Luz Pozo Garza: Poetisa galega

Luz Pozo Garza, nada en Ribadeo o 21 de xullo de 1922 e finada na Coruña o 20 de abril de 2020, foi unha escritora, crítica literaria e poeta galega, unha das máis destacadas da literatura galega da segunda metade do século XX, renovadora tanto na forma como na temática abordada.

Códice Calixtino (1986, Sotelo Blanco Edicións) é unha das súas obras máis destacadas. En 1995 foi recoñecida coa Medalla Castelao. Dende 1996 foi membro numerario da Real Academia Galega, ocupando o cargo de vicesecretaria de 1997 a 2001. En 2007 foi proposta pola Asociación de Escritores en Lingua Galega para o Premio Nobel de Literatura. Os seus poemas foron traducidos ao castelán, portugués, catalán, francés, inglés, alemán, húngaro, ruso e xaponés.

Infotaula de personaLuz Pozo Garza
Luz Pozo Garza: Traxectoria, Obra en galego, Obra en castelán
Luz Pozo Garza: Traxectoria, Obra en galego, Obra en castelán
Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(gl) Luz Pozo Garza Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento21 de xullo de 1922 Editar o valor em Wikidata
Ribadeo, España Editar o valor em Wikidata
Morte20 de abril de 2020 Editar o valor em Wikidata (97 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Oviedo Editar o valor em Wikidata
Coñecido porCódice Calixtino
Actividade
Ocupaciónpoeta , escritora , crítica literaria Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoPoesía, ensaio
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeEduardo Moreiras (1982–1991)
Francisco Vázquez Ramudo (1944–)
FillosGonzalo, Mónica e Luz Vázquez Pozo
Premios
Sinatura
Luz Pozo Garza: Traxectoria, Obra en galego, Obra en castelán Editar o valor em Wikidata

Bitraga: 2872 AELG: 198 BUSC: pozo-garza-luz-1922-2020 Dialnet: 289980

Traxectoria

Filla de Gonzalo Pozo y Pozo, inspector veterinario e militante de Izquierda Republicana e Luz Garza Feijoo, mestra políglota, ata os sete anos de idade (1929) viviu en Ribadeo, onde comezou a estudar con Prieto Coussent, posteriormente residiu en Viveiro ata o verán de 1936. Con catorce anos de idade, por mor da Guerra civil española e da persecución da que foi obxecto seu pai, cofundador en Viveiro do Partido Republicano Radical Socialista, detido e preso na cadea dos sotos do edificio da emisora local de radio de Lugo, trasladouse coa súa nai e irmáns a vivir nunha fonda da rúa Bispo Aguirre desa cidade ata finais de 1938. Aos 15 anos de idade comezou a colaborar con Radio Lugo. Xa co pai liberado, e coa axuda do tío Román del Pozo y del Pozo, funcionario de facenda en Tetuán, foron a vivir a Larache (Protectorado Español de Marrocos). O seu único irmán varón, Gonzalo, mobilizado polo bando nacional, morreu no Hospital Militar de Jaca en 1939, aos vinte anos de idade.

Volveron a Viveiro en 1940. Durante eses anos de posguerra finalizou o bacharelato. Fixo estudos musicais de solfexo, piano, violín e laúde que deixaron unha singular pegada na súa poética, estudos de maxisterio e de filoloxía románica. Casou en maio de 1944 cun profesor seu da academia Minerva, Francisco Vázquez Ramudo, despois alcalde de Viveiro de 1957 a 1963, e tivo un fillo, Gonzalo (1945), e dúas fillas, Mónica (1959) e Luz (1962). Foi á Universidade de Oviedo a estudar literatura, sendo alumna de Carmen Bobes e Emilio Alarcos Llorach e licenciándose en Filosofía e Letras en 1963. Iniciou a andaina literaria primeiramente en castelán, para se decantar exclusivamente polo galego na década dos oitenta.

Os seus traballos foron publicados en Las Riberas del Eo, La Noche, Poesía Española, Ínsula, Vida Gallega, Ateneo Ferrolán e Galeuzca. Segundo a mesma autora, Dionisio Gamallo, foi o seu mentor. Frecuentou o trato cos poetas Luís Pimentel e Eduardo Moreiras, ao que coñeceu en 1948 e co que casou en segundas nupcias en 1982, tras divorciarse do seu primeiro marido. O pasamento de Moreiras, en 1991, afectoulle profundamente.

Desenvolveu en Badaxoz (moi pouco tempo), Corcubión (como directora), A Coruña e Vigo unha longa traxectoria de docente de lingua e literatura españolas no ensino secundario, xubilándose en 1987 no Instituto de Nigrán. Entre 1975 e 1976 codirixiu Nordés: revista de poesía y crítica xunto a Tomás Barros (aínda que tivo que figurar como subdirectora pola forte discriminación de xénero do réxime franquista). Promoveu tamén a creación da revista Clave Orión, que botou a andar en 1995.

Formou parte da promoción de enlace, entre a xeración do 36 e a xeración das Festas Minervais, canda Ramón González-Alegre, Faustino Rey, Antón Tovar, Tomás Barros, Xavier Costa Clavell, Eliseo Alonso, Manuel Cuña Novás, María do Carme Kruckenberg, Xosé Neira Vilas, José Ángel Valente, Manuel Blanco Mariño e Antón Santamarina Delgado.

Foi membro correspondente da Real Academia Galega dende 1950. A proposta de Xesús Alonso Montero, Carlos Casares e Salvador García-Bodaño, pasou a ser membro numerario o 29 de novembro de 1996, a segunda muller en facelo (tras Olga Gallego), pronunciando o discurso titulado Diálogos con Rosalía, respondido por Alonso Montero. Foi vicesecretaria da institución de 1997 a 2001, a única muller que ocupou un posto de dirección durante a presidencia de Francisco Fernández del Riego. Foi membro e directiva do PEN Clube de Galicia.

A poesía de Luz Pozo bebeu con frecuencia na fonte de Rosalía de Castro. O seu libro máis coñecido, Códice Calixtino, formado por poemas escritos basicamente na década dos oitenta, publicado por primeira vez no ano 1986 en Sotelo Blanco, na colección Leliadoura, é unha obra de plenitude na que se unen luz e sombra, paixón e melancolía, vida e morte, tradición e modernidade, mediante unha expresión intimista, unha obra para unha literatura na que Luz Pozo é confluencia de xeracións e creadora dun novo e vivo xeito de sentir a poesía. O comezo do século XXI foi tamén para a escritora un momento de exploración da inspiración gaélica, unha conexión literaria á que chegou por motivos familiares, reflectida en As arpas de Iwerddon (Linteo 2005).

Ten dado ao prelo numerosos traballos sobre Rosalía de Castro, Ramón Otero Pedrayo, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Rafael Dieste, Manuel Antonio, Xosé Luís Franco Grande, Álvaro Cunqueiro, Tomás Barros, Martín Codax e Luís Seoane que viron a luz en Grial e Nordés sobre todo.

Pronunciou conferencias nas Universidades de Berlín, Heidelberg, Tréveris e Bruxelas e participou en distintos congresos e seminarios nacionais e internacionais.

Luz Pozo foi, segundo Rosario Álvarez Blanco "unha voz ilustre na nosa poesía desde a publicación do seu primeiro poemario en galego, O paxaro na boca (1952), que inaugurou a colección Xistral". Na súa obra posterior Luz Pozo achega unha poesía inzada de sensualidade e profunda, na cal o amor, a inquedanza existencial, a patria, a liberdade e mesmo a morte se entrecruzan compondo textos de sublime autenticidade e madurez.

Finou como decana da poesía galega, aos 97 anos de idade, o luns 20 de abril de 2020, na Coruña, a cidade na que residía dende finais dos anos oitenta.

Obra en galego

Poesía

Naquela cidade
onde unha rapaza escribía un diario secreto
na noite
mentres o soño desvalido semellaba finxir
silencios compartidos
nesa vella cidade do norte
o primeiro poema de amor fluctuaba
coma un blues nostálxico
na noite.

— "Far blues". Códice Calixtino.

Ensaio

  • A bordo de "Barco sin luces" ou o mundo poético de Luís Pimentel, 1990, Sotelo Blanco.
  • Álvaro Cunqueiro e "Herba aquí ou acolá", 1991, Editorial Galaxia.
  • Galicia ferida: a visión de Luís Seoane, 1994, Ediciós do Castro.
  • Diálogos con Rosalía, 1996, discurso de ingreso na RAG.
  • Ondas do mar de Vigo: erotismo e conciencia mítica nas cantigas de amigo, 1996, Espiral Maior.

Antoloxías e obras colectivas

Luz Pozo Garza: Traxectoria, Obra en galego, Obra en castelán 
Plenario da RAG en 2013.

Himno

As súas acendidas prosas poéticas, inspiradas por Eduardo, teñen como fío argumental o itinerario sensual e sentimental de historia primeira dos amantes como presaxio e desenvolven, en dialéctica permanente, os temas da paixón erótica e da desolación sentimental, aínda que se superpoña sempre a primeira en apoteótico estalido cósmico de orxía dionisíaca.

— Carmen Blanco, 2006.

Compuxo a letra do Himno do Congreso Eucarístico de Viveiro, arranxado por Hernán Naval para a ocasión da homenaxe á Virxe dos Remedios feita na década dos noventa.

Obra en castelán

Poesía

  • Ánfora, 1949, Vigo, edición da autora. Con portada de Xosé Sesto representando a Dánae.
  • El vagabundo, 1952, Ribadeo, edición da autora.
  • Cita en el viento, 1962, Viveiro, edición da autora. Dedicado a Dionisio Gamallo.
  • Últimas palabras/Verbas derradeiras, 1976. A Coruña: Nordés.
  • Sol de medianoche, 2013, Eurisaces.

Premios e recoñecementos

Luz Pozo Garza: Traxectoria, Obra en galego, Obra en castelán 
Rúa na Pobra do Caramiñal.
Luz Pozo Garza: Traxectoria, Obra en galego, Obra en castelán 
Monólito homenaxe a Luz Pozo Garza en Ribadeo, xunto á capela da Virxe do Camiño.

En setembro de 2001 foi nomeada socia de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega (letra E), celebrando con ela a «Homenaxe á Escritora na súa Terra» en Ribadeo, chantando un monólito cun poema que seleccionou do libro Vida secreta de Rosalía. Ese mesmo ano, Ribadeo adicoulle unha rúa. Asemade, ten rúas adicadas no Burgo de Culleredo, na Coruña e na Pobra do Caramiñal.

En 2007 a AELG acordou, na asemblea anual celebrada no Museo do Pobo Galego, propoñela á Academia Sueca, canda Xosé Luís Méndez Ferrín, como candidata ao Premio Nobel de Literatura, sendo a primeira muller galega nomeada para un Premio Nobel.

En 2017, co gallo do seu 95 aniversario, a RAG rendeulle unha homenaxe. No acto recitáronse versos da súa autoría por dez poetas de distintas xeracións. A escolma foi recollida no opúsculo Un pozo de luz.

En 2018 déronlle o seu nome á Escola Oficial de Idiomas de Viveiro, concello que a nomeou filla adoptiva.

A finais de 2019 foi proposta para filla predilecta de Ribadeo, nun expediente instruído pola concelleira de Cultura, Pilar Otero Cabarcos. Foi nomeada o 18 de xaneiro de 2020. Despois do seu pasamento, o concello de Ribadeo decretou poñer as bandeiras a media hasta.

Galería de imaxes

Notas

  • Escrito en 1950 para o Premio de Poesía Adonais. Repite a portada de Sesto. Dedicado aos poetas Gerardo Diego, Gamallo, Rabanal e Moreiras. Inclúe ilustracións de Lugrís.
  • Elexía dedicada a súa neta, Natalia Vázquez, finada en 2012 aos 39 anos de idade. Con prólogo de Ramón Loureiro e epílogo de Javier González Lamelas.
  • Véxase tamén

    Bibliografía

    Outros artigos

    Ligazóns externas

    Vídeos externos
    Luz Pozo Garza: Traxectoria, Obra en galego, Obra en castelán  Rexistro de Nós X. M. Álvarez Cáccamo, UVigo, 2013.


    Predecesor:
      —  
     Luz Pozo Garza: Traxectoria, Obra en galego, Obra en castelán 
      Vicesecretaria da Real Academia Galega  
     
    1997 — 2001
    Sucesor:
    Salvador García-Bodaño

    Tags:

    Luz Pozo Garza TraxectoriaLuz Pozo Garza Obra en galegoLuz Pozo Garza Obra en castelánLuz Pozo Garza Premios e recoñecementosLuz Pozo Garza Galería de imaxesLuz Pozo Garza NotasLuz Pozo Garza Véxase taménLuz Pozo Garza192219951996199720 de abril20012007202021 de xulloA CoruñaAsociación de Escritoras e Escritores en Lingua GalegaCódice Calixtino (Luz Pozo Garza)Lingua alemáLingua casteláLingua cataláLingua francesaLingua húngaraLingua inglesaLingua portuguesaLingua rusaLingua xaponesaLiteratura galega do século XXMedalla CastelaoPoesíaPremio Nobel de LiteraturaReal Academia GalegaRibadeoSotelo Blanco Edicións

    🔥 Trending searches on Wiki Galego:

    Lipoproteína de BraunAmérica LatinaLeonardo da VinciSelección de fútbol de GaliciaBrasilLesakaVicepresidencia do Goberno de EspañaRaffaella CarràXinzo de LimiaFernando Salgado VarelaRevolución dos caraveisBatalla das Termópilas (-480)Benito KamelasNacionalismo galegoFrancisco AsoreyLabor Gallega (A Habana)LalínMRamiro CarregalFernando AlonsoMucha e NuchaDavid SuchetAires da miña terraMar MediterráneoVictoria Núñez LópezGoizuetaSílvia Orriols2015Couselo (planta)Rebeliom do InframundoHindemburg Melão Jr.Joan Manuel SerratOs pronomes persoais galegosVincent van GoghManuel RicoMaría Jesús MonteroCarlos SoberaWikipediaSistema operativoHolocaustoPaís Vasco (rexión histórica)Os vellos non deben de namorarseSegunda República EspañolaLisboaAlberto FortesCessna T-37 TweetAna Belén FortesAdolfo SuárezPrestigeGalaicosXosé Luís BernalRibeiraMártires de CarralAlbert EinsteinPapuxa das amorasXXX edición dos Premios GoyaEuropaRusiaGrupo SargadelosTito VilanovaReino de GaliciaFrancisco Varela OuroNava CastroPedro SánchezFentoLuisa CarnésArxentinaAntónio de SpínolaLuís SeoaneEleccións municipais en SadaRosalía de CastroCristina MaróGonzalo Louzao🡆 More