A Torre de Celas de Peiro é o que queda en pé da fortaleza medieval de Vinseira, tamén coñecida como Torre de Vinseira Pequena ou Fortaleza dos Condes de Andrade.
Sitúase na parroquia de Celas, no concello coruñés de Culleredo.
Torre de Celas de Peiro | |
---|---|
ben de interese cultural | |
Concello | Culleredo |
Provincia | A Coruña |
Comunidade autónoma | Galicia |
Coordenadas | 43°14′58″N 8°24′31″O / 43.24954, -8.408638°24′31″O / 43.24954, -8.40863 |
Estilo arquitectónico | |
Estilo actual | (século XIV) |
Estado actual | museo |
Véxase tamén | |
Castelos de Galicia | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A fortaleza xa existía no ano 1395. Pertenceu á casa de Andrade, e aínda conserva escudo coas súas armas.
Esta torre é o único que queda do antigo castelo de Vinseira, que xa existía anteriormente a 1395, pois a primeira referencia documental a esta fortificación data dese ano. O castelo e os seus dominios pertencían á casa dos Andrade. Foi destruída durante a Gran Guerra Irmandiña, e reconstruída pouco tempo despois.
Durante boa parte da Idade Media foi a única fortificación galega que permaneceu fóra do dominio da nobreza grazas ó foro de reguengo concedido por Afonso VIII no século XIII, o cal dispuña que a cidade non podía ter como veciños nin monxes nin nobres.
Pero este foro non foi sempre respectado e consta como, xa en 1395, o fidalgo Martín Becerra (posiblemente ás ordes dos Andrade) someteu os campesiños coa axuda deste castelo de Celas. Encontrándose coa forte oposición do concello coruñés, finalmente chegaron ó acordo de eliminar da fortificación os elementos defensivos como os palenques, seteiras, beirís e ameado.
Na actualidade só se conserva unha torre de planta cadrada, con 8 metros de lado, e 12 metros de altura. Nela aínda se aprecia o brasón de armas dos Andrade. Ata tempos recentes tivo acaroado un pazo xa desaparecido. Foi obxecto de restauración en 1992, cando se acondicionou como espazo museolóxico e de exposicións. Entre 1994 e 2011 as súas instalacións albergaron o Museo Etnográfico de Culleredo.
Conta coa protección da Declaración xenérica do Decreto de 22 de abril de 1949, e da Lei n° 16/1985 sobre o patrimonio Histórico Español.
Crese que a veciña igrexa románica de Santa María de Celas foi parte integrante da primitiva fortificación.
No ano 2019 a cadea de distribución de alimentación Gadisa fixo un anuncio de televisión no que os protagonistas pasean polo parque que arrodea á torre e aparecen nun balcón. Este balcón non existe na torre e foi engadido dixitalmente no vídeo.
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Torre de Celas de Peiro |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Torre de Celas de Peiro, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.