Ría De Pontevedra: Accidente xeográfico galego

8°46′58″O / 42.3678, -8.7829

A ría de Pontevedra é unha ría pontevedresa das Rías Baixas. É unha das máis amplas das rías Baixas e ten unha forma regular e dunha lonxitude de 20 km2. Na súa boca están as illas Ons e no seu interior a illa de Tambo. O río Lérez chega ao mar por esta ría.

Ría de Pontevedra
Ría De Pontevedra: Xeografía, Economía, Conservación ambiental
Localización administrativa
EstadoGaliza Galiza
DivisiónGaliza Galiza
SubdivisiónPontevedra
Localización xeográfica
Océano / MarOcéano Atlántico
ContinenteEuropa
Coordenadas42°23′05″N 8°45′00″O / 42.38472, -8.75000
Xeografía
Afluentesrío Lérez (60 km.)
Cidades ribeiregasSanxenxo, Bueu, Pontevedra, Poio, Portonovo e Combarro
Accidentes
PenínsulasPenínsula do Salnés
Características
Superficie145 km²
Mapa
Ría De Pontevedra: Xeografía, Economía, Conservación ambiental
Localización

A pesca e a explotación de bateas é o motor económico da costa da ría. O alto número de praias da ría sustenta un turismo importante na rexión.

As illas Ons, que están na boca da ría, forman parte do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

Xeografía

Situación

Ría De Pontevedra: Xeografía, Economía, Conservación ambiental 
Marín e a ría de Pontevedra.

Está entre a ría de Vigo e a ría de Arousa e limítana polo sur o Punta Couso na península do Morrazo e ao norte o Punta Miranda da comarca do Salnés. A ría ten desde o exterior ao interior unha lonxitude de 20 km2. A súa área é duns 145 km2 co que ten volume aproximado de 3450 hm3 de masas de auga. A súa orientación, ao igual que súas dúas rías próximas, a de Vigo e Arousa, ten unha orientación NE-SW e é das rías máis formadas.

As illas Ons péchana parcialmente so seu exterior polo sur polo que a boca da ría están partida en dúas amplas entradas: unha ao sur de 7 km e cunha profundidade de 60 m e outra ao norte de 3,7 km e unha profundidade de só 14 m. A enseada de Aldán é unha pequena baía interior no exterior da súa entrada polo sur.

Na cabeceira do interior da ría desemboca o río Lérez e forma un esteiro. O caudal medio de entrada na ría de auga do Lérez é de 432 hm³.

Clima

O clima da rexión é oceánico atlántico e ten unha precipitación anual de 1500–1800 mm. A media anual das temperaturas das súas augas son 14 °C, aínda que en agosto é duns 20 °C. Os ventos no interior da ría dominan desde o sur no inverno e desde o norte no verán.

Hidrodinámica

A entrada de auga doce do río Lérez, que aporta o 80% da entrada de augas na ría, ten un impacto reducido no fluxo de augas da ría. A entrada de auga doce na ría é de 45 Hm3 anuais e é é principalmente do inverno. Os principais movementos das augas prodúcense pola entrada e saída de augas oceánicas e pulsos de afloramento. Ao igual que as demais rías galegas, a circulación das súas augas depende da entrada de augas dos ríos, da entrada de masas de auga desde a plataforma continental oceánica, da irradiación solar e do réxime de ventos. A auga está estratificada parcialmente durante o inverno, xa que hai unha entrada de auga desde o río e por que a auga se mestura máis. A estratificación é completa no verán grazas polo aumento da temperatura de auga da superficie e polo afloramento, unha entrada de augas frías polo fondo da ría. Estas condicións, xunto coa salinidade, favorecen unha circulación das correntes de auga en sentido positivo.

Poboación

Ría De Pontevedra: Xeografía, Economía, Conservación ambiental 
Pontevedra.

Nos municipios que rodean a ría habitan máis de 150.000 persoas. No verán a poboación ascende ás 200.000 persoas grazas ao turismo. O municipio máis poboado é a capital da provincia, Pontevedra, con máis de 83.000 habitantes, seguíndolle Marín con máis de 26.000 habitantes.


Economía

Pesca

Considerando as rías galegas, é a ría con maior concentración de portos e vilas adicadas ao sector pesqueiro. En particular o marisco supón un mercado gastronómico que xera emprego na costa da ría.

Turismo

Ría De Pontevedra: Xeografía, Economía, Conservación ambiental 
Vista aérea.

O turismo ten un peso significativo na economía do litoral costeiro da ría, e é unha das zonas con maior demanda turística de Galiza. Os concellos de Marín, coa súa Escola Naval Militar, Sanxenxo, Bueu, Pontevedra ou Poio, e localidades como Portonovo ou Combarro, cos seus típicos hórreos (canastros), son zonas con esa afluencia turística. A ría ten praias con demanda de visitantes como son a de Bueu, Aguete, Silgar, Mogor, Lourido ou Maxor. Os servizos recreativos que ofrecen portos como os de Sanxenxo van desde a vela á navegación. Desde a ría partiu unha das Volvo Ocean Race.

As illas Ons, do concello de Bueu, están dentro do Parque nacional das Illas Atlánticas, e son visitadas por lecer saíndo desde os portos de Sanxenxo, Marín e Bueu. Destacan as atalaias sobre a ría que hai no Grove ou o Cabo Home.

Conservación ambiental

Os portos e a industria que se atopa no seu litoral, e tamén nas cabeceiras dos ríos que chegan á ría, teñen un impacto neste ecosistema. É unha das rías galegas con niveis de contaminación intermedios e que se dan principalmente nas proximidades dos portos ou da costa.

O complexo industrial de Lourizán, Pontevedra, formando por ENCE e Elnosa, está no litoral da ría e adícase á produción de pasta de papel, derivados de biomasa forestal e compostos como cloro ou sosa cáustica; o cal causa un impacto contaminante nesta. A súa produción de pasta, de cloro e sosa supón unha vertedura dunha media de 96 mil m3/día de residuos á ría desde Lourizán. Iso supón unha entrada alta de materia orgánica, metais pesados, organoclorados, ligninas e algúns ácidos na auga. As elevadas concentracións de Hg na auga proceden do procesos electroquímicos e de produción do complexo industrial e focalízanse nos sedimentos próximos á planta. A concentración de metais pesados na ría, como Cu, Hg, Pb e Zn e que aparecen ligados a materia orgánica, están ligada ao uso portuario desta, como é en especial o caso de Marín. O Hg deposítase no solo pero a súa resuspensión depende da mobilización dos residuos depositados. Estes metais, diluídos na auga, entran na cadea trófica trala absorción por especies do fitoplancto ou por filtración nos bivalvos.

A ría ten contaminación elevada por verteduras de materia orgánica froito do lixo da poboación urbana tanto no seu interior, ao final do río Lérez, como no porto de Marín.

En 1987 formouse a Asociación Pola Defensa da Ría coa intención de reivindicar a limpeza e coidado dos bancos marisqueiros e a necesidade de recuperación da costa de Lourizán.

Galería de imaxes

Notas

Tags:

Ría De Pontevedra XeografíaRía De Pontevedra EconomíaRía De Pontevedra Conservación ambientalRía De Pontevedra Galería de imaxesRía De Pontevedra NotasRía De PontevedraCoordenadas xeográficas

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

MasturbaciónFran AlonsoO PorriñoCanle (comunicación)Paradigmas dos verbos irregulares galegosPorto, PortugalZeca AfonsoFuga de cerebrosApp Store (iOS)Gran Muralla ChinesaSemeBernardino GrañaTaboadaNieves NeiraOctavio AugustoOs ÁnxelesWinston ChurchillVietnamBurgosAterínidosApóutegaTito VilanovaIgnacio Rivera QuintanaJuana AcostaFernando Álvarez LamelasIsidoro de SevillaLeninismoTarragonaCuruxa comúnCouselo (planta)IrúnRosalía de CastroXurxo SoutoPirámide de necesidades de MaslowSistema operativoRenda básica universalTereixa ConstenlaFernando Salgado GarcíaLU-170Joan Manuel SerratOvidio RodeiroFilipe V de EspañaManuel González LópezNacionalismo galegoCarmen MéndezXapónMasturbación coas mamasSalvador García-BodañoDepartamento de ApurímacZakat al-FitrEduardo Valencia FernándezBenedicto García VillarPaís VascoXavier BlancoRedondelaJosé Manuel García-MargalloUnión Europea de RadiodifusiónAciñeiraMaría del MonteCristina Pérez HerraizLeonardo da VinciPSilvia SuperstarDonostiaBernd SchusterMontañésMaría Jesús MonteroDaniel de la TorreAustraliaAna María Fernández MartínezMelgachoMaría Antonieta de AustriaColocación do pronome átono en galegoMaría JamardoEscáncer🡆 More