Marineda City

8°25′45″O / 43.34528, -8.42917

Marineda City ou Marineda City Ocio, Shopping & Business é un complexo comercial e de lecer da cidade da Coruña situado no polígono da Grela, preto do concello de Arteixo. O complexo debe o seu nome ao sobrenome co que a escritora Emilia Pardo Bazán se refería á cidade herculina nas súas novelas.

Marineda City
Marineda City
Lateral do complexo comercial.
TipoComunidade de Propietarios
Fundación2011
MatrizMerlin Properties
LocalizaciónEstrada Baños de Arteixo, 43. 15008 A Coruña Galicia Galicia
FundadorInvest Cos, dende 2014 propiedade de Merlin Properties
IndustriaServizos
Número de empregados4.000
Na rede
http://www.marinedacity.es
editar datos en Wikidata ]

O centro comercial foi construído e xestionado por Invest Cos. Custou preto de 450 millóns de euros. Nos comezos Manuel Jove era propietario do 33,3%, José Collazo do 30%, José Antonio Souto do 20% e Modesto Rodríguez do 16,6%. O centro comercial foi mercado por Merlin Properties en 2014, pagou 260 millóns de euros.

Características

Marineda City 
Praza Central CC Marineda City.
Marineda City 
Vista interior de Marineda City.

Foi proxectado en 2008 como Marineda Plaza nos terreos ocupados pola subestación eléctrica que Fenosa tiña na Grela. Trátase do complexo comercial máis grande de Galiza e España e o terceiro de Europa, con 500.000 m² de superficie construída, un aparcadoiro para 6.500 coches. Conta con máis de 190 tendas (entre as que salienta o primeiro IKEA de Galiza), así como establecementos de hostalaría, lecer, cines, un hotel Carrís de catro estrelas e 113 habitacións, e un centro de negocios.

O centro comercial dá a unha gran praza exterior peonil aberta á Estrada Baños de Arteixo e rodeada dos edificios de varias marcas comerciais. Abre tódolos días do ano, aínda que os establecementos comerciais teñen diferentes horarios.

Ten tres andares e por baixo outros tres niveis de aparcadoiro. O andar superior é unha rúa con establecementos de hostalaría e unha gran terraza cuberta cun teito de cristal.

Segundo as previsións dos seus promotores, visitarán o centro comercial 15 millóns de persoas ao ano. En 2013 chegou a 17 millóns de visitantes.

Marineda City foi obxecto dunha gran controversia no momento da súa inauguración por empregar unicamente a lingua castelá na campaña publicitaria. Actualmente a súa páxina web está dispoñible en galego e castelán.

En 2012, o centro comercial Marineda City foi recoñecido pola revista Actualidad Económica co Premio á Creación de Emprego. Marineda City emprega de xeito directo 4.000 persoas e indirectamente dá traballo a outras 4.500.

Tendas

Marineda City ten 190 tendas.

IKEA

Marineda City 
IKEA A Coruña.
Marineda City 
Nova tenda Bershka en Marineda City.

Despois de anos buscando localización en Galiza IKEA decidiuse pola Coruña na Grela, xunto a Marineda City.

A licenza de obra e actividade foi recorrida nos tribunais polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) por intrusismo profesional xa que está asinada por unha enxeñeira industrial. Para 400 postos de traballo presentáronse case 46.000 candidatos, e a tenda foi inaugurada o 20 de xullo de 2010.

IKEA foi a primeira tenda en abrir en Marineda City cun investimento de 60 millóns de euros. Ten 60.000 m2 e está nun edificio independente do resto do centro comercial co que comparte aparcadoiro aínda que os accesos ao mesmo non son comúns, ten acceso peonil á praza central.

En 2011 Ikea publicou o seu catálogo editado en 29 idiomas por primeira vez en galego cunha tiraxe de 33.000 exemplares dos 600.000 exemplares que distribuíu en Galiza.

En xaneiro de 2012 IKEA foi sancionada con 40.001 euros pola Axencia Española de Protección de Datos polas súas cámaras instaladas sen licenza e que gravaban a rúa. A sanción foi recorrida por IKEA fronte á Audiencia Nacional.

En marzo de 2012 IKEA reduciu o seu cadro de traballadores de 400 a 290.

PC City

Foi inaugurado o mesmo día que Marineda City e pechou a mesma semana da inauguración. Máis dun ano despois da inauguración do centro comercial aínda hai publicidade do establecemento en Marineda City.

Causou certa polémica na rede ao intentar impedir que un blogueiro tirara fotos da tenda.

Inditex

En Marineda City ten Inditex tendas das súas marcas empregando o centro comercial como proba dos novos deseños de tendas. Alí estreouse a nova imaxe de Zara, Pull and Bear, Bershka ou Lefties.

Deportienda

No centro comercial hai unha Deportienda, a tenda oficial do Real Club Deportivo da Coruña, onde se poden atopar os seus produtos oficiais. Ten unha superficie de máis de 100 metros cadrados.

Starbucks

Desde outubro de 2016 o centro comercial conta cunha cafetería Starbucks, primeira aberta en Galicia.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Marineda City CaracterísticasMarineda City TendasMarineda City Galería de imaxesMarineda City NotasMarineda City Véxase taménMarineda CityCoordenadas xeográficas

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Luís TosarSexo analLingua galega2003Vómito (grupo musical)Châmoa Gomes de PombeiroLista das aves de GaliciaNacionalismo galegoSulfato de cobre (II)Daniel de la TorreAmancio OrtegaAlcaldes da CoruñaPatacaWiki CommonsMéxicoXoán Antón Pérez-LemaPalas de ReiSemana Santa de ViveiroSergio DalmaA morte na literatura popular galegaYan GeVíctor DupláAgustín Reguera OcampoPrivacidadeCourseraAzorAdrián CastiñeirasSplicingSindicalismoBidueiroBenito SotoStellantisCastro CaldelasMario CaneiroRequintaRobert PattinsonZoroastrismoCebadaJosé Luis GilEsvástica1869HolocaustoBeatriz SerénMatriz identidadeOcéano ÍndicoLista de episodios de SerramouraLisboaTeobrominaBloque Nacionalista GalegoIndonesiaDominio público9 de abrilLuísa VillaltaLugoFrancisco Llanos MasCaptain Fantastic (filme)Grupo EroskiXosé Ramón Fernández-OxeaIbai LlanosA EstradaBragaIgrexa católicaCloroformoAymeric LaporteBaltimoreLista de palabras galegas de orixe celtaLerma, BurgosUS AirwaysAno (astronomía)Lista de castelos de PortugalVox populiXúpiter🡆 More