Universidade Da Coruña: Universidade pública galega con sede na Coruña

A Universidade da Coruña é unha universidade pública, creada en 1989 coa lei de ordenación do sistema universitario de Galicia.

Encóntrase estruturada territorialmente en sete campus na Coruña —A Mestranza, Riazor, Elviña, A Zapateira, Oza, Bastiagueiro e Oleiros (estes dous no concello de Oleiros)— e dous en FerrolEsteiro e Serantes—.

Universidade da Coruña
Universidade Da Coruña: Historia, Facultades e escolas, Centros de investigación
Logotipo da UDC coa lenda Hac Luce ('Aquí, a luz').
Datos xerais
LocalizaciónA Coruña / Oleiros / Ferrol
Datos actuais
ReitorRicardo Cao
Alumnos21.136 (Curso 2010-2011)
Datos de contacto
EnderezoRúa da Mestranza, s/n. 15001 A Coruña Galicia Galicia
Páxina webwww.udc.gal
Facebook: udc.gal Twitter: udc_gal Instagram: udc_oficial Dialnet: 819036 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Universidade da Coruña posúe titulacións únicas en Galicia, como Arquitectura, Arquitectura Técnica, Enxeñaría de Deseño Industrial, Enxeñaría Naval e Oceánica, Podoloxía, Socioloxía ou Xestión Industrial da Moda.

Historia

Universidade Da Coruña: Historia, Facultades e escolas, Centros de investigación 
Entrada do reitorado da Universidade da Coruña, na Mestranza

A Universidade da Coruña foi creada o 20 de xullo de 1989 coa aprobación da Lei 11/1989 do 20 de xullo. O seu claustro constituínte aprobou en 1992 os estatutos e o primeiro programa universitario..

Alumnado

Desde a súa fundación, a Universidade da Coruña mantivo nos seus campus e centros adscritos un alumnadoo superior ou próximo aos vinte mil, co máximo nos inicios dos anos 2000. Desde a década de 2010, o alumnado foi diminuíndo. A evolución do alumnado foi a seguinte:

Universidade Da Coruña: Historia, Facultades e escolas, Centros de investigación

Facultades e escolas

Centros na Coruña

Universidade Da Coruña: Historia, Facultades e escolas, Centros de investigación 
Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, situada no Campus da Zapateira (A Coruña).
Universidade Da Coruña: Historia, Facultades e escolas, Centros de investigación 
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas (A Coruña).

Centros propios

Centros adscritos

  • Escola Universitaria de Relacións Laborais
  • Escola Universitaria de Enfermaría
  • Escola Universitaria de Turismo

Outros centros

  • Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa (CUFIE)

Centros en Ferrol

Centros propios

Centros de investigación

  • Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC)
  • Centro de Investigación de Tecnoloxías da Información e da Comunicación (CITIC)
  • Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA)
  • Centro de Investigacións Tecnolóxicas (CIT)
  • Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI)

Bibliotecas

A rede de bibliotecas da Universidade da Coruña conta con 17 espazos repartidos entre os campus ferroláns e coruñeses e un servizo central no Edificio Xoana Capdevielle no Campus de Elviña, amais dunha biblioteca dixital. En 2005 abriuse o repositorio da Universidade da Coruña, no que hai catalogadas obras producidas na universidade e dixitalizadas.

Campus de Ferrol

  • Biblioteca da Escola Politécnica Superior
  • Biblioteca da Escola Universitaria Politécnica
  • Biblioteca do Campus de Esteiro - Casa do Patín

Campus da Coruña

  • Universidade Da Coruña: Historia, Facultades e escolas, Centros de investigación 
    Biblioteca Casa do Patin Campus de Esteiro Universidade da Coruña
    Biblioteca da Escola Técnica Superior de Arquitectura
  • Biblioteca da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos
  • Biblioteca da Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  • Biblioteca da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
  • Biblioteca da Facultade de Ciencias
  • Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación
  • Biblioteca da Facultade de Ciencias da Saúde
  • Biblioteca da Facultade de Ciencias do Deporte e Educación Física
  • Biblioteca da Facultade de Dereito
  • Biblioteca da Facultade de Economía e Empresa
  • Biblioteca da Facultade de Filoloxía
  • Biblioteca da Facultade de Informática
  • Biblioteca da Facultade de Socioloxía e Ciencias da Comunicación

Administración

Reitoría

A máxima autoridade da Universidade da Coruña ostenta a súa representación, exerce a súa dirección, coordina a xestión tanto académica como administrativa, preside o Claustro Universitario e mais a Xunta de Goberno, executa os acordos do Consello Social, do Claustro Universitario e da Xunta de Goberno e responde da súa xestión perante o Claustro.

É elixido polo Claustro Universitario de entre os catedráticos de universidade e nomeado polo órgano competente da Xunta de Galicia. Ten un mandato de catro anos con posibilidade de reelección.

Vicerreitorías

As Vicerreitorías coordinan e dirixen as actividades no seu ámbito funcional ou xeográfico baixo a autoridade da reitoría. A Universidade da Coruña conta na actualidade coas seguintes:

  • Vicerreitoría de Estudiantes, Deportes e Cultura
  • Vicerreitoría de Planificación Económica e Infraestruturas
  • Vicerreitoría do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social
  • Vicerreitoría de Profesorado e Planificación Docente
  • Vicerreitoría de Títulos, Calidade e Novas Tecnoloxías
  • Vicerreitoría de Relacións Internacionais e Cooperación
  • Vicerreitoría de Investigación e Transferencia
  • Secretaría Xeral

Normalización lingüística

En decembro de 2007, o Consello de Goberno da UDC aprobou o Plano de normalización lingüística da Universidade. Este recolle o compromiso da institución a prol da normalización da lingua galega, tal e como establecen os seus estatutos. Este Plano veu completar o Regulamento de uso do galego desta institución, con que contaba desde o 2005. A través del, a UDC debe pór os recursos necesarios para aumentar o uso do galego dentro da institución. Cómpre lembrar que, segundo a Análise sociolingüística da Universidade da Coruña (2005), o galego é usado polo profesorado en apenas o 9% das aulas desta institución coruñesa.

Entre outras medidas recollidas no plano están a valoración do dominio oral e escrito do galego en todos os concursos para o acceso ao profesorado, o Servizo de Publicacións editará en breve cando menos a metade das súas publicacións en galego e as concesións de servizos e actividades de organismos xestionados pola UDC incluirán cláusulas lingüísticas. Ademais, os planos de formación continua do persoal de administración e servizos serán integramente en galego. Respecto ás materias, a UDC quere lograr que un terzo das materias obrigatorias e troncais sexan impartidas en galego.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Universidade Da Coruña HistoriaUniversidade Da Coruña Facultades e escolasUniversidade Da Coruña Centros de investigaciónUniversidade Da Coruña BibliotecasUniversidade Da Coruña AdministraciónUniversidade Da Coruña Normalización lingüísticaUniversidade Da Coruña NotasUniversidade Da Coruña Véxase taménUniversidade Da Coruña1989A CoruñaCampus de EsteiroCampus de SerantesFerrolGaliciaOleirosUniversidade

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Universidade de Santiago de CompostelaLista das aves de GaliciaToxo arnalPaís Vasco (rexión histórica)Heraldo de ViveroBélxicaRaquel Castro MartínezGoogleLola FloresJavier CasqueiroPanteón de Galegos IlustresRusiaFrancisco Castro VelosoBeraLuisa CarnésSexo analLista de deuses celtasPortolamoso, Curtis, CurtisEduardo PondalPecados capitaisMiss Vaca (certame)HJesús Vázquez AlmuíñaJohn Forbes NashÁreas lingüísticas do galegoRamón María del Valle-InclánNacionalismo galegoSupermanElvira Fernández BalboaMaría Jesús MonteroAna RomaníVáknerRepública ChecaSonia MéndezPalmaHomosexualidadeRembrandtMucha e NuchaEscáncerAsalto do bou EvaÁlex FidalgoEstado NovoLista de programas de Televisión EspañolaBandeira de GaliciaA chave das nocesÁlbum de la CaridadPOTANFrida KahloLontreiraMártires de CarralO divino saineteCanle (enxeñaría)Marmelo (doce)Sete SabiosInfinitivo conxugadoLeitzaAna Luísa BouzaValenciaGuerra civil españolapxhj6PúrpuraCataluñaMúsica tradicional galegaBoyanka Kostova (grupo musical)Totó GarcíaCarlos NegroNacho CastañoPampallínRede privada virtualSénecaParlamento de GaliciaMovimento das Forças ArmadasEditorial GalaxiaDos arquivos do trasnoMiguel Ángel Zabalza Beraza🡆 More