Papeleira De Pontevedra

08°40′12″O / 42.41500, -8.67000

A papeleira de Pontevedra é un complexo industrial situado na parroquia de Lourizán, xunto á ría de Pontevedra. Está formado pola fábrica da empresa Ence.

Papeleira De Pontevedra
Vista do complexo desde Samieira.

Situación

O complexo está situado a medio camiño entre a cidade de Pontevedra e Marín, e ocupa unha zona de alto valor ecolóxico: está entre un importante banco marisqueiro e a Escola de Capataces Forestais e CIF (Centro de Investigacións Forestais) de Lourizán, dependente do CSIC e que data de principios do século XX.

Papeleira De Pontevedra 
Factoría de Ence.

Historia

A decisión técnica e o acordo político de situar a fábrica na ría tomáronse entre finais de 1955 e comezos de 1956. O gobernador civil, Rafael Fernández Martínez, deu unha rolda de prensa o 13 de xuño de 1955, confirmando a instalación da fábrica en Lourizán. Presidencia do Goberno publicou o decreto de constitución da empresa no Boletín Oficial del Estado o 20 de novembro do mesmo ano, inda que a formalización da Empresa Nacional de Celulosas de Pontevedra adiouse ata o 4 de abril de 1957. O enxeñeiro finlandés Kaarlo Amperla visitou a zona en xaneiro de 1956 e fixo un informe favorable. Dous meses despois, o 26 de marzo de 1956, Ricardo López Molero, enxeñeiro xefe do Ministerio de Obras Públicas cuxo titular era Fernando Suárez de Tangil, asina unha circular sobre a ocupación do terreo por parte do Instituto Nacional de Industria (INI), presidido por Juan Antonio Suances, para a instalación dunha fábrica de pasta de celulosas kraft. Francisco Franco inaugurouna o 13 de setembro de 1963.

Características

A fábrica de pasta de papel de celulosa da empresa Ence (Empresa Nacional de Celulosas) produce pasta que é enviada a outras fábricas para ser tratada e fabricar o produto final, se ben é o proceso de fabricación da pasta o que máis afecta ó medio ambiente.

A fábrica é obxecto de polémica. Ó longo dos anos foi medrando a contestación social na cidade, que sofría diariamente os malos cheiros derivados da emisión de mercaptanos, chegándose a crear a Asociación Pola Defensa da Ría. Co tempo demostrouse a concentración de metais pesados no produto do marisqueo do esteiro do río Lérez (grazas probablemente tamén á contribución de Tafisa) e comezaron as accións legais, aínda en curso.[Cómpre referencia].

No complexo industrial estivo a industria electroquímica da empresa Elnosa. Abastecía de cloro e outros produtos químicos á planta de pasta de papel, mais pechou definitivamente en 2020.

Na actualidade, dentro do recinto da factoría hai unha depuradora, pero semella que segue habendo problemas co emisor submarino.[Cómpre referencia]

Outras papeleiras (por exemplo a de Brandía, na Barcia, preto de Laraño, Santiago de Compostela) causaron menor polémica social debido ó seu menor tamaño e ó maior respecto co medio natural.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • López Torre, Rafael (2015): "La llegada de Celulosas a Lourizán", pp. 158–168 en Filgueira Valverde. Crónica de una alcaldía (1959-1968), 352 pp., Concello de Pontevedra e Faro de Vigo, D.L.: PO 314-2015 (en castelán).

Ligazóns externas

Tags:

Papeleira De Pontevedra SituaciónPapeleira De Pontevedra HistoriaPapeleira De Pontevedra CaracterísticasPapeleira De Pontevedra NotasPapeleira De Pontevedra Véxase taménPapeleira De PontevedraCoordenadas xeográficas

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Pere Pau Ripollès AlegrePedro RieloFabiola GarcíaIrene JunqueraSílvia OrriolsCohesiónFala de EstremaduraTECOR societarioBárbara ReyXosé Luís Méndez FerrínGeorgia O'KeeffeLista de palabras galegas de orixe celtaMaruxa MalloRoko (actriz)QueiroaLista de programas de Televisión EspañolaJosé Luís Valladares FernándezComarcas de GaliciaWayback MachineMoción de confianzaEleccións municipais en SadaPortugalToxo arnalBrasiliaPontedeumeRamón CabanillasMauro ScaloniXabier DeiveTito VilanovaVaca2020Zeca AfonsoMecanismo de AnticiteraMoulin RougeAlbert EinsteinLondresLedicia CostasHDiglosiaMucha e NuchaArxentina1868Gonzalo MellaCuruxa comúnÁlex FidalgoEleccións ao Parlamento de Galicia de 2024ViacrucisDiego AnidoEstado NovoAsalto do bou EvaCaraveleiraDavid PerdomoLucie IdloutLista das aves de GaliciaAires da miña terraTonhito de PoiLeopoldo RubidoOs ÁnxelesAntónio de Oliveira SalazarLaurent CantetSexo analCaquetáSabela (Operación Triunfo)Xosé Manuel BeirasFrancisco PazosRastroLingua inglesaAmérica LatinaFelaciónChorimaNúmero piCataluñaJosé Manuel Rodríguez PuenteFiúnchoJorge PeteiroLCarrizo (paxaro)🡆 More