Estoicismo

O Estoicismo é unha doutrina filosófica que foi fundada por Zenón de Citio cara a finais do século IV a.C.

Estoicismo
Filosofía grega
Presocráticos
Sofistas
Sócrates
Platón
Aristóteles
Epicureísmo
Estoicismo
Escepticismo
Cinismo

dentro do período helenístico (que seguiu á morte do rei macedonio Alexandre o Grande). O Estoicismo entrou en pugna coas escolas do Epicureísmo e o Escepticismo.

Estoicismo
Zenón de Citio. Foto Paolo Monti, 1969.

Cunha forte orientación ética, os estoicos sostiveron as virtudes do autocontrol e o desapego, levadas ao seu extremo no ideal da ataraxia, como medios para acadaren a integridade emocional e intelectual. No ideal estoico, é a liberación das paixóns a que permite ao espírito acadar a sabedoría; o logro da mesma é unha tarefa individual, e parte da tarefa do sabio é desfacerse dos conceptos e influencias que a sociedade na que vive lle inculcou. Porén, o estoico non despreza a compaña doutros homes, e a axuda aos máis necesitados é unha práctica recomendada. Os estoicos cultivaron a lóxica, a física, a política e sobre todo a ética.

Entre os estoicos máis famosos contáronse numerosos filósofos e homes de estado gregos e romanos; o desprezo polas riquezas e a gloria mundana fixo desta unha filosofía adoptada tanto por emperadores (coma Marco Aurelio) como por escravos (coma Epicteto). Cleantes de Aso, Crisipo de Soli, Séneca e Catón adscribíronse tamén á escola estoica.

Contexto histórico

Coa morte de Alexandre o Grande no ano 323 a.C., iniciouse o período helenístico da cultura grega, que se prolongou ata o século VI d.C. Este período caracterizouse porque as cidades gregas caeron baixo o dominio militar de grandes imperios coma o Persa ou o Romano.

Para o cidadán da Época Clásica, a época inmediatamente anterior á helenística, as polis proporcionaban un sinal de identidade e unha comunidade social e política capaz de dar sentido á súa vida. Mais a caída das polis gregas baixo a espada das diferentes forzas invasoras tivo como consecuencia a desconfianza, o desarraigamento e máis a inseguridade.

En resumo, a Época Helenística foi un momento de crise en que as éticas dos estoicos e os epicúreos constituíron as dúas respostas máis significativas. Ambas as dúas intentarían crear valores éticos e novas formas de convivencia. Este esforzo tería como resultado principal a aparición e extensión de que a vida feliz era aquela que lles permitía ás persoas acadaren a ataraxia, é dicir, que o obxectivo fundamental da ética era proporcionar o autocontrol e a liberdade interior que permitisen ás persoas superaren os sufrimentos propios da existencia humana.

Orixe e etapas

O Estoicismo naceu en Atenas e tomou o seu nome do pórtico (Στο&alpha en grego, stoá) onde Zenón de Citio impartía as leccións. Este primeiro período recibiu o nome de Estoicismo antigo.

Máis tarde, a partir da introdución desta doutrina en Roma por parte de Panecio de Rodas, orixinouse o chamado Estoicismo medio. Diferenciábase do anterior polo seu carácter ecléctico, pois recibiu influencias tanto do Platonismo coma do Aristotelismo e o Epicureísmo.

Para rematar, tivo lugar o denominado Estoicismo novo ou romano, que abandonou a tendencia ecléctica tratando de retornar ás súas fontes.

O seguinte esquema mostra a situación cronolóxica de cada fase do Estoicismo indicado, así mesmo, as figuras máis representativas de cada unha delas:

Filosofía estoica

Para os estoicos, o ben era a virtude, e a virtude consistía na capacidade para soportaren con fortaleza e serenidade os golpes do destino. Todo canto lle ocorría ás persoas non só era inevitable, senón que era bo, porque formaba parte dunha orde superior, a orde do Universo.

Para eles o Cosmos, ao que tamén chamaban Deus, era unha estrutura racionalmente organizada da que o home non era máis ca unha pequena parte. Todos os acontecementos estaban determinados, de maneira que nada sucedía ao chou. Todo canto ocorría era polo ben do todo, e o que era bo para o todo tiña que ser bo para as partes.

O mal non existía, só un coñecemento equivocado do Universo podía levarnos a crer nel. Polo tanto, para os Estoicos, o estado de felicidade era un estado de imperturbabilidade ante calquera acontecemento. Esta actitude era o resultado dunha reflexión racional que intentaba comprender o significado da vida humana coma parte do significado do Universo. Por isto, tamén para os Estoicos, soamente o que sabe pode ser feliz.

Os estoicos proclamaron que se podía acadar a liberdade e a tranquilidade soamente sendo alleo ás comodidades materiais, ás substancias estupefacientes e á fortuna externa, e adicándose a unha vida guiada polos principios da razón e a virtude (tal era a idea de imperturbabilidade ou ataraxia). Asumindo unha concepción materialista da Natureza, seguiron a Heráclito na crenza de que a substancia primeira se atopa no lume e na veneración do logos, que identificaban coa enerxía, a lei, a razón e máis a providencia atopadas na Natureza. A razón dos homes considerábase tamén parte integrante do logos divino e inmortal.

A doutrina estoica que consideraba esencial cada persoa como parte de Deus e membro dunha familia universal axudou a romper barreiras rexionais, sociais e raciais, e preparar o camiño para a propagación dunha relixión universal. A doutrina estoica da lei natural, que converte a natureza humana en norma para avaliar as leis e institucións sociais, tivo moita influencia en Roma e nas lexislacións posteriores de Occidente. Ademais tivo importancia en correntes e filósofos posteriores como Descartes e Kant. Hoxe en día utilízase o termo estoico para referirse á actitude de tomarse as adversidades da vida con fortaleza e resignación.

Campos da filosofía estoica

No campo da lóxica desenvolveron a lóxica indutiva. Dividiron a lóxica en Retórica (ciencia do recto dicir) e Dialéctica (ciencia do recto discorrer).

No campo da física retornaron á filosofía de Heráclito: todo está sometido ao cambio, ao movemento.

No campo da ética defenderon vivir consonte a Natureza, aceptando a orde das cousas. Non hai un Deus fóra da Natureza ou o Mundo (panteísmo). Ademais o sabio estoico será imperturbable ante o destino e a desgraza e dominar as paixóns. Este é o camiño cara á felicidade.

No campo da política defenderon o cosmopolitismo, que dicía que todos os homes son iguais, logo han de vivir baixo un mesmo goberno. O estoico é un cidadán do mundo.

Véxase tamén

Artigos relacionados

Conceptos

Personalidades

Tags:

Estoicismo Contexto históricoEstoicismo Orixe e etapasEstoicismo Filosofía estoicaEstoicismo Véxase taménEstoicismoAlexandre o GrandeEpicureísmoEscepticismoFilosofíaPeríodo helenísticoZenón de Citio

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Garbiñe MuguruzaAlfabetizaciónLista de nomes masculinos en galegoHernán CortésSusana FortesNava CastroNuno García PicoPink FloydEleccións municipais de 2015 en GaliciaA EstradaOurenseThe ArtistLicenza de documentación libre de GNUAgustín Fernández PazMiguel DelibesItaliaVacaRelación sexual humanaGuillermo Alonso BarciaFrancisco Porto MellaLista de nomes femininos en galegoLila (planta)Patricia Argerey VilarFrancisco, papaHistoria de DinamarcaPardo de CelaVillablinoJosep CarrerasBicarbonato de sodioManuel MurguíaPulga de areaA ComarcaNadia ComăneciRías BaixasPaulino PedretPilar AbellaContactorModelo OSINancho NovoEscolas de Ensino Galego SementeMetonimiaJuan Jacobo Durán LorigaCarlos CasaresSabela (Operación Triunfo)Jorge Sanz MirandaSonsoles EspinosaConíferasJosé Manuel LageXohana TorresMario CaneiroMaría Teresa PérezMicrosoftGolda MeirIdade de Bronce en GaliciaHistoria de GaliciaCastelo da PicoñaRoisOs EoasEstados Unidos de AméricaArgimiro Marnotes FernándezConsellería de Cultura, Lingua e XuventudeAves acuáticasOs outros feirantesDía do LibroHistoria de ChipreEsmeralda CervantesSonia FerrerCorfúCentro público integradoMondarizGheadaConcellos de GaliciaAmancio OrtegaLagarto arnalPortada🡆 More