Regulamento Xeral De Protección De Datos

O Regulamento xeral de protección de datos (GDPR) (Control (UE) 2016/679) é un regulamento europeo mediante o que o parlamento, o consello e a comisión pretenden fortalecer e unificar a protección de datos para todos os países da Unión Europea e o Espazo Económico Europeo, controlando tamén a transferencia de datos de fóra da Unión.

Os seus principais obxectivos son devolverlles aos cidadáns o control sobre a súa información persoal e unificar o marco regulador para as empresas multinacionais. Establece un marco máis estrito que outras normas, e é a primeira norma sobre este asunto que lle afecta a todos os países da Unión Europea, e tanto os dereitos como as obrigas. Ao entrar en vigor derrogou a Directiva de protección de datos 95/46/CE de 1995..

Entrou en vigor en abril de 2016, non obstante as empresas tiveron un prazo de dous anos, ata o 25 de maio de 2018, para se adaptaren á nova lexislación, e a diferenza das directivas, non require a incorporación na lexislación nacional, aplicándose directamente

Características 

Cando unha organización queira recolectar datos persoais de cidadáns da Unión Europea vai precisar un permiso explícito, podendo os cidadáns revogar ese consentimento cando o desexaren. As empresas están obrigadas a identificar os datos que están a usar, como os tratan, para que finalidade e quen é a persoa encargada. Os cidadáns tamén poden solicitar os seus datos a calquera organización que os rexistrara.

Esta lexislación aféctalle a todas as organizacións que tratan datos dos cidadáns europeos, con independencia da súa localización xeográfica, ou do seu carácter privado ou público. Establece a obrigatoriedade de comunicación os fallos de seguridade á axencia nacional encargada da protección nun prazo de 72 horas polo responsable do tratamento de datos, denominado delegado de protección de datos, e debe tamén notificalo aos afectados de existir algún risco para os seus dereitos.

Sancións

A GDPR prevé multas de ata 20 millóns de euros ou o 4% da facturación anual

Notas

Tags:

Comisión EuropeaConsello da Unión EuropeaParlamento EuropeoUnión Europea

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Ada NegriPediastrumSegunda guerra mundialCarlos III do Reino UnidoFelaciónPosicións sexuaisFundación WikimediaSantiago de CompostelaRapa (serie de televisión)GuepardoAlbert CamusLista de ríos de GaliciaPalauA.C. MilanPaspallásBlottingTeixugoAlcóntarMarçal MolinéPosición do misioneiro invertidaIndonesiaJulian AssangeJosé Pérez-ArdáPortugalMLingua casteláMatriz (matemáticas)ÑLas Torres de CotillasIsabel Díaz AyusoQuimera (mitoloxía)Rosa LuxemburgEivisaFunción trigonométricaMarineda CityFrancisco, papaAntigo ExiptoEuropaMichelle ObamaRevolución Rusa de 1917Vox populiO Mesón do Vento, Ardemil, OrdesVigoIgrexa católicaRosendo SalvadoPedro RieloEncoro de PortodemourosDaniel de la TorreCaliforniaNúmero piMesopotamiaPireneosAustraliaManuscrito VoynichUnión do Povo GalegoRibadeoStephen HawkingRelación sexual humanaJosé Sueiro LópezGrupo EroskiPaula AlvarellosAdánBrad PittLista de WikipediasTorre EiffelFrei Basilio Río BrenllaLiberalForo do bo burgo de Castro CaldelasDitaduraSão Paulo🡆 More