Thomas Jeffrey Tom Hanks, nado o 9 de xullo de 1956 en Concord (California) é un actor estadounidense gañador dos Premios Óscar e do Globo de Ouro, considerado un dos máis versátiles e talentosos do cine.
Os seus pais divorciáronse cando tiña apenas cinco anos. Viviu co seu pai, que era cociñeiro, e que cambiaba constantemente de lugar de traballo e de parella. Por iso é polo que Hanks viviu en diferentes cidades e estados do país, ata que se asentou en Oakland (California).
Tom Hanks comezou a actuar en obras teatrais no instituto e posteriormente na universidade de Sacramento. Pouco despois trasladouse a Nova York, onde coñeceu á que sería a súa esposa, a actriz teatral Samantha Lewes. A voda levarona a cabo en 1978, pero tras uns anos de matrimonio, nos que tiveron dous fillos, divorciáronse en 1985.
A primeira película de Tom Hanks foi o filme de terror Hei knows you're alone, en 1980. Posteriormente encasillouse durante uns anos no xénero da comedia. A popularidade chegoulle cando apareceu na película 1, 2, 3... Splash, de 1984, á beira de Daryl Hannah.
En 1988 Hanks contraeu matrimonio por segunda vez, coa actriz Rita Wilson, á que coñeceu na rodaxe da película Volunteers (1985), e con quen tivo outros dous fillos. Con Forrest Gump acadou a fama e converteuse nun dos actores máis solicitados dos últimos anos.
Tom Hanks gañou dous Oscar por Filadelfia (1993) e por Forrest Gump (1994), e foi nomeado noutras tres ocasións por Big (1988), Saving Private Ryan (1998) e Cast Away (2000). Tamén conseguiu catro Globos de Ouro e dous nomeamentos adicionais a este premio.
Logo de realizar algúns episodios de series televisivas como Talles from the Crypt, Tom Hanks debutou en 1996 como director de longametraxes con That Thing You Do!.
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2000 | Óscar ó mellor actor | Cast Away | Candidato |
1998 | Óscar ó mellor actor | Saving Private Ryan | Candidato |
1994 | Óscar ó mellor actor | Forrest Gump | Gañador |
1993 | Óscar ó mellor actor | Filadelfia | Gañador |
1988 | Oscar ó mellor actor | Big | Candidato |
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2000 | Globo de Ouro ó mellor actor - Drama | Cast Away | Gañador |
1998 | Globo de Ouro ó mellor actor - Drama | Saving Private Ryan | Candidato |
1994 | Globo de Ouro ó mellor actor - Drama | Forrest Gump | Gañador |
1993 | Globo de Ouro ó mellor actor - Comedia ou musical | Algo para recordar | Candidato |
1993 | Globo de Ouro ó mellor actor - Drama | Filadelfia | Gañador |
1988 | Globo de Ouro ó mellor actor - Comedia ou musical | Big | Gañador |
Ano | Categoría | Serie | Resultado |
---|---|---|---|
2002 | Mellor miniserie | Band of Brothers | Gañador |
Mellor dirección nunha miniserie, telefilme ou especial dramático | Band of Brothers | {Gañador |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Tom Hanks, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.