Podoloxía

A podoloxía é a ciencia sanitaria que ten por obxecto o estudo das afeccións e deformidades dos pés, abarcando o diagnostico e tratamento das mesmas mediante o tratamento das técnicas terapéuticas propias da súa disciplina.

Practicase por Wiki Galegopodólogos que obteñen a súa titulación tras catro anos de estudos universitarios.

Podoloxía
Estudante de podoloxía examina a flexión dorsal do hallux.
Aviso médico
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Historia

En 1955, crease a primeira Escola de Podoloxía pola Universidade de Barcelona, con obxecto de dar formación específica aos practicantes que exercían como cirurxiáns-calistas. Posteriormente, no ano 1962 crease a especialidade de Podoloxía para Practicantes e ATS volvendo a modificarse no 1998 cando se estableceron as directrices xerais dos plans de estudo para a obtención da titulación universitaria de podoloxía (Diplomatura en Podoloxía) que, coa chegada do Plan Boloña converteríase en Grao.

Campos

  • Quiropodoloxía. É a parte da podoloxía adicada ao tratamento das afeccións da pel e das unllas (durezas, calosidades, úlceras...) e das unllas (unllas encarnadas, engrosadas...)
  • Biomecánica. É o estudo e valoración dos apoios do pé, tanto en estática como en dinámica, co fin de avaliar posibles patoloxías para xerar solucións capaces de reparalas ou palialas.
  • Ortopodoloxía. É a confección de elementos podolóxicos, realizados a medida de cada persoa, que teñen por obxecto a prevención, tratamento e rehabilitación das enfermidades e anomalías do sistema músculo esquelético do pé.
  • Podoloxía preventiva. Acudindo a revisións anuais pódense tratar posibles patoloxía indoloras que poden ter nefastas repercusións para a marcha e para a estática.
  • Podoloxía pediátrica. Esta rama da podoloxía está especializada no estudo e tratamento dos pés infantís. Detectando problemas na estrutura do pé e na marcha do neno pódense solucionar ou mellorar e evitar complicacións en idades adultas.
  • Podoloxía deportiva. Dedicada ao estudo, diagnóstico e tratamento de lesións provocadas nos pés debido á actividade deportiva. Utilízanse técnicas para mellorar o rendemento e evitar lesións nestes pacientes
  • Podoloxía laboral. Cada vez máis, a podoloxía esta máis especializada nas patoloxías dos pés provocadas pola actividade laboral.
  • Podoloxía xeriátrica. Área dedicada ao estudo e valoración do pé do paciente ancián. O coidado dos pés durante a terceira idade, xunto cos tratamentos ortopédicos axeitado e/ou axudas para a marcha poden mellorar a independencia do ancián, previr caídas e outros problemas asociados coa inmovilidade.
  • Pé de risco. Estudo e valoración dos doentes considerados de pé de risco, como poden ser os diabéticos, aquelas persoas con problemas circulatorios...
  • Podoloxía reumática. Estudo das alteracións reumáticas do pé para o seu tratamento.
  • Podoloxía física. Terapia que inclúe ultrasóns, estimulación eléctrica ou terapias de exercicios tales como exercicios isocinéticos deseñados para diminuír a dor e a inflamación relacionada cos problemas biomecánicos.
  • Cirurxía podolóxica. Campo da podoloxía que se encarga de solucionar moitos dos problemas dos pés, como poden ser a patoloxías ungueais, patoloxía de partes brandas ou a osteoarticular.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Podoloxía HistoriaPodoloxía CamposPodoloxía Véxase taménPodoloxíaPodólogoPé (anatomía)

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

SangueMaría I de InglaterraMúsica das películas de Chano PiñeiroXeoloxíaCarballeda de AviaBaltimore21 LutetiaCarlos de Matos GomesRubén RiveraLámpada incandescenteIdade MediaLingua latinaAntonio BanderasAnguíaForcareiRocío JuradoÁcido palmitoleicoReino UnidoBaton Rouge, LuisianaBudapestEscociaLleidaQuiralidade (química)Primeira guerra mundialChikungunyaBloque Nacionalista GalegoBrasilÁcido behénico2005PatacaSelenaAtaque de denegación de servizoEucaliptoÁcido graxo esencialTransportador mitocondrialDía das Letras GalegasAntônio Carlos JobimEva Iglesias MiguénsAnte GotovinaPadrendaPeleoAletaRoko (actriz)MonterreiGalería de imaxes das Pontes de García RodríguezPericarditeProcellariidaePobo xudeuBatoideaEmma StoneWorld Trade Center (1973–2001)Maruca do MediterráneoÁcido heptatriacontanoicoIsambard Kingdom BrunelMarçal MolinéLinguas xermánicasGuerra de CroaciaEumetopias jubatusMatrimonio entre persoas do mesmo sexoAeroporto de Boloña-Guglielmo MarconiPremios Mestre MateoNana MouschouriEtiopíaArtemisaDécada de 1170BicogrosoCastro de BorneiroLand Rober Tunai ShowLugoRetorno a Tagen AtaTriglicéridoIllas GalápagosGran Premio do Reino Unido de 1989Keanu ReevesParque nacional🡆 More