Mucha E Nucha: Dúo humorístico galego

Mucha e Nucha, anteriormente coñecidos como Os dous de sempre, é o nome do dúo humorístico formado polos actores de Culleredo Marcos Pereiro e Xosé Antonio Touriñán.

Tamén se chaman "Cantareiras de Ardebullo" ou "Pandeireteiras de Ardebullo".

Mucha E Nucha: Traxectoria, Forma e estilo, Personaxes

Traxectoria

Comezaron en 2004 a facer actuacións soltas en obras colectivas de humor na sala Nasa de Santiago de Compostela e noutras salas e concursos de humor en Galicia. En 2007 comezan a participar puntualmente en programas da Radio Galega e, posteriormente, no programa de variedades da Televisión de Galicia máis lonxevo, o Luar. Remataron a súa colaboración con Luar o 30 de decembro do 2011, en pleno éxito, cunha emotiva despedida por parte dos seus compañeiros do programa.. En 2013 volveron á TVG protagonizando o programa A casa da Conexa que se mantivo ao longo de tres tempadas, ata 2015.

Forma e estilo

Mucha E Nucha: Traxectoria, Forma e estilo, Personaxes 
Laura Casares, Mucha e Nucha, Xosé Ramón Gayoso e Luis Zahera na gravación da 801ª emisión de Luar.

Baséanse no humor dialogado, en xeral entre os dous actores, de estrutura sinxela e baseado na retranca. O seu sketch básico consiste na adaptación dun tema de fondo, do que sae un rumor que non queren contar, pero que acaban contando. Por último cantan unha canción, normalmente adaptada e ridiculizada.

Personaxes

Mucha e Nucha son dúas irmás dun lugar chamado Ardebullo. Contan que son 13 irmás, e de entre elas, Carmucha forma parte do trío, pero explican que nunca pode asistir. Son fillas da Conexa, muller de reputación por ter as paletas moi longas. Tamén é personaxe de referencia habitual o Padre Nicanor, ó que lle dedican cancións e máis dun rumor.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Mucha E Nucha TraxectoriaMucha E Nucha Forma e estiloMucha E Nucha PersonaxesMucha E Nucha NotasMucha E Nucha Véxase taménMucha E NuchaCulleredoMarcos PereiroPandeireteirasXosé Antonio Touriñán

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Pablo IslaJesús Gil y GilAs dúas MaríasFollas novasXogoJosé Manuel LageBlanca RomeroO Pino, O PinoXesús PisónPablo PicassoGaliciaGarcilaso de la VegaMoisés Rodríguez PérezBreogánWalls (álbum de Louis Tomlinson)HTMLComadres das LetrasAntónio de Oliveira SalazarReal Club Celta de VigoCantares gallegosBuxo comúnCirrioSonia MéndezAmy WinehouseJorge Sanz MirandaSobreiraGloria FuertesArnaldo OtegiAlba ManceboCinema pornográficoXosé Luís BernalO lapis do carpinteiroJosé Calvo SoteloNadia ComăneciGuerra do PeloponesoSantiago de CompostelaA CoruñaAmieiroManchester United Football ClubDaniel CraigGabriel García MárquezLingua intereslavaRusiaGrândola, Vila MorenaIrmandiñosAgatha ChristieValenciaBragaLua (linguaxe de programación)Alberto FortesBucetaFerreiriño abelleiroInfinitivo conxugadoProtocolo de transferencia de arquivosParasitoRoko (actriz)AmazonPedro RieloOs EoasXurxo de CapadociaLagarto arnalSri LankaSonsoles EspinosaCalemburCaralloPolisíndetoPilar Bermejo Barrera🡆 More