Filoloxía: Estudo da lingüística histórica a partir de documentos escritos

Denomínase filoloxía á parte da lingüística dedicada ó estudo dos textos, tanto na súa vertente etimolóxica, lexicolóxica, gramática histórica e literaria coma de conservación e restauración física das obras (inda que agora se adoita utilizar para este eido o nome de Biblioteconomía e Restauración).

Se ben a súa etimoloxía indica que debería significar "afección ó coñecemento" en xeral (de filo- e mais -logos), en realidade redúcese ó coñecemento lingüístico. Aplícase por extensión a todo o coñecemento lingüístico, e polo tanto as carreiras chamadas antigamente de "Filosofía e Letras" e logo "Lingua e Literatura" dunha determinada lingua véñense chamando "Filoloxía" desa lingua.

Filoloxía: Estudo da lingüística histórica a partir de documentos escritos
Facultade de Filoloxía da USC.
Filoloxía: Estudo da lingüística histórica a partir de documentos escritos
Facultade de Filoloxía da Coruña.

Ensino en Galicia

Ata a década dos anos 1980, os estudos de Filoloxía Galega adscribíanse coma unha sección de Filoloxía hispánica chamada especialidade en Filoloxía galego-portuguesa, pero logo foron segregados coma unha carreira á parte. Na actualidade a Filoloxía Galega estúdase nos campus de Santiago, A Coruña e Vigo. No ensino universitario galego, as filoloxías están centradas tradicionalmente na Universidade e Campus de Santiago de Compostela, se ben coa segregación das universidades coruñesa e viguesa puxéronse en funcionamento centros e facultades en varios campus.

A distribución das Filoloxías nos Campus galegos é a seguinte:

Universidade de Santiago de Compostela Campus de Santiago Filoloxías galega, hispánica, inglesa, francesa, italiana, alemá, portuguesa, románica e clásica
Campus de Lugo Filoloxía hispánica
Universidade da Coruña Campus da Coruña Filoloxía galega, hispánica e inglesa
Campus de Ferrol non hai filoloxías
Universidade de Vigo Campus de Vigo Filoloxía galega, hispánica, inglesa (e Tradución e interpretación)
Campus de Pontevedra non hai filoloxías
Campus de Ourense non hai filoloxías

Notas

Tags:

Conservación e restauraciónEtimoloxíaLexicoloxíaLingüísticaLingüística diacrónica

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

SeixoMaría CastroProfeta Habacuc (Donatello)O comparativo galegoLuis Ángel Lago LageViberPedro I do BrasilPaulino PereiroArco da vellaÁcido oleicoSingular e plural en galegoSímboloCarlos NegroEva Iglesias MiguénsAnxo AngueiraCastro de ViladongaJavier CasqueiroAna Belén FortesPascual VeigaAndy da FonteHTMLOuka LeeleLeopoldo RubidoCristina MaróSistema solarCarlo AncelottiRío MiñoFernando AlonsoSalvador IllaRevolución dos CaraveisJorge LorenzoDeportivo da CoruñaCohesiónGarfieldJesús Vázquez AlmuíñaLista de castelos de PortugalPeneIdeaJude BellinghamAviónUral Español Club de FútbolCarlos SedesPerífrases verbais galegasEstrella GaliciaDominio públicoAs aves na cultura popular galegaCarlos SoberaPosición do misioneiro invertidaLista de palabras galegas de orixe celtaLeBron JamesCanle (comunicación)Peter FondaLuís Pérez BarralMiguel de CervantesJason StathamCaso Asunta BasterraRaquel AtanesO divino saineteContactorCarlos MoyáManuel FragaOrdenadorFranz LisztÓpera de SydneyOFactorial descendente e ascendenteLugoAccidente de ChernóbilSantiago de CompostelaAC-440Manuel Leiras Pulpeiro🡆 More