Estíbaliz Espinosa: Escritora e artista galega

Estíbaliz Espinosa Río, nada na Coruña o 6 de xullo de 1974, é unha poeta, ensaísta, tradutora, cantante e comunicadora de ciencia galega.

Licenciouse pola Universidade da Coruña en Socioloxía e en Filoloxía Hispánica.

Infotaula de personaEstíbaliz Espinosa
Estíbaliz Espinosa: Traxectoria, Estilo, Obra en galego
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento6 de xullo de 1974 Editar o valor em Wikidata (49 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , música , poeta , astrónoma afeccionada Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoPoesía e ensaio Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Bitraga: 1463 AELG: 211 Dialnet: 2400718

Traxectoria

Poesía

O seu primeiro poemario en galego é Mecánica Zeleste (1999). onde xa apunta temas como a astronomía e a rebeldía poética. Publicou Pan (libro de ler e desler) (2000), –orama (2002) e Número e (2004), un ciclo con textos que aluden á ciencia, ao íntimo, á procura da identidade e a unha relación poética coa matemática. Neste conxunto hai referencias á ollada, á hibridación con outras ciencias e artes, e toca aspectos como a perspectiva de xénero, os contos de fadas ou a astronomía dende un sentido profundamente filosófico.

Zoommm.Textos biónicos (2007/2009) e Papel a punto de (2011) son obras poéticas experimentais sobre a bioloxía, a ciencia, a lingua e o sistema literario.

No poemario Curiosidade (2017), ilustrado por Celsius Pictor , consolida esta reflexión, ás veces con ironía, arredor da ciencia, a lingua, o xénero e a maternidade.

No poemario ...as neuronas irmás... (2018) tratou temas como a a conciliación do ser humano no cosmos, a bioloxía e a intelixencia artificial, e a sociopolítica familiar en torno ao dó pola morte dun ser querido.

Participa en revistas de ámbito nacional e internacional, como Dorna, Grial ou Strange Horizons.

Poesía, ciencia, música

Na rede foi escritora de varios blogs ...mmmm... [...], abra la cápsula, por favor. e sagasomos

Gravou audiopoemas (Instituto Cervantes de Nova York, El Gaviero, 2005), audiolibros propios e podcasts.

Pioneira na dirección de iniciativas de poesía, ciencia e música en galego como O entrelazamento, A ciencia do poema, As curiosas: son de letras+ciencias, Curiosas na Lúa (Deputación da Coruña, 2019), Escrita no ceo (Planetario de A Coruña, 2014), Porto ciencia/Porto poema (2023) ou Novembro Estelar (2021, 2022).

É unha voz convidada a numerosos festivais literarios nacionais e internacionais (Cosmopoética, Gales, La Mediterrània) e científicos (Naukas Coruña, A fotografía 51).

Codirixiu e presentou Ulalume, un programa literario na radio independente Cuac FM (1996-2001).

Traballou como actriz en varias obras de teatro e ópera (Peter Pan, O club da calceta, Don Giovanni, Evgeni Onegin, Turandot). É cantante profesional, tesitura de mezzosoprano. Cantou no coro da Orquestra Sinfónica de Galicia e Aisis e desenvolve traballo profesional como solista de jazz, música galega e canto lírico

Traballou no proxecto de poesía en planetarios Urban Travel Machines, coordinado por Philip Meersman, en Antuerpen, Bruxelas e A Coruña.

Estíbaliz Espinosa: Traxectoria, Estilo, Obra en galego 
Caricatura de Estíbaliz Espinosa.

Estilo

Na súa poética hibrida ciencia, filosofía e música, cun estilo literario perspicaz e moi recoñecible que combina a reflexión anovadora, o pensamento crítico e unha retranca ou ironía características da tradición literaria galega.

Está recoñecida como unha das voces máis potentes e singulares da literatura galega actual por críticos e xornalistas literarios como Mario Regueira, Montse Dopico, César Lorenzo ou Ramón Nicolás.

Obra en galego

Poesía

  • Mecánica zeleste (1999).
  • Pan (libro de ler e desler) (Sociedad de Cultura Valle-Inclán, 2000).
  • -orama (Deputación de Pontevedra, colección Tambo, 2002).
  • Número e (Espiral Maior, 2004).
  • Zoommm. Textos biónicos (A Regueifa Plataforma (descarga libre en www.aregueifa.net), 2007. Publicado como libro en Xerais no 2009).
  • Curiosidade (Aira Editorial, 2017). Ilustrado por Celsius Pictor.
  • ...as neuronas irmás... (XV Premio de Poesía Afundación-Pen Clube, 2018)
  • Constelación Maruja que muta noutras (Galicia Futura, Cidade da Cultura, 2021). Ilustrado por Miguel Robledo

Ensaio

  • Curiosas na Lúa (Deputación provincial da Coruña e A Curiosa, 2020)
  • Poesía hexágono (Apiario Editorial, 2014)

Relato

  • Cápsulas de son. 13 relatos sobre científicas (iBooks, 2015).

Tradución

  • A illa curiosa e a tradución do universo, VV AA (Col. Cíes, Deputación provincial de Pontevedra, 2016)
  • Cómo escribir una canción de amor, de Sholeh Wolpé (Olifante, 2016)
  • O universo de Dona Pega, de Juan Carlos Medal, Jaítos (7emilias e Concello da Coruña, 2022)
  • Un compromiso co asombro, de Rebecca Elson (Galaxia Editorial, 2023)

Con outras artes

  • Vídeopoema Neuronas a ceo aberto (Galicia Futura, Cidade da Cultura, 2021), realizado por Lucía Estévez
  • Audiolibro Constelación Maruja da plaquette poética sobre Maruja Mallo (Cidade da Cultura, 2021)
  • Vídeopoema río invisible. Vía Láctea Dirixido por Juan Lesta
  • Vídeopoema No xardín nocturno de Antonia Dirixido por Juan Lesta
  • Gustav Henningsen. O danés curioso en Ordes (aCentral Folque, 2018) Libro de fotografía
  • Calendario de Ceos Galegos Astrofotografía 2021, 2022, 2023, 2024

Literatura infanto-xuvenil

  • Caer de cu polo universo (Apiario, 2015).
  • Abominables adorables (7emilias e Concello da Coruña, 2022; reeditado por Baía Edicións, 2023)
  • Canto Cosmos (Edicións Embora, 2024). Ilustrado por Clara Cerviño.
Estíbaliz Espinosa: Traxectoria, Estilo, Obra en galego 
En 2018 en Pontevedra.

Obras colectivas

  • O libro dos abanos (palabras no aire) (Follas Novas, 2002).
  • XVI Festival da Poesia no Condado. Outro mundo é posível (S. C. D. Condado, 2002).
  • Mujeres de carne y verso (La Esfera, Madrid, 2002). Edición bilingüe galego-castelán.
  • Poesía Galega Contemporánea III 1975-2000, La Voz de Galicia. Edición bilingüe galego-castelán.
  • Sprache ist alles...(Ed. Klett-Cotta, Stuttgart)
  • Alma de beiramar (Asociación de Escritores en Lingua Galega, 2003).
  • Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina (Fundación Araguaney, 2003).
  • Negra Sombra (Espiral Maior, 2003).
  • Das sonorosas cordas (Eneida, Madrid, 2005).
  • O desafío das ondas (Autoridade Portuaria da Coruña, 2005).
  • Que la fuerza te acompañe/May the force be with you (Salamandria, 2005).
  • Son de poesia (Edições Fluviais, Lisboa, 2005).
  • Do máis fondo do silencio saen voces (Asociación Cultural Panda de Relacións Laborais, A Coruña, 2006).
  • Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo (Difusora, 2006).
  • A Coruña á luz das letras (Trifolium, 2008).
  • Letras novas (Asociación de Escritores en Lingua Galega, 2008).
  • Erato bajo la piel del deseo (Sial Ediciones, 2010).
  • Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís (A Nave das Ideas, 2011), libro electrónico.
  • Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro (AELG, 2011), libro electrónico.
  • As que rubimos montañas (2012, Meubook/Implicadas).
  • A cidade na poesía galega do século XXI (2012, Toxosoutos).
  • Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto (2013, A. C. Caldeirón).
  • Poesía Hexágono. Ollada e Experiencia. Proposta e resposta nas aulas (2014, Apiario).
  • 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).
  • Os aforismos do riso futurista (2016, Xerais).

Obra en castelán

  • Papel a punto de (2011). El Gaviero.
  • Ana la Gaviera (2014). El Gaviero.

Traducións

En alemán

  • Sprachbuch (2003). Ernst Klett Sprachen.

En inglés

  • Supernatural Tongue (2016). Tradución ao inglés de Lawrence Schimel. Strange Horizons.

En italiano

Premios

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Estíbaliz Espinosa TraxectoriaEstíbaliz Espinosa EstiloEstíbaliz Espinosa Obra en galegoEstíbaliz Espinosa Obra en castelánEstíbaliz Espinosa TraduciónsEstíbaliz Espinosa PremiosEstíbaliz Espinosa NotasEstíbaliz Espinosa Véxase taménEstíbaliz Espinosa19746 de xulloA CoruñaCantoDivulgación científicaEnsaio (literatura)GaliciaLicenciaturaPoesíaSocioloxíaTraduciónUniversidade da Coruña

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

José María BesteiroRakel WinchesterLatitudeTamara CanosaSan Xosé de Ribarteme, As NevesChimpínMario Vargas LlosaSevillaCantiga de amigoMarylandIdade MediaÁreas lingüísticas do galegoEl tiempo entre costuras (serie de televisión)d05oxSalviaUNVIFernão de MagalhãesPonte das PíasSergio DalmaValenciaDecímetroIndonesia1869Marxista28 de marzoMedio dólar do Sesquicentenario de Lexington-ConcordStephen HawkingLiberalLingua galegaPortomarínAgustín Reguera OcampoProxyEnid BlytonVíctor CoyoteLista de episodios de Sakura, cazadora de cartasC. TanganaBadalonaBeatriz SerénJoaquin PhoenixDiscoverer Enterprise9 de abrilJosé Manuel LageCastro CaldelasLingua casteláPenélope CruzMaría PitaÑBenidormMSalgueiroHipotensiónMúsica tradicional galegaMasturbación coas mamas22ª edición dos Premios Mestre MateoRosalía (cantante)Torre EiffelVladimir Putini0tj9Boyanka Kostova (grupo musical)TartánBaltimoreÁlvaro MorataPonte de RandeAirbus A350Música das películas de Chano PiñeiroHeptosaTom HanksContactXabier DeiveSalamancaFelaciónAlbert CamusXosé Ramón Fernández-Oxea🡆 More