Un parque nacional é, no marco lexislativo español, un espazo natural declarado como parque por estar pouco transformado pola explotación ou pola ocupación humana e que, en razón á beleza das súas paisaxes, a representatividade dos seus ecosistemas ou a singularidade da súa flora, da súa fauna ou das súas formacións xeomorfolóxicas, posúe uns valores ecolóxicos, estéticos, educativos e científicos, co cal a súa conservación merece unha atención preferente.
Poden ser marítimos ou terrestres, e encontrarse na montaña, no mar, no deserto ou en calquera outro espazo definido xeograficamente.
O único parque nacional galego é o Parque Nacional das Illas Atlánticas.
O termo de parque nacional pode ser unha figura legal similar noutros estados para a conservación de espazos naturais.
En España existen os seguintes espazos naturais clasificados como "parques nacionais":
Nome | Comunidade autónoma | Data de declaración | Superficie (ha.) |
---|---|---|---|
Aigüestortes i Estany de Sant Maurici | Cataluña | 21/10/1955 | 14119 |
Archipélago de Cabrera | Illas Baleares | 29/4/1991 | 10021 |
Cabañeros | Castela-A Mancha | 20/11/1995 | 40856 |
Caldera de Taburiente | Canarias | 6/10/1954 | 4690 |
Doñana | Andalucía | 16/10/1969 | 54252 |
Garajonay | Canarias | 15/3/1981 | 3984 |
Illas Atlánticas | Galiza | 1/7/2002 | 8480 |
Monfragüe | Estremadura | 2/3/2007 | 18396 |
Ordesa e Monte Perdido | Aragón | 16/8/1918 | 15696,20 |
Picos de Europa | Asturies | 24/7/1918 | 67127,59 |
Serra de Guadarrama | Madrid, Castela e León | 25/7/2013 | 33960 |
Serra Nevada | Andalucía | 11/1/1999 | 85883 |
Tablas de Daimiel | Castela-A Mancha | 28/6/1973 | 3030 |
Teide | Canarias | 22/1/1954 | 18990 |
Timanfaya | Canarias | 9/8/1974 | 5107,50 |
En Galiza ademais dos parques nacionais cabe engadir os espazos declarados polo goberno autonómico, os parques naturais. Ambas son as categorías de das áreas naturais protexidas de maiores restricións, co mesmo nivel de amparo e que lle corresponde á comunidade xestionalos. O único parque nacional galego é o Parque Nacional das Illas Atlánticas, que cobre ás illas Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada, todas nas rías Baixas. As illas Cíes foron declaradas en 1980 como parque natural e declaradas máis tarde, canda as demais illas das Rías Baixas, como Parque Nacional
A lexislación portuguesa ten recoñecido só ao Parque Nacional de Peneda-Gerês como parque natural. Este forma parte da reserva da biosfera galego-portuguesa Gerês-Xurés.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Parque nacional, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.