2010: Ano do calendario

2010 (MMX) foi un ano común que comezou e rematou un venres no calendario gregoriano.

Foi ano santo xacobeo, foi o número 2010 anno Dómini ou da designación da Era Cristiá, ademais do décimo do século XXI e do terceiro milenio e tamén o primeiro da década de 2010.

2010
Calendario gregoriano2010
MMX
Ab urbe condita2763
Calendario armenio1459
Calendario chinés4706 – 4707
Calendario hebreo5770 – 5771
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat2065 – 2066
 ·  Shaka Samvat1932 – 1933
 ·  Kali Yuga5111 – 5112
Calendario persa1388 – 1389
Calendario musulmán1431 – 1432
Calendario rúnico2260
Década de 2010
2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014

Acontecementos

Xaneiro

  • Iniciouse a dispoñibilidade da versión do sistema operativo Windows 7.
  • A película de ficción científica Avatar, que fora realizada por James Cameron, acadou unha plusmarca histórica nas vendas superando a Titanic, de 1997.
2010: Acontecementos, Mortes, Día das letras galegas dedicado a: 
Vista do Burj Khalifa, o rañaceos máis alto do mundo, en Dubai.
2010: Acontecementos, Mortes, Día das letras galegas dedicado a: 
Vista do Palacio Nacional de Haití destruído tras o terremoto de xaneiro.

Febreiro

2010: Acontecementos, Mortes, Día das letras galegas dedicado a: 
Terremoto de Chile de 2010

Marzo

2010: Acontecementos, Mortes, Día das letras galegas dedicado a: 
Kathryn Bigelow, a primeira muller que gaña o Óscar ao mellor director pola película The Hurt Locker.

Abril

2010: Acontecementos, Mortes, Día das letras galegas dedicado a: 
Vista satélite da Erupción do volcán Eyjafjallajökull de 2010.
  • 1 de abril - O Treito Sur do Rodoanel Metropolitano de São Paulo é aberto ao tránsito, ligando o interior e o sur do Brasil directamente ao Porto de Santos.
  • 4 de abril - No municipio de Mexicali, México, un forte terremoto de 7,2 graos sacode o norte de Baixa California e o sur de California.
  • 6 de abril - No estado de Río de xaneiro, Brasil, un forte temporal deixa 28,8 cm de auga caída en 24 horas provocando inundacións e aludes de barro cun saldo de máis de douscentos mortos.
  • 7 de abril - En Kirguistán o presidente Kurmanbek Bakíev é derrocado por un levantamento popular (Revolta de Kirguistán de 2010) causado pola brutal represión de militares e policías ás manifestacións convocadas pola oposición na capital do país, Biskek; e que dexenerou en sanguentos combates na rúa entre as forzas de seguridade e manifestantes fortemente armados. Tras a fuxida do presidente da capital, un goberno provisional formado polos líderes da oposición asumiu o poder de facto e asegurouse o apoio das Forzas Armadas e a policía.
  • 8 de abril - En Praga, República Checa, os presidentes dos Estados Unidos e Rusia, Barack Obama e Dimitri Medvedev respectivamente, asinan o histórico tratado START III de redución de arma nuclear1armas nucleares, o máis ambicioso até o momento; que fixa un tope máximo de 1550 oxivas nucleares para cada un dos dos países tras un prazo de desarme duns anos.
  • 10 de abril - Varias figuras políticas de Polonia incluíndo o presidente Lech Kaczynski e a súa esposa expiraron nun accidente aéreo dun Tupolev Tu-154 preto da cidade de Smolensk, Rusia, durante unha manobra de aterraxe.
  • 11 de abril - En Hungría celébrase a primeira volta das eleccións parlamentarias, resultando vitorioso o partido de dereitas Fidesz, o que permitirá ao seu líder Viktor Orbán ser o próximo Primeiro Ministro.
  • 14 de abril - Na provincia chinesa de Qinghai, un terremoto dunha magnitude de 7,1 graos produce centos de mortos, miles de feridos e numerosos danos materiais.
  • 15 de abril - A erupción do volcán Eyjafjallajökull en Islandia bota cinzas ao ceo que paralizan o tránsito aéreo do norte de Europa.
  • 18 de abril - Na República Turca do Norte de Chipre (estado independente de facto, só recoñecido por Turquía) celébranse eleccións presidenciais e o gañador é o nacionalista Derviş Eroğlu, que derrotou o presidente daquelas e aspirante á reelección Mehmet Ali Talat; o que podería bloquear as negociacións para a reunificación con Chipre.
  • 20 de abril - Unha explosión na plataforma Deepwater Horizon causou unha vertedura de petróleo no golfo de México e ocasionou un dos maiores desastres ambientais na historia dos Estados Unidos.
  • 21 de abril - NASA divulga imaxes inéditas da superficie do Sol enviadas polo Solar Dynamics Observatory.
  • 23 de abril - Anunciado o primeiro Transplante facial total no mundo que foi realizado en marzo de 2010.
  • 25 de abril
    • En Austria celébranse eleccións presidenciais e é reelecto o socialdemócrata Heinz Fischer, cunha gran maioría.
    • En Hungría celébrase a segunda volta das eleccións parlamentarias, que ratifica e amplía a maioría obtida polo Fidesz na primeira volta; polo que o seu líder Viktor Orbán encabezará o próximo goberno.
    • En Cuba celébranse eleccións municipais.
  • 26 de abril - Estados Unidos extradita a Francia o ex-dictador panameño Manuel Antonio Noriega (derrocado pola Invasión estadounidense de Panamá de 1989), logo de pasar máis de vinte anos nunha prisión federal estadounidense (máis de 17 anos cumprindo condena por narcotráfico e máis de dous anos e medio á espera da extradición solicitada pola xustiza francesa); en Francia deberá ser sometido a xuízo e podería serlle ratificada unha condena de dez anos de prisión que lle foi ditada en ausencia por lavado de diñeiro relacionado co narcotráfico.

Maio

2010: Acontecementos, Mortes, Día das letras galegas dedicado a: 
Imaxe xamais vista antes da superficie solar, enviada pola SDO en abril de 2010.
2010: Acontecementos, Mortes, Día das letras galegas dedicado a: 
David Cameron é elixido Primeiro Ministro británico.

Xuño

2010: Acontecementos, Mortes, Día das letras galegas dedicado a: 
Cumio do G8 en Muskoka, Canadá.
  • 1 de xuño - A tormenta tropical Agatha causa graves danos en Guatemala, Honduras e O Salvador e provoca a morte de polo menos 179 persoas.
  • 2 de xuño - No Xapón renuncia o primeiro ministro Yukio Hatoyama debido á baixada da súa popularidade nas enquisas e as presións do seu partido.
  • 3 de xuño - Astronautas entran nunha cápsula sen xanela, para simular unha viaxe a Marte. Ficaron confinados durante 1 ano e medio, para desenvolver probas da suposta viaxe a Marte en 2020.
  • 7 de xuño - En Bhopal (India), un tribunal condena a oito directivos da empresa estadounidense Union Carbide a dous anos de prisión e a pagar uns 10 600 dólares estadounidenses polas súas respectivas responsabilidades no Desastre de Bhopal (un escape de isocianato de metilo gasoso nunha fábrica de pesticidas desa empresa, que causou a morte de máis de 20 000 persoas. A empresa non respondera polos danos causados).
  • 9 de xuño - Celébranse eleccións parlamentarias nos Países Baixos; o Partido Popular pola Liberdade e a Democracia (liberal de centrodereita) liderado por Mark Rutte obtén o primeiro lugar cunha diferenza moi estreita en sufraxios e unha vantaxe dun só deputado sobre o Partido do Traballo (socialdemócrata), mentres que o partido Chamada Demócrata Cristiá do actual primeiro ministro Jan Peter Balkenende afúndese nun cuarto lugar. Debido ao lonxe que está calquera partido da maioría absoluta pronostícanse longas negociacións para formar goberno e escoller un novo primeiro ministro.
  • 10 de xuño - Cerimonia de abertura da XIX Copa do Mundo de fútbol, en Suráfrica, co show principal de Shakira, cantante do himno oficial do mundial, o "Waka Waka".
  • 11 de xuño - Inicio Oficial da Copa Mundial de Fútbol de 2010 en Suráfrica.
  • 12 de xuño - En Eslovaquia celébranse eleccións parlamentarias; o partido gobernante Dirección-Socialdemocracia obtén o primeiro posto, pero lonxe da maioría absoluta, e os partidos que foron os seus socios no goberno caen, polo que se dificulta a reelección do primeiro ministro Robert Fico e ábrese a posibilidade dun goberno de centrodereita encabezado por Iveta Radičová.
  • 13 de xuño
    • En Bélxica celébranse eleccións parlamentarias; o partido nacionalista flamengo Nova Alianza Flamenga obtén a vitoria na rexión de Flandres e o primeiro lugar a nivel nacional, mentres que en Valonia gaña o Partido Socialista Valón (segundo lugar a nivel nacional). Estes resultados son considerados históricos porque a vitoria dos independentistas flamengos podería motivar o próximo proceso de reforma constitucional cara a independencia de Flandres e a desaparición de Bélxica como país. Mentres tanto prevese que pasen meses para poder formar goberno.
    • En Quirguistán miles de persoas da minoría uzbeka cruzan a fronteira con Uzbekistán fuxindo dos sanguentos enfrontamentos interétnicos entre quirguices e uzbekos no sur do país que deixaron polo menos 97 mortos e ameazan con desencadear unha guerra civil; mentres tanto, o goberno provisional acusa o expresidente derrocado meses atrás, Kurmanbek Bakíev, de estar detrás da vaga de violencia racial.
  • 18 de xuño
  • 19 de xuño - Acontece o casamento da princesa Vitoria de Suecia co plebeo Daniel Westling.
  • 20 de xuño
  • 24 de xuño - Apple lanza o iPhone 4.
  • 25, 26 e 27 de xuño - No Canadá celébranse dous importantes encontros internacionais, ambos na provincia de Ontario: o 36º Cumio do G8 na rexión de Muskoka (25 e 26 de xuño), e o cuarto cumio do G20 en Toronto (26 e 27 de xuño)
  • 26 de xuño

Xullo

Agosto

2010: Acontecementos, Mortes, Día das letras galegas dedicado a: 
Foi anunciado a fin da epidemia da Gripe A (H1N1).

Setembro

Outubro

2010: Acontecementos, Mortes, Día das letras galegas dedicado a: 
Rescate dos mineiros de Chile.

Novembro

Decembro

2010: Acontecementos, Mortes, Día das letras galegas dedicado a: 
Wikileaks revela ao mundo os cables diplomáticos dos Estados Unidos.

Mortes

Xaneiro

Febreiro

Marzo

Abril

Maio

2010: Acontecementos, Mortes, Día das letras galegas dedicado a: 
Hopper en 2008.

Xuño

Xullo

Agosto

2010: Acontecementos, Mortes, Día das letras galegas dedicado a: 
Bent Larsen.

Setembro

Outubro

Novembro

Decembro

2010: Acontecementos, Mortes, Día das letras galegas dedicado a: 
Bobby Farrell.

Día das letras galegas dedicado a:

Premio Nobel

No ano de 2010, as seguintes persoas foron contempladas co premio:

Notas

Véxase tamén

Tags:

2010 Acontecementos2010 Mortes2010 Día das letras galegas dedicado a:2010 Premio Nobel2010 Notas2010 Véxase tamén2010Ano santo xacobeoCalendario gregorianoDécada de 2010Século XXI

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Eduardo Blanco AmorValentina TereshkovaAlbert EinsteinIadovosManuel AzañaHenry CavillMar MediterráneoRacing Club de FerrolPortugalSímbolos de GaliciaPontevedraCastro de Punta do BicoBreogánCambedoBelén CachafeiroMehmet ShehuBenito KamelasArturo SalgadoMaría Xosé QueizánBad GyalO mar na cultura popular galegaMorfoxéneseMundial de Fútbol de 1986Luis ZaheraAlberte PagánMedalla CastelaoCohesiónCruceiroPardo de CelaLingua inglesaXosé Manuel PiñeiroCreampieOllos de augaEdelmiro Dios VázquezCarles PuigdemontCataluñaAutomorfismoMaruca do MediterráneoMosLista das árbores de GaliciaPadre CasaresNoora MylläriQEDVigoFran AlonsoFesta dos maiosRamón Campos DuránEva Iglesias MiguénsOU-125Bandeira de GaliciaFabiola GarcíaMartin Luther KingSegoviaMaría ReimóndezManuel TurizoExaculaciónAWStatsTeléfonoPanteón de Galegos IlustresRianxoCarles FrancinoSantiago de CompostelaÍñigo AlfonsoCantiga de amigoGalizionarioO incerto señor Don HamletWikipediaISO 3166-1Á lus do candilXunta de Galicia de 2024LleidaOs pronomes persoais galegosAníbal MalvarFolla🡆 More