garde de amigo reconciliado, de can atado, de borracho irado e de home arroutado . Día de San Martiño, proba o teu viño . Día de San Martiño, todo o viño é bo viño . Día de Santa Cruz vai ver a túa viña, se reluz . Día de santa Mariña, vai á viña, que como a toparás, vindimarás Día de santa Mariña, vai ve-la túa viña, e como a encontrarás, así a vindimarás . Din que o viño que nace no maio que o bebe o gaio . Dispois de comer e beber, cada un da o seu parecer . Dispois de San Martiño, deixa a iauga e bebe o viño . Dispois de vindimas, corvos . Dixo o viño, moi campante: "No corpo do home son valente e voante". E dixo o pan: "Se eu vou diante" . Dixo o viño: "No corpo do home sou valente e boiante". E dixo o pan: "Se eu vou diante" . Díxolle o touciño ó viño: ben veñas, amigo . Do bo viño, bo vinagre . Do novo viño bota un traguiño polo San Martiño . En abril xa soio poda o labrego ruín . En abril, augas mil, cargan o carro e mailo barril . En agosto, as castañas arder, e en setembro, beber . En agosto chove mel e mosto . En agosto máis vale que sobre pan que non que falte viño . En agosto, nin muller nin mosto . En agosto, nin viño nin mosto . En agosto, nin viño, nin muller, nin mosto . En agosto, viño mosto . En chegando san Brais pon pan e viño na alforxa que día non faltará . En maio, nin xantar á mesa sin viño nin pote ó lume sin touciño . En maio, sulfato . En marzo, podar e cavar, se queres colleitar . En san Martiño, pan e viño . En san Xoán, tanto viño coma pan . En setembre e outono, bebe o viño vello e deixa estar o novo . En setembro colle o viño e non durmas no camiño . En setembro vendima correndo . Ende chegando o San Bras pon pan e viño na alforxa, que día non faltará . Ende vindo Todos Santos e pasando San Andrés, viño novo, vello é . Esta nosa filla non dá tino a naide; nin é mel, nin fel, nin vinagre . Eu non bebo o viño, que o como en cuncas, gotiño a gotiño . Eu non son dino de bebe-la auga sin viño . Folgade, galiñas, que o galo está nas vindimas Grolo a grolo valéirase o xerro . Hastra o San Pedro, o viño ten medo . Hastra san Martiño, pan e viño; de san Martiño adiante, frío e fame . Home estrevido, pelexo de bo viño, e vaso de bo vidro, duran pouquiño . Home que non troula, nin fuma, nin xoga, nin bebe, nin bica, nin cuspe no curro, máis ca home é burro . Home reñedor, cabalo corredor e pelexo de bon viño nunca fan moito camiño . Home rifador, cabalo corredor, xerro de bo viño e besta de andadura, nunca moito duran . Home valente e bota de viño, pouco duran . Homes bos e picheles de viño, amainan o ruído . Hoxe viño e pan, o resto mañán . Inda non é viño e xa quer ser vinagre . Invernía de San Xoán, tolle o viño e non dá pan . Ir e vir, como o xerro vai á boca . Labrador chalán, non colle viño nin pan . Maio come o trigo, e agosto bebe o viño . Maio fai o trigo, e agosto o viño . Máis garda a viña o medo que o viñadeiro . Máis val viño frío que auga quente . Máis val viño quente que auga fría . Máis vale beber que cuspir . Máis vale que sobre pan que non que falte viño . Máis vale quedar para vestir santos ca para espir borrachos . Mandar rapaces á vindima, é cousa perdida . Maruxiña ten bo viño; se o ten, el o dirá, i o que fore sonará .. Marzo, marzal, déixame o viño trasegar . Marzo, o viño polo vaso . Menos valen ás veces as borras que o viño . Mentras auga teña o Miño, no Ribeiro non falta viño . Mentres auga leve o Miño non faltará viño . Mordedura de alacrán, busca viño e busca pan, que mañá te enterrarán . Muller que moito bebe, tarde paga o que debe . Mulleres á eira e viño en coeira . Mulleres e viño sacan ó home do bo camiño . Na noite de san Xoán andan os probes pedi-lo pan, e na noite do ceboliño andan os vellos a pedi-lo viño . Na noite de San Xoán andan os tolos pedi-lo pan, e na noite do ceboliño andan os vellos a pedi-lo viño . Na viña de outro ninguién pode ir escoller . Na viña vindimada, calquera pode vindimar . Nena, viña, pereira e fabal son malos de gardar Nin o teu pan en bolas, nin o teu viño en sopas . Nin o teu pan en roscas nin o teu viño en botas . Nin o teu pan en sopas, nin o teu viño en probas . Nin viña no baixo, nin trigo no cascallo . Nin viña ó pé do camiño, nin casa á beira do rio . Ninguién que beba viño chame borracho ó seu veciño . Ninguién se emborracha co viño da súa casa . No inverno, forneira; no vran, taberneira No millor viño hai borras . No Nadal, alegrote, alegrote, que hai viño na cuba e chourizos no pote . No san Martiño, porco e viño . No san Martiño xa se coñece o bo viño . Non é bo mosto o que se colle en agosto . Non é bo mosto o que se molla en agosto . Non hai mellor ciruxán que a boa carne, o bo viño e o bo pan . Non hai millor viño que o da viña . Non hai neto de viño que grande sea . Non hai ruín viño con castañas asadas e sardiñas salgadas . Non hai tal viño como o pantrigo e o leite macizo . Non teñas viña nun rincón nin casa nun cantón . Nosa Señora dos Arcos, avogada dos borrachos Nunca lle falta achaque ó viño: no vran polo calor, e no inverno polo frío . O amor e o viño sacan ao home de tino . O beber, mata axiña a sede . O beber quer comer . O bebido é o seguro, que o que no xerro está quizáis non se beberá . O bebido é o seguro, que o que no xerro está quizáis se derramará . O bo viño cría bo sangue . O bo viño trai a venda consigo . O borracho logo solta o que ten no papo . Ó chegar o San Martiño, mátase o porco e próbase o viño . Ó comer percebes, mira o que bebes . O día de San Lucas mata o teu porco e barra as túas cubas .. O día de san Xoán molla o viño no pan . O día de Santa Cruz vai ver se a túa viña reluz . O home mesquiño non colle forzas nin co pan nin co viño . Ó lacón e ó touciño, tragos de viño . O mes de agostiño fai bo viño . O mes de agostiño fai o bo viño . O meu veciño ten unha viña: el a cava, el a bima; el a vindima . O millor viño fai borra . O millor viño vólvese vinagre . O mosto que se colle en agosto, non é mosto . O pan, con ollos; o queixo, cego, e o viño, anexo . O pan con ollos, o queixo sin ollos, e o viño que salte ós ollos . O pan, pan, e o viño, viño . O pan polo coor, e o viño polo sabor . O peixe debe nadar tres veces: en auga, en mollo e en viño . O que bebe pola cabeza non se lle saben os tragos que pasa . O que cava e bima fará boa vendima . O que dispois do caldo non bebe, non sabe o que perde . O que en marzo non poda a súa viña, perde a vendima . O que en marzo non poda a viña perde a vendima . O que en marzo non poda perde a vendima toda . O que en ruín lugar fai a viña, ó lombo saca a vindima . O que no caldo bota viño, de vello faise mociño . O que non bima, non vindima . O que non ten casa nin viña, en calquera parte se aveciña . O que non ten lagar, cada ano seu pesar . O que poda por marzo, vindima no regazo . O que se dá á bebida ben pouco estima a súa vida . Ó que ten bo viño non lle faltan amigos . O que teña bo viño, bébao, e non llo dea ó seu veciño . O que vai á adega e non bebe, eso máis perde . O que vendima en san Miguel, bebe ben . Ó touciño, mételle tragos de viño . O vello pranta a viña e o vello a vindima . O vento de abril e a lama de agosto, matan o viño anque sexa no mosto . O vinagre i o limón, medio ciruxanos son . O viño alegra o ollo e quenta o corpo . O viño anda sin calzós . O viño barato saca os cartos do farrapo . O viño, bebelo a modiño: gotiño a gotiño . O viño bo é caro, i o barato é malo . O viño branco e a muller ao primeiro mercader . O viño chispeiro non necesita pregoeiro . O viño con mel sabe mal e fai ben . O viño dá forzas, e a iauga quítaas todas . O viño da viña vella zonzonéame na orella . O viño das cepas vellas quenta as orellas . O viño das peras non o tires nin o bebas, nin ó teu amigo o deas . O viño da viña vella zonnzonéame na orella . O viño de abril, enche o carro e o carril . O viño de abril non vai ó funil . O viño de marzo, lévao a vella no regazo . O viño do Avia, ten forza, esprito e labia . O viño do Ribeiro fai andar ó mozo lixeiro . O viño do Ribeiro fai fortes ós mozos e remoza ós vellos . O viño do Ribeiro fai ó vello chuscarrandeiro . O viño do Ribeiro non ten compañeiro . O viño do Ribeiro ten sona de paroleiro . O viño é bo, pero se é viño bo . O viño é o antoxo dos vellos e o lambuxo dos nenos . O viño é o leite dos vellos . O viño e o pan sempre se dan: us anos ben; outros mal, e outros menos mal . O viño é o sangue dos vellos . O viño é pan e medio . O viño fai do vello mociño . O viño fai ó vello mociño . O viño fai rir, fai durmir e fai ás cores á cara saír . O viño ha ser comido, máis ben que bebido . O viño lava os dentes, alegra os ollos e sana o ventre . O viño polo coor, i o pan polo sabor . O viño polo xerro é como millor o quero . O viño que é chispeiro non percisa de pregoeiro . O viño ten tres propiedades: facer durmir, facer rir e ás cores saír . O viño tinto quer estar apretado i o branco folgado . Odre de bo viño, cabalo saltador e home rifador, nunca duran moito co seu señor . Onde allos ha, viño haberá . Onde entra o beber sai o saber . ¿Onde haberá millor viño que o que sai das cepas? . Ós comenzos de setembre aparella as cubas pra vindimar as uvas . Os de Palmeira beben a caña pola cuncha da vieira . Os mariscos queren viño, pois da auga xa veñen . Os recíos de agosto son mel e mosto . Pan con fartura; e viño, con mesura . Pan de hoxe, carne de onte e viño de antano, manteñen ó home sano . Pan de onte e viño de antano, salú pra todo o ano . Pan de onte, carne de hoxe, e viño de antano, manteñen ó home sano . Pan de onte, e carne de hoxe, e viño de antano, salú pra todo o ano . Pan de panadeira e viño de taberna, nin farta nin goberna . Pan e viño andan camiño . Pan e viño andan camiño, millor que mozo garrido . Pan e viño, un ano teu, e outro do teu veciño . Pan por quilo e viño por medida, o que non rouba algo non leva boa vida . Pan que sobre, carne que abonde, viño que non falte e alegría que abaste . Pan quente e uvas, ás vellas quitan engurras . Pan, viño e carne quitan a fame . Pipa de viño bo e home forte, pouco duran . Poda a viña en marzo e cávaa en maio . Poda a viña en marzo, pra cavala en maio . Poda en marzo, vendima no regazo . Poda en xaneiro, vendima no sombreiro . Poda tarde e sementa cedo, que de tres anos acertarás tres e medio . Pola Santa Mariña vai ver a tua viña, e cal a cates, tal a vindimas . Pola vindima vende as tuas galiñas; pola Navidá, vólveas mercar . Pola Virxe do Portal pon a xente a vendimar . Pola vosa santa palabra, eu non son digno de beber o viño sin auga . Polas vendimas vende as túas galiñas, pola Navidade vólveas mercar . Polo abril xa solo poda o labrego ruín . Polo agosto vale máis viña que mosto . Polo Pilar, nabos á terra e viño a envasar . Polo Pilar, os nabos na terra e o viño a envasar . Polo San Andrés, o mosto viño é . Polo San Andrés, o viño novo vello é . Polo San Lucas, mata o teu porco e barra as tuas cubas . Polo san Lucas saben ben as uvas . Polo san Lucas solta os bois, mata os porcos e tapa as cubas . Polo san Martiño, barra o teu viño . Polo san Martiño, castañas e viño . Polo san Martiño, cata o teu viño . Polo San Martiño deixa a auga e bebe o viño . Polo San Martiño mata o teu porquiño e bebe o teu viño . Polo san Martiño, proba o teu viño . Polo san Martiño, tapa o teu viño . Polo San Martiño, todo o mosto é bo viño . Polo San Martiño, todo o mosto é viño . Polo san Martiño, vende o teu viño; antes a pipeiro que a taberneiro . Polo San Martiño, zapa o teu viño . Polo San Mateo vindima a reo . Polo san Mateu cada un vendima o seu . Polo san Mateu ou vendimas tu ou vendimo eu . Polo san Mateu, vendima ti, vendimo eu . Polo san Mateu, vindima arreo . Polo San Mateu, vindima tí, vindimaréi eu . Polo San Miguel están as uvas o mesmo que mel . Polo san Miguel mete as uvas no tonel . Polo san Nicolás, as uvas vendimarás . Polo san Simón, apreta o baldón . Polo San Simón proba o viño, i o porco polo San Martiño . Polo san Xenaro, vendimas pró carro . Polo san Xoán á sardiña, e en setembro á vendima . Polo san Xoán bébese viño e cómese pan . Polo San Xoán tanto viño como pan . Polo Santiago comenza na viña a pintar o bago . Por agosto vale máis viño que mosto . Por beber medio netiño e comer media tallada, nunca se perdeu nada . Por ir á misa entrei na taberna, e quedeime nela . Por marzo, a cava; por marzo, a poda; por marzo vólvese a viña toda . Por san Luca, alza o boi da suca, mata o porco e tapa a cuba . Por san Lucas, alza o boi da suca, mata o porco e tapa a cuba . Por san Martiño, atesta o viño . Por san Martiño cae máis auga do que o borracho bebe viño . Por san Martiño cata o teu viño . Por san Martiño e san Xudas, piñeiriña das túas uvas . Por San Martiño faise o magosto con castañas asadas e mosto . Por san Martiño mata o teu porquiño e proba o teu viño . Por san Martiño, nin fabas nin viño . Por San Martiño, xa se conoce o bo viño . Por san Mateu vindima ti, vindimo eu . Por san Miguel, mete o viño no tonel . Por san Simón, aperta o baldón . Por san Simón e por san Xudas, mata ó teu porco e atesta as túas cubas . Por san Simón e san Xudas, mata o teu porco e atesta as túas cubas . Por san Simón e san Xudas, collidas as uvas . Por san Xudas e san Simón, collidas as uvas son . Por Santa Mariña mira a túa viña, así como a verás, así vendimarás . Por Santa Mariña vai ve-la túa viña, como a terás, así vendimarás . Por Santiago, xa pinta o bago . Por un amigo non é pecado que se emborrache un home honrado . Pra beber con uvas, máis val beber en aúnas . Pra bos viños, Ribadavia, e todo o Ribeiro de Avia . Pra viña vella, amo novo . Que chova, que neve, quen ten sede, bebe . Quen bebe un pouco, bebe un pouco máis . Quen cava co demo a viña, co demo a vindima . Quen cava no mes de Santos, perde o tempo i o traballo . Quen co demo cava a viña, co demo a vindima . Quen é amigo do viño, de sí mismo é enemigo . Quen en marzo non poda a súa viña, perde a vindima . Quen non dá do seu viño, non queira catar o do veciño . Quen teña forza no brazo, cave e pode en marzo . Quen vai á adega e non bebe, boa vez de beber perde . San Antonio de xaneiro, se fai sol, bota as pipas ó canteiro, e se chove, bótaas ó fumeiro . San Bieito rega a eito. Santiago trae o seu canado, santa Mariña a súa cabaciña, e san Roque o seu pipote San Mateu, vindima ti, vindimarei eu . San Miguel das uvas maduras, que tarde vés e que pouco duras . San Miguel das uvas, tarde nos vés e pouco nos duras . San Miguel das uvas, tarde vés e pouco duras . San Migueliño das uvas maduras, que tarde nos vés e que pouco nos duras. Se dúas veces ó año viñeras, moito ben nos deras . San Migueliño das uvas maduras, tarde me vés e pouco me duras . San Migueliño das uvas maduras, tarde vés e pouco duras . San Simón proba o viño e o porco san Martiño . San Simón, apreta o baldón . San Técola que vindima as uvas e os figos leva . San Xoán daime o pan e san Martiño o viño . San Xoán e san Martiño foron merendar ó camiño. San Xoán levara o pan e san Martiño o viño . San Xoán garda a chave do pan, san Martiño a do viño e san Andrés a do porquiño . San Xoán trae o fol cheo de pan e san Martiño bota de viño . San Xulián garda o viño e garda o pan . San Xullán, garda viño e pan . San Xurxo o larpeiro leva as uvas no pandeiro . Santiago manda o pan, san Migueliño manda o viño, san Francisco manda a landre e san Andrés o touciño . Se bebes co caldo, non darás moita avinza ó ciruxano . Se bebes despois do caldo, podes facerlle a figa ó ciruxano . Se che pica un alacrán busca viño, busca pan, e mais crego e sancristán, antes hoxe que mañán, pois logo te enterrarán . Se chove día de Santo Antón de xaneiro, pipas ó fumeiro, i si está claro, pipas ó canteiro . Se chove en agosto, non gastes diñeiro en mosto . Se chove en febreiro, bota as pipas ó quinteiro . Se chove en Santo Antón de xaneiro, pipas ó fumeiro, se non, pipas ó canteiro . Se chove moito en agosto, non gastes diñeiro en mosto . Se chove no día de santo Antón de xaneiro, pipas ó fumeiro; e se está claro, pipas ó canteiro . Se con uvas bebedes, dúas veces beberedes . Se corres como bebes, imos ás lebres . Se no marzo ves tronar, arromba cubas e lagar . Se no marzo ves tronar, prepara cubas e lagar . Se non bebo na taberna, fólgome nela . Se non chove en febreiro van as pipas ó canteiro . Se queres ter bo viño, enxerta de boa cepa . Se queres ter ó teu home gordiño dispois do caldo dalle un gotiño sempre que sea de viño . Se te morde a donicela, busca viño e busca vela, que mañán che darán terra Se te morde un alacrán, busca viño e busca pan, sacerdote e sancristán, quen mañán te enterrarán . Se te morde un alacrán, garda viño e garda pan, que mañá te enterrarán . Se te roi un alacrán, busca viño e busca pan, e mais crego e sancristán, antes hoxe que mañán, pois logo te enterrarán . Se trona en xaneiro, sobe as cubas ó fumeiro . Se Xaniño ten bo viño, xa virá quen o dirá . Sen beber non se debe comer . Sin pan nin viño non se anda ben o camiño . Taberna sin xente, ben pouco vende . Taberna vella non precisa na porta ramalleira . Tallada de touciño quer gulapo de viño . Todos me saben o viño que bebo, e non me saben a sede que teño . Un gotiño de augardente deixa o estómago quente e fai o home forte e valente . Unto de porco e mel das abellas fervidos en viño e ... ¡fóra catarreira! Vai a cabra pola viña, tal é a mai como a filla . Vai a chiva pola viña, tal é a mai como a filla . Vai ver se a túa viña reluz o día da Santa Cruz . Val máis que sobre pan, que non que falte viño . Vinagre e mel, saben mal e fan ben . Vindima enxoito, se queres coller viño mosto . Vindima no regazo aquel que poda por marzo . Viña entre viñas, e casa entre veciñas . Viña que non se poda dispacio, dará poucos e ruís acios . Viña, pereira, e fabal, malos son de gardar . Viñas, cantas bebas; terras, cantas vexas . Viño, a pasar; auga, a fartar . Viño acedo, touciño vello e pan centeo, sosteñen a casa en peso . Viño de cepa torta inda ben non te bebo non vexo a porta . Viño de ricos e pan de pobres . Viño de maio, pouco e malo . Viño de maio pouco e malo o de abril é xentil . Viño de peras nono bebas, nin o deas a quen ben queiras . Viño do Ribeiro, falangueiro e trouleiro . Viño en sopas non emborracha . Viño, que salte; queixo, que chore; pan, que cante . Viño tinto do Ribeiro, falangueiro e trouleiro . Viños e amores, os vellos son os millores . Viño e vinagre irmaus son: un vai á misa e o outro non . Viño por fóra, viño por dentro curan os males nun momento . Viño, que salte; queixo, que chore; pan, que cante . Viño quitado, bebelo ou tiralo . Viño ruín, pra quen o queira, pero non pra mín . Viño tinto do Ribeiro, falangueiro e trouleiro . Viños e amores os vellos son os millores . Zapa o viño polo San Martiño . Notas
Véxase tamén
Bibliografía ANÓNIMO: Saudade. Verba Galega nas Américas , México 1942-1953. Ed. facsímile do Centro do Ramón Piñeiro 2008. FRANCO GRANDE, Xosé Luís : Diccionario galego-castelán , 2ª ed., Galaxia, Vigo 1972. GONZÁLEZ PÉREZ, Clodio : “O refraneiro do mar”, en Coloquio de etnografía marítima , cap. 12. Museo do Pobo Galego 1988, 137-147. Gran Enciclopedia Galega , Ed. Silverio Cañada, Lugo 2003. LEIRO LOIS, Adela (dir.): Cambados: a tradición oral . Colexio Público Castrelo. Cambados 1986. LEMA BOUZAS, Lino (compilador): Ditos e cantigas mariñeiras . I Encontro de embarcacións tradicionais, Galicia 1993. Ramón Anxo Martíns Seixo: "'Perdóolle o mal que me fai polo ben que me sabe'. Unha aproximación aos campos semánticos da comida e da bebida na fraseoloxía galega", en Cadernos de Fraseoloxía Galega 15, 2013, 463-486. REAL ACADEMIA GALLEGA : Diccionario gallego-castellano , 1913-1928. RIVAS QUINTAS, Elixio : Frampas, contribución al diccionario gallego , CEME, Salamanca 1978. RIVAS QUINTAS, Elixio : Frampas II, contribución al diccionario gallego , Alvarellos, Lugo 1988. RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio : Diccionario enciclopédico gallego-castellano , Galaxia, Vigo 1958-1961. SOBREIRA, Juan : Papeletas de un diccionario gallego (1792-1797), ed. de J. L. Pensado Tomé, Instituto de Estudios Orensanos, Ourense 1979. SOTO ARIAS, Mª Rosario: "Notas para un estudo dos refráns haxiocronolóxicos", en Cadernos de Fraseoloxía Galega 15, 2013, 347-370. VALLADARES NÚÑEZ, Marcial : Diccionario gallego-castellano , Santiago, Imp. Seminario Conciliar 1884.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Refraneiro galego sobre o viño , which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0") ; additional terms may apply (view authors ). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0 , agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses. ®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.