Culleredo (AFI: /kuʎeˈɾeðo̝/) é un concello galego da provincia da Coruña.
Pertence á comarca da Coruña e está situado na área central da provincia, na comarca da Coruña, no extremo sur da ría do Burgo, no ano 2014 tiña 29.434 habitantes distribuídos en 62,3 km². O xentilicio é culleredés.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia da Coruña | ||||
Capital | Culleredo | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 30.864 (2023) (489,9 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 63 km² | ||||
Altitude | 570 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Julio Sacristán de Diego | ||||
Eleccións municipais en Culleredo | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 15189 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 15031 | ||||
Páxina web | culleredo.org | ||||
Neste concello sitúase o aeroporto de Alvedro, un dos tres aeroportos de Galicia. Ese mesmo nome, Alvedro, era o que recibía o concello antigamente.
Limita ao norte cos concellos da Coruña e de Oleiros e a ría do Burgo, ao oeste co de Arteixo, ao leste co de Cambre e ao sur co de Carral, co concello da Laracha da comarca de Bergantiños e co concello de Cerceda da comarca de Ordes.
O concello está presidido polo monte Xalo (572 m) no extremo sur do mesmo, e a partir del vanse sucedendo vales e pequenos outeiros ata o nivel do mar na ría do Burgo. Os vales están sucados polo río Valiñas e o rego de Trabe, todos eles pertencentes á conca do río Mero que desemboca na ría do Burgo.
Climáticamente atópase no mesmo clima que o resto de Galicia, de tipo oceánico europeo, con temperaturas suaves e gran cantidade de precipitacións.
A poboación a 1 de xaneiro de 2019 era de 30.402 habitantes, 14.635 homes e 15.717 mulleres, segundo o IGE.
Culleredo. Gráfica de poboación. |
---|
División menor: 1.000 habitantes. |
Fontes: Instituto Nacional de Estadística e Instituto Galego de Estatística. |
Gráfica elaborada por: Wiki. |
Na gráfica pódese apreciar claramente o forte incremento de poboación a partir de 1970 debido á súa condición de cidade dormitorio asociada á cidade da Coruña.
Xentilicio (véxase no Galizionario): cullerdense.
Censo total 2019 | 30.402 habitantes |
---|---|
Menores de 16 anos | 5.079 (16.71 %) |
Entre 16 e 64 anos | 20.158 (66.31 %) |
Maiores de 64 anos | 5.165 (17.00 %) |
Evolución da poboación de Culleredo Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
7.495 | 8.004 | 8.738 | 13.129 | 24.640 | 28.227 | 29.207 | 29.416 | 29.415 | 29.434 | 29.593 | 29.638 | 29.982 | 30.221 | 30.402 | 30.685 | |||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Este é un municipio fortemente influenciado pola súa proximidade á cidade da Coruña, o que provoca que as parroquias limítrofes coa cidade estean moi urbanizadas, achegando a parroquia de Rutis 13.392 habitantes e a do Burgo 8.216 á poboación municipal no ano 2008. Estas parroquias están na súa meirande parte habitadas por xente moza que desenvolve as súas actividades profesionais na cidade da Coruña ou nos polígonos industriais das súas aforas. En cambio, as outras parroquias son semirrurais e a poboación está integrada por persoas de maior idade en proporción e, en moitos máis casos está dedicada ó sector primario. Dentro deste segundo grupo de parroquias cabe distinguir dous grupos, o formado por Almeiras e Culleredo, grandemente influenciados pola presenza do aeroporto de Alvedro e do polígono industrial do mesmo nome. Concentradas no sector secundario, a primeira, e nos servizos institucionais, como capital do municipio (en Tarrío, na parroquia de Culleredo), e no sector gandeiro, a segunda. Por outro lado todas as demais están orientadas cara ó sector primario, aínda que tamén sexa importante a presenza nelas de moitas segundas residencias de cidadáns da Coruña.
En canto ás comunicacións, atravesan o municipio as autoestradas AP-9 (A Coruña-Santiago-Vigo-Portugal) e A-6 (Madrid-A Coruña); as liñas de tren a Santiago de Compostela, Madrid e Lugo; a N-550 A Coruña-Tui, a AC-400 Muros-Sigrás e a AC-211 San Pedro de Nós-A Pasaxe. Tamén ten o aeroporto de Alvedro no termo municipal.
O Burgo de Faro, nome que recibía o concello nun principio, cobrou forza co traslado de moitos habitantes da Coruña que pretendían protexerse das incursións normandas. A prosperidade veu acompañada da instalación dos templarios e a construción de aceas por parte do mosteiro de Sobrado.
Afonso VIII ordenara repoboar a cidade da Coruña e o Burgo inicia o seu declive pasando a depender dos Andrade, conservándose unha das súas torres en Celas.
A terminación do concello en -redo, ó igual que moitos outros topónimos, fai referencia a nomes xermánicos de posuidores, como Guimaredo ou Recaredo.
Turisticamente este municipio ten interesantes espazos e edificios:
Conta con diversas rutas de sendeirismo organizadas polo Concello por todo o municipio, moitas veces temáticas. A destacar entre estas as dos muíños, as das fontes e as das panaderías.
O concello ten como motivo principal do seu escudo a imaxe da ponte do Burgo, como queda definido na súa descrición: En campo de prata unha ponte de tres ollos a dúas augas de ouro, mazonado e perfilado de sable sobre ondas de azur e prata superado dunha cruz patada de goles acompañada a cada lado dunha vieira de prata perfilada de azur. Ao timbre coroa real pechada.
Dende 1983 o seu alcalde foi Julio Sacristán, que gobernou de forma continua ata a súa retirada o 26 de outubro de 2017, día no que presentou a súa renuncia por motivos persoais. Foi substituído por José Ramón Rioboo o 7 de novembro de 2017.
Para unha listaxe completa de tódolos lugares do concello de Culleredo vexa: Lugares de Culleredo.
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Culleredo |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Culleredo, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.