Facebook: Rede social de internet

Facebook é unha rede social de Internet fundada o 4 de febreiro de 2004 por Mark Zuckerberg, estudante na Universidade Harvard.

Facebook
Facebook: Características, Historia, Notas

Facebook: Características, Historia, Notas
Facebook: Características, Historia, Notas
Editar o valor em Wikidata
TipoFotografía e vídeo
Fundación4 de febreiro de 2004 (20 anos)
Localización1 Hacker Way (aka 1601 Willow Creek)
Menlo Park, California, Estados Unidos
FundadorMark Zuckerberg
Eduardo Saverin
Andrew McCollum
Dustin Moskovitz
Chris Hughes
IndustriaInternet
ProdutosFacebook Messenger
Facebook Lite
Facebook Watch
Facebook Gameroom
Na rede
https://www.facebook.com, https://facebookwkhpilnemxj7asaniu7vnjjbiltxjqhye3mhbshg7kx5tfyd.onion e https://m.facebook.com
Facebook: facebook Twitter: FacebookApp Instagram: facebook Youtube: UCcr9tciZbuvJrEVAgIXCp8Q Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Características

Nun primeiro momento o acceso estaba limitado aos propios alumnos da universidade pero progresivamente ampliouse a alumnos doutras universidades da Ivy League e posteriormente a calquera estudante universitario, dos institutos e na actualidade calquera persoa maior de 13 anos cunha conta de correo electrónico pode rexistrarse.

A mediados de 2007 publicáronse as versións en francés, alemán e castelán para impulsar a súa expansión fóra de Estados Unidos. Posteriormente traduciuse a outras linguas, como o galego. No ano 2011, Facebook contaba con 750 millóns de membros, e traducións a 70 idiomas.

Facebook: Características, Historia, Notas 
Mark Zuckerberg, creador de Facebook.
Facebook: Características, Historia, Notas 
Sede de Facebook en Palo Alto (California).

Historia

Zuckerberg escribiu o software para unha web chamada Facemash o 28 de outubro de 2003 durante o seu segundo ano en Harvard. Segundo The Harvard Crimson, o sitio era comparable a Hot or Not e usaba fotos compiladas de anuarios subidos á rede de nove facultades, colocando dúas delas unha a cada lado e os usuarios tiñan que escoller o individuo máis atractivo. Para conseguilo Zuckerberg hackeou a rede informática protexida de Harvard e copiou imaxes privadas. Harvard non tiña un anuario común nesa época pero as diversas facultades tiñan anuarios de alumnos desde mediados da década de 1980. Facemash logrou 450 visitantes e 22.000 fotos vistas nas súas primeiras catro horas en funcionamento. Aos poucos días a administración de Harvard eliminou a web e ameazou coa expulsión a Zuckerberg por violar dereitos de propiedade, a privacidade individual e por romper a seguridade da rede da universidade pero esta acabou retirando os cargos.. En xaneiro de 2004 Zuckerberg comezou a escribir o código para unha nova web, segundo declaracións súas inspirado nunha editorial de The Harvard Crimson sobre Facemash. e o 4 de febreiro lanzou "Thefacebook", orixinalmente localizado en thefacebook.com.

Seis días despois de lanzar a web, tres alumnos de Harvard (Cameron Winklevoss, Tyler Winklevoss e Divya Narendra) acusaron a Zuckerberg de intencionalmente facelos crer que lles axudaría a crear unha rede social de nome HarvardConnection.com e afirmaron que no canto usaron as súas ideas para construír un produto competidor.

Ao comezo o acceso estaba limitado a estudantes de Harvard e ao mes máis da metade dos estudantes estaban rexistrados no servizo. En marzo de 2004 permitiuse o rexistro os alumnos das universidades de Columbia, Stanford e Yale., progresivamente abriuse a todas as universidades dos Estados Unidos e o Canadá

No ano 2005 a compañía eliminou o the do seu nome logo de mercar o nome de dominio facebook.com por 200.000 dólares. En setembro de 2005 fíxose unha versión para estudantes de secundaria e Facebook permitiu o rexistro a empregados de certas compañías, incluíndo Apple Inc. e Microsoft. e o 26 de setembro de 2006, Facebook permitía o acceso a calquera maior de 13 anos cun enderezo de correo electrónico válido.

A finais de 2007, Facebook tiña 100.000 páxinas comerciais, que comezaron como páxinas de grupos pero que pasaron a denominarse páxinas de compañías. O 24 de outubro de 2007, Microsoft anunciou que mercara o 1,6% de Facebook por 240 millóns de dólares, dándolle a Facebook un valor total de 15 mil millóns de dólares. O paquete mercado por Microsoft incluía dereitos para colocar anuncios internacionais na rede social. En outubro de 2008 Facebook anunciou que ía establecer a súa sede internacional na capital irlandesa, Dublín.

En 2021 Frances Haugen revelou fallos no control de contido.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Facebook CaracterísticasFacebook HistoriaFacebook NotasFacebook Véxase taménFacebook20044 de febreiroInternetMark ZuckerbergRede socialUniversidade Harvard

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Tenda en liñaBad GyalFrancisco Rodríguez AcostaXugoLuke PerryYleAElena FuriaseLeticia Santos PazAmaia MonteroRaúl Santamaría GonzálezXunta de Galicia24 de abrilCatedral de BurgosPosición do misioneiro invertidaDomingo VillarRaquel AtanesVictoria Álvarez Ruiz de OjedaJavier Fernández AbruñedoYouTubeIria MorgadeAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoSean ConneryPilar PallarésVKMártires de CarralEntíns, OutesAmado GarraRepública Popular da ChinaDistribuciónTito RamalloPili PampínPep GuardiolaMaría VázquezSucesos de Casas ViejasLouis van GaalConstantino Nikolaevich de RusiaEscudo de GaliciaSegunda República EspañolaCoachella Valley Music and Arts FestivalTribadismoViggo MortensenPepo SuevosLuis EnriqueSegunda guerra mundialFelipe Senén LópezLingua vietnamitaGonzalo LouzaoCharo LopesFerrolRiotortoRSSProvincias de EspañaPavel NedvědSin tetas no hay paraísoTaboadelaGuezosGatoPanel solarPrimeiras NaciónsAna María MatuteCoordenadas xeográficasAlfonso MolinaGreciaManuel Gómez CantosFonte dos CabalosFrancisco FrancoPobo himbaInglourious BasterdsPadre CasaresDaniel Diges🡆 More