Illas Ons: Arquipélago pertencente ao Parque Natural Illas Atlánticas

8°56′00″O / 42.380556, -8.933333

    Para a páxina da illa principal do arquipélago véxase Illa de Ons.

As Illas Ons son un arquipélago nas rías baixas formado pola illa de Ons e a illa de Onza ou Onceta e outros illotes, como o das Freitosas, o Centulo e a Laxe do Crego. O arquipélago das Ons, ao igual que demais illas atlánticas galegas, son unha barreira natural das rías e as Ons pechan a boca da ría de Pontevedra. A illa de Ons é alongada e cun relevo pouco marcado. A súa pendente descende cara ao leste, cara ao interior da ría. A súa costa exterior é acentuada e ten múltiples furnas, escollos e paredes verticais no fondo mariño. A costa interior está resgardada e presenta praias e areeiros nos fondos. A illa de Onza é arredondada e cunha costa rochosa.

Illas Ons
Illas Ons: Xeografía, Galería de imaxes, Notas
Imaxe das illas Ons dende o espazo.
Illas Ons: Xeografía, Galería de imaxes, Notas
Illas Ons
Situación
PaísGalicia Galiza
ProvinciaIllas Ons: Xeografía, Galería de imaxes, Notas Pontevedra
ArquipélagoIllas Ons
MarAtlántico
Xeografía
Superficie4,458 km²
Longura máxima6,0 km (N-S)
Largura máxima1,5 km (L-O)
Punto máis alto128 msnm, Alto do Cucorno
Distancia a terra3,8 km
Demografía
CapitalBueu
Poboación80 (2010)

Namentres que as demais illas do parque natural deixaron de estar habitadas na década de 1970, a illa de Ons segue habitada. Acadou o seu máximo de ocupación na década dos 1960, no marco do plan de repoboación do Instituto Nacional de Colonización, cando esta tiña núcleos os poboación do Caño, o Curro, o Canexol, Pereiró, Cucorno, Chan da Pólvora e o Centulo, e que acollían a case 500 persoas. En 2018 na illa de Ons residían 65 persoas e tivo unha taxa de ocupación turísticas relevante. A súa poboación reside en vivendas rurais na costa do leste. As leiras destas aldeas mostran aínda hórreos e pequenas colleitas.

Os primeiros xacementos arqueolóxico das illas están no Chan de Pólvora e no Cano de Ons onde hai gravados rupestres que poderían datar do neolítico á idade de bronce. Na illa de Ons atópanse dous castros, pouco estudados, que son o Castelo dos Mouros e Cova da Loba. Na praia de Canexol hai restos dunha salgadura romana para peixe. As illas mencíonaas por primeira en vez por escrito Afonso III en 899 cando as chama illas "Aones" e as doou ao poder compostelá. No medievo puido ter asaltos viquingos e ter un mosteiro. As illas puideron quedar despoboadas desde o final do medievo ata o século XVIII polos asaltos como o de navíos ingleses. No século XIX fortificouse a illa de Ons e repoboouse, acadando un máximo a mediados do século XX. Desde o final da segunda guerra mundial as illas pasaron a ser administradas polo estado e a despoboarse, ata ser declaradas como espazos con interese de protección.

O litoral das Ons, que conta con múltiples espazos protexidos da marusía, e a riqueza de nutrientes das augas que afloran nas rías favorecen a presenta dun ecosistemas mariño cunha alta riqueza biolóxica. Na súa costa interior, máis resgardada, os areeiros son hábitats que acollen a especies de interese, como bivalvos. Na súa superficie destacan as barreiras dunares, como a praia e duna de Melide, os cantís e as matogueiras e queiroas. Así é, que as Ons desde o 2001 están protexidas por diferentes lexislacións. Forman parte do parque nacional das Illas Atlánticas de Galicia, están dentro do ZEC Complexo Ons – O Grove, constitúen o espazo de protección de aves ZEPA Illas de Ons e Onza, están dentro do OSPAR das Illas Atlánticas de Galicia e son un proxecto de protección de aves dentro do SEO/BirdLife.

Xeografía

O arquipélago das illas Ons está formado por dúas grandes illas e varios illotes:

  • Illa de Ons, de 5,5 km de lonxitude e 800 metros de largura.
  • Illa de Onza, de 32 hectáreas con forma rectangular.
  • A Freitosa, o maior illote, moi preto da costa suroeste da illa.
  • A Freitosa de Terra, illote xemelgo da Freitosa.
  • O Centolo, no seu extremo norte, de destacada forma. Trátase da parte do arquipélago máis achegada á terra firme.
  • O Cairo, situado fronte do antigo cemiterio da illa. É un farallón rochoso cunha característica forma de dente canino como indica o seu nome.
  • A Laxe do Abade, preto do peirao. Ten valor histórico por posuír no seu cumio un sepulcro antropomorfo medieval labrado na piedra.
  • A Pedra do Fedorento, ao sur do arquipélago.
  • Illa do Xuvenco, ao norte do arquipélago.
  • O Con dos Galos e outros de menor tamaño e importancia.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Tags:

Illas Ons XeografíaIllas Ons Galería de imaxesIllas Ons NotasIllas Ons Véxase taménIllas OnsCoordenadas xeográficas

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Toxo arnalRevolución galega de 1846Academia Chinesa de CienciasLie ZiBergantiños Fútbol ClubMaría del MonteParadigmas dos verbos irregulares galegosCándido Conde-Pumpido VarelaLuís DavilaCantanteSonsoles EspinosaDinís de PortugalOs PinosElla Baila SolaCetáceosBipartito galegoLista de concellos da CoruñaLista de filmes con versión en galegoA CoruñaMontse DopicoAccidente de ChernóbilJavier Arias FouzA EstradaJennifer LopezLista das aves de GaliciaMalvares de MoscosoAntón FraguasLucas VázquezGheadaEl laberinto del faunoLiga Feminina de BaloncestoCeleste CaeiroVigoPilar Vázquez CuestaPaís VascoAranoGondar, SanxenxoSantiago AbascalDies iraeJosé CoronadoTom Holland (actor)LoureiroLuar (programa)Eva MejutoIsidoro de SevillaEstragónPPegaXestaLista de cidades de IsraelEstíbaliz EspinosaAspiradoraAdolfo SuárezGatoSuízaLola FloresRafael LouzánJosé Ernesto Díaz NoriegaEleccións municipais de 2015 en GaliciaGacelaPegsatSuso Díaz EstévezSelena GomezDía do LibroNieves NeiraPastora Dominga González ViéitezGhaleb Jaber IbrahimRede privada virtualAna RomaníBragaCanle (comunicación)ExaculaciónRepública ChecaWXosé Ramón Fernández-Oxea🡆 More