Idea: Imaxe ou concepto mental

Unha idea (do grego είδον eidon: 'eu vin') é unha imaxe que existe ou se forma na mente.

A capacidade humana de contemplar ideas está asociada á capacidade de raciocinio, autorreflexión e a habilidade de adquirir e aplicar o intelecto. As ideas dan lugar ós conceptos, que son a base de calquera tipo de coñecemento, tanto científico como filosófico. Non obstante, nun sentido popular, unha idea pode suscitarse mesmo en ausencia de reflexión, por exemplo, ó falar da idea dunha persoa ou dun lugar.

Definición

Unha idea é un termo filosófico que se pode analizar baixo catro puntos de vista segundo José Manuel Fernández Cepedal (19502001):

  • Lóxico: a idea é un concepto que ten un significado.
  • Ontolóxico: a idea é algo material que existe no mundo real.
  • Transcendental: a idea é unha posibilidade do coñecemento.
  • Psicolóxico: a idea é unha representación mental subxectiva.

Orixe

Ideas platónicas

Platón sitúa as ideas no mundo intelixible, porque segundo el son a única fonte de verdadeiro coñecemento, ó ser:

  • Infinitas
  • Eternas
  • Inmutables (non cambian)
  • O seu coñecemento leva á verdade universal

Racionalismo

Os racionalistas inclináronse pola solución innatista: atribúen as ideas á Naturaleza do home.

Os empiristas sosteñen que a orixe das ideas hai que buscala na experiencia sensible; esta é a encargada de encher de contidos (ideas) a mente. Idea sería un contido mental resultado da acción dos estímulos sobre os sentidos do suxeito.

Clases

Racionalismo

Os racionalistas distinguen entre ideas claras, escuras, distintas, entre outras.

Empirismo

Os empiristas distinguen entre ideas de sensación e de reflexión, entre ideas simples e complexas; a natureza só proporciona ideas particulares; as xerais son produto da mente.

Tags:

Idea DefiniciónIdea OrixeIdea ClasesIdeaCienciaConceptoCoñecementoFilosofíaImaxeIntelixenciaLingua gregaMeditaciónMenteRazón (filosofía)

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Xosé Luís BernalJuan Carlos Rodríguez CebriánCampionato de España de segunda categoríaAlternativa dos VeciñosCarlos SedesContactorLuísa MerelasProduto interior brutoRubiáRicardo Sánchez VarelaProvincia de LeónXosé Luís BaltarLíbanoChico CésarCódigo QRCitania de SanfinsManuel CabezasLista de concellos de OurenseLondres25RomaThe ArtistOs mortos van á présaEvan EllingsonAcerbaixánManuel Curros EnríquezJosé Manuel Rey de VianaBidueiroFerrolSilva bravaAlcaldes da CoruñaSan Paio de Abeleda, Castro CaldelasOs demostrativos galegosA CoruñaFonteita, O CorgoSaga da FundaciónDeputación de OurenseLaosNava CastroMúsica tradicional galegaCaldas de ReisChulaProxyArzúaPosicións sexuaisDeportivo da CoruñaOrchataMadridEvelina HervellaFontao, A TeixeiraWikiTonhito de PoiArabia SauditaBenigno Lago EstévezDinahostingAmeixa (froito)Suso Vaamonde2003MiniQueen e SlimCharlie ChaplinJanja Lula da SilvaMaría Victoria de la Fuente AlonsoCopa do SarPauletaSésMarina CastañoQue me queres, amor?IndiaFreixoCeutaBorja VereaPaíses BaixosCouto MixtoA Escravitude, Cruces, PadrónBruce Springsteen🡆 More