Arteixo é un concello costeiro da comarca da Coruña.
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2016.) |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Ten unha superficie de 95,9 km². Segundo o IGE en 2015 tiña 30.950 habitantes (15.471 homes e 15.479 mulleres) (En 2012 30.725, 30.255 no 2010, 27.713 no 2007, 26.739 no 2006, 26.272 no 2005, 25.295 no 2004). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «arteixán».
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia da Coruña | ||||
Capital | A Baiuca | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 33.516 (2023) (357,47 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 93,76 km² | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Altitude | 11 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Carlos Calvelo | ||||
Eleccións municipais en Arteixo | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 15142 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 15005 | ||||
Páxina web | arteixo.org |
A súa economía é principalmente industrial. Conta con varios polígonos, coa sede corporativa do grupo téxtil Inditex e a refinería de Repsol. En Punta Langosteira construíuse o Porto Exterior da Coruña.
Arteixo limita cos concellos da Coruña, Culleredo, A Laracha e Carballo. A súa costa está bañada polo Atlántico.
Arteixo ten un relevo pouco uniforme: hai vales de diferente tipo con montes de diversas alturas. Nos montes de Monteagudo destaca A Estrela (297 metros), Monte Alto (285 m) e Pedra Arcela (277 m). A serra de Santa Locaia resgarda o val de Loureda polo oeste. Alí están o Coto da Anta (385 m), a Pedra dos Bañadoiros (380 m) e o Coto de Santa Locaia (370 m).
Dos núcleos poboacións montañosos, destaca Monticaño por ser usado noutrora como fortaleza militar. Reconverteuse na área recreativa de Monticaño. Outra zona de montaña é o couto do Monte Súbico, de Loureda. Súbico provén do derivado su, da preposición latina sub 'so' ou 'ao pé de', e mais bico, de raíz celta picc-/becc 'punta de pedra' ou 'cume no monte'. O couto de Súbico ten tres divisións: Lañas, Arteixo, e Loureda. Desde o seu este albíscase a panorámica do atlántico.
O Monte do Bernal acolle os lugares de Fonte e Marco de Bernal. Facía o linde das parroquias de Armentón, Larín e Lañas. Porén, coa construción da autoestrada desapareceron. O topónimo de Bernal procede do nome persoal Bernaldo, de orixe xermánica e que conta coa raíz bern 'oso'.
O Monte da Xesta divide Larín de Armentón. Vai á Fonte Loureira, por debaixo das Casas Novas. O topónimo procede do latín gĕnĕsta.
O Monte de Angra pertence á parroquia de Barrañán. No seu cume están os deslindes das parroquias de Barrañán, Arteixo e Lañas.
Entre as paraxes naturais destacadas están o encoro do Rexidoiro, unha reserva ornitolóxica, e a fraga de Sisalde, onde hai un muíño antigo.
O encoro de Rexidoiro atópase no polígono industrial de Sabón. É un pantano de orixe artificial que antigamente se usaba para abastecer de auga ás industrias do polígono e da central térmica de Sabón. Agora utilízase como espazo para que aniñen distintas especies de aves durante a súa migración, xa que é para elas un sitio tranquilidade para a cría e con alimentos. No encoro obsérvanse varias especies de aves acuáticas e terrestres.
A Fraga de Sisalde está situada na parroquia de San Xián de Barrañán. É un bosque típico galego con carballos, castiñeiros, ameneiros e salgueiros á beira do río Sisalde que desemboca no areal de Barrañán.
Algúns espazos, como o de Sorrizo, son aproveitados para a pesca local ou para embarcacións tradicionais. As principais praias son a de Barrañán e a praia de Alba, en Sabón. É unha costa con facilidades de avistar aves de costa ou migratorias e cetáceos.
Os cabos e puntas da costa de Arteixo son:
O litoral do concello conta coas praias de:
Todas as praias de Arteixo están unidas pola senda peonil de 6,6 km do LIC Costa da Morte, que discorre desde Sabón ao Reiro. Conta co distintivo «Senda Azul» que outorga a Asociación de Educación ambiental e do consumidor (ADEAC-FEE).
No 2015, Arteixo contou cunha poboación de 30.950 habitantes, 1.402 de orixe estranxeira. A idade media situouse nos 42 anos. No 2014 a poboación mostrou un saldo vexetativo positivo: foi de 90 persoas, ao haber 195 mortes e 285 nacementos. O número de afiliados á seguridade social foi de 13.000. A industria empregou 3.527 persoas, a construción 1.133, a agricultura e a pesca 177 e os servizos 9.291. Nese ano houbo 2976 persoas sen emprego. O número de alumnos no sistema non universitario foi de 3.710 .
Censo total 2015 | 30.950 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 5.035 (16,26 %) |
Entre 15 e 64 anos | 21.418 (69,20 %) |
Maiores de 65 anos | 4.497 (14,52 %) |
Arteixo. Gráfica de poboación dende 1900 a 2020. |
---|
División menor: 1.000 habitantes. |
Fontes: Instituto Nacional de Estadística e Instituto Galego de Estatística. |
O campamento costeiro do Reiro, Chamín, ten pegadas dunha comunidade mesolítica (10.000 - 5.000 a. C.). Neste sitio arqueolóxico atopáronse materiais de industria lítica, como cuarzo e cristal de rocha, ao aire libre. Tamén se atoparon restos de cervos, xabaríns ou raspas de peixes. Téñense documentados petróglifos como o de Borroa.
En 1981 foron catalogados no concello os seguintes castros:
|
Luís Monteagudo atopou indicios de prospeccións mineiras anteriores e da época e romana. En Rorís (Armentón) atopou seis machados dos chamados de tope.
Existen indicios de que unha vía romana. O camiño medieval que pasa por Lendo (A Laracha), era o principal camiño máis antigo que ía dende A Coruña ata Bergantiños. Desde esta parroquia o camiño penetraba no concello de Arteixo polo monte da Estrela, onde quedan os restos dunha capela.
A mención documental máis antiga ao topónimo de Arteixo dáse nun documento do tombo do mosteiro de Celanova, datado o 26 de setembro do ano 942: "in Faro, ex dato tie mee domne Gunterodis, Artasio".
Lucas Álvarez recolle no seu libro San Paio de Antealtares, Soandres e Toques, tres conventos medievais galegos un documento do 25 de marzo do 1182 onde Urraca González, con licenza do seu home Froilán Ramírez e do seu irmán o conde Gómez, concerta co convento de Alteares para a cesión de por vida do convento de Cambre e outras igrexas: “Et mosteiro trado mosteiro de Moralibus cum suo cauto et hereditatibus et seruitialibus et familia, sicut eam ganauimus ego er unir meus”.
Existe unha importante representación do románico a través de igrexas como as de Santaia de Chamín ou Santa Mariña de Lañas. A arte románica tamén se percibe no estilo da ponte dos Brozos, situada na parroquia de Santiago de Arteixo. Atravesa o río Bolaños e trátase dunha obra de dous arcos con contrafortes no medio deles e un lixeiro peralte, con ramplas de acceso e calzada orixinal. Consérvase en bo estado e pertencería á Vía XX.
No século XVIII constrúese o balneario, hoxe rehabilitado, no que o Xeneral Porlier, asinará en setembro de 1815, o levantamento constitucional polo que será publicamente executado poucos días máis tarde, no Campo da Leña da Coruña.
No concello de Arteixo naceron ou viviron persoeiros como Manuel Murguía, Dora Vázquez, Arsenio Iglesias, Andrés Rojo del Cañizal e Manuel María Puga Parga, "Picadillo".
Partido Político | Escanos | Diferenza de escanos | Votos | Repartimento de escanos |
---|---|---|---|---|
PPdeG | 12 | -1 | 7.580 | 12 / 21 |
PSdeG-PSOE | 6 | +2 | 3.929 | 6 / 21 |
BNG | 2 | = | 1.398 | 2 / 21 |
Alternativa dos Veciños | 1 | +1 | 938 | 1 / 21 |
Cidadáns | 0 | = | 385 | 0 / 21 |
Partido Político | Escanos | Diferenza de escanos | Votos | Repartimento de escanos |
---|---|---|---|---|
PPdeG | 14 | +2 | 8.519 | 14 / 21 |
PSdeG-PSOE | 4 | -2 | 2.584 | 4 / 21 |
BNG | 2 | = | 1.514 | 2 / 21 |
Alternativa dos Veciños | 1 | = | 974 | 1 / 21 |
A economía de Arteixo estivo marcada pola creación do polígono de Sabón. Actualmente teñen nel a súa sede empresas como Bonilla a la Vista, Leyma, Teais, o grupo Inditex, La Voz de Galicia, a fábrica de FerroAtlántica ou a Central Térmica de Sabón. Foi oficialmente inaugurado o 14 de agosto de 1965 despois de que Franco autorizase á Deputación Provincial a expropiar os terreos para o asentamento industrial. O proceso de expropiación comezou o 25 de xaneiro de 1966 e expropiou 1500 leiras rústicas e 150 vivendas.
Os outros dous polígonos industriais situados no concello son o Polígono industrial de Morás e o Porto Exterior de Punta Langosteira. A Refinería da Coruña é outra empresa importante situada entre Arteixo e A Coruña.
O concello pola súa extensión e orografía ten unha importante base forestal e do agro, plantacións de eucaliptos e piñeiros nas zonas montañosas e un número importante de explotacións agrarias por todo o concello. Outro sector importante son as explotacións mineiras como canteiras a ceo aberto.
O litoral de Arteixo conta cunha ducia de cabos e praias. A zona costeira do concello conta con paseos marítimos, zonas peonís, parques e carrís bicicleta.
No centro de Arteixo existe un paseo fluvial á beira do río Bolaños. Esténdese dende a parroquia de Loureda ata a Ponte do Va, o polígono industrial de Sabón e o muíño do Rañal. Ten zonas axardinadas nas dúas marxes do río Bolaños e zonas de descanso.
No concello de Arteixo tamén se poden atopar miradoiros:
Existen tamén as seguintes áreas recreativas:
Arteixo ten un equipo de fútbol, o Atlético Arteixo, o cal chegou a militar unha tempada en Segunda división B. Actualmente encóntrase en Terceira Federación. Xoga como local no Campo Municipal Ponte dos Brozos.
Tamén ten un dos mellores circuítos e con máis tradición de autocross, o Autocross Arteixo.
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Arteixo vexa: Lugares de Arteixo.
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arteixo |
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Arteixo, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.