Universidade De Padua: Universidade italiana

A Universidade de Padua (en italiano Università degli Studi di Padova, UNIPD) está en Padua, Italia.

Foi creada en 1222. É unha das universidades europeas máis antigas e a segunda máis antiga de Italia. En 2003, a universidade tiña uns 65.000 estudantes.

Universidade de Padua
Universidade De Padua: Historia, Profesores e alumnos destacados, Notas
Datos xerais
LocalizaciónPadua, Véneto
Fundación1222
Datos actuais
Alumnos65000
Datos de contacto
Facebook: universitapadova Twitter: UniPadova Instagram: unipd Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia

Orixe na Idade Media

Adóitase dicir que a universidade foi fundada en 1222 cando un gran grupo de estudantes e profesores deixou a Universidade de Boloña. Fixérono para buscar máis liberdade académica ('Libertas scolastica'). As primeiras materias que se impartiron foron dereito e teoloxía. O currículo foise agrandando rapidamente, e en 1399 a institución dividiuse en dous: a Universitas Iuristarum de dereito civil e dereito canónico, e unha Universitas Artistarum que ensinaba astronomía, dialéctica, filosofía, gramática, medicina e retórica.

Idade Moderna

Esta universidade historicamente foi unha das máis prominentes no desenvolvemento da educación superior en Europa. Durante a súa historia, a universidade acolleu a importantes figuras como Galileo Galilei, que ensinou na universidade no século XVI, e Nicolao Copérnico, alumno desta institución.

Desde 1545, a universidade ten como sede principal o Palazzo Bo, que antes era propiedade dun carniceiro, polo que tivo como símbolo a cabeza dun boi.

Padua foi a primeira universidade en darlle un título académico a unha muller, Elena Lucrezia Cornaro Piscopia, que obtivo a súa licenciatura en filosofía o 25 de xuño de 1678.

O xardín botánico de Padua, aberto ao público en 1545, é o segundo do mundo (despois do de Pisa, inaugurado en 1544, aínda que a localización deste último cambiou co paso do tempo). A universidade tamén xestiona nove museos, entre os que se atopa o Museo de Historia da Física.

Desde 1595, o famoso Teatro Anatómico de Padua atraeu a artistas e científicos que estudaron o corpo humano durante as diseccións públicas. É o anfiteatro anatómico permanente máis antigo de Europa. O anatomista Andreas Vesalius publicou en 1543 De Humani Corporis Fabrica. O libro espertou un gran interese público polas diseccións e provocou que outras cidades europeas estabelecesen teatros anatómicos.

Idade contemporánea

En 1943 o reitor Concetto Marchesi convidou publicamente aos estudantes a rebelarse e loitar contra o fascismo, acción que o obrigou a fuxir a Suíza. Polas súas actividades nas loitas de liberación contra o nazifascismo, a Universidade de Padua é a única en Italia en recibir a medalla de ouro ao valor militar.

Nos últimos anos, a Universidade foi capaz de facer fronte aos problemas de masificación redistribuíndo todo o seu complexo universitario sobre o Véneto. En 1990 naceu o Instituto de Enxeñería en Vicenza e en 1995 o Agripolis no centro de Legnaro.

Reputación e clasificacións

A Universidade de Padua é consistentemente clasificada como unha das mellores universidades de Italia e de Europa, tanto nas ciencias como nas humanidades. A súa excelencia académica e a súa contribución á investigación son amplamente recoñecidas a nivel mundial en ránkings de impacto universitario como Times Higher Education, ANVUR, QS 2020, etc.

Profesores e alumnos destacados

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Universidade De Padua HistoriaUniversidade De Padua Profesores e alumnos destacadosUniversidade De Padua NotasUniversidade De Padua Véxase taménUniversidade De Padua12222003EuropaItaliaLingua italianaPaduaUniversidade

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Selena GomezNoelia ReyGuillermo VicenteConcellos de GaliciaARDAdolf HitlerJuan CorralCarlos CasaresGuerras púnicasÁlex FidalgoBrieva, ÁvilaXinzo de LimiaLeninBibiana FernándezNegueira de MuñizRocco SiffrediLista de concellos da CoruñaO divino saineteHermisendePaulino PereiroMela Casal26 de abrilOs vellos non deben de namorarseCarlos Blanco VilaGallaeciaEduardo Paredes RodríguezLuís DavilaAntónio de Oliveira SalazarReal Academia GalegaMarie CurieLOs ÁnxelesMiguel SolísDavid SilvaJosé Ramón Soraluce BlondBóvedaSteve JobsSegoviaMártires de CarralXabier DíazSexo analXHamsterParadigmas dos verbos irregulares galegosJuan Carlos Rodríguez CebriánIndiaLuar (programa)Verbos galegos facer, dicir e haberLista de presidentes da República PortuguesaManuel FragaTaylor SwiftPirámide de necesidades de MaslowJorge LorenzoEscudo de GaliciaMiguel Anxo BastosImmanuel KantPilar AlegríaXabier DeiveErros e TánatosKarmaSemeFranz KafkaJéssica BouzasCidade do Vaticano1890A viaxe de ChihiroJuan MagánBerrogüettoCanle (comunicación)LobernoHindemburg Melão Jr.Rosario DúrcalLeymaThe RapantsNerónFederico García LorcaPedro RieloSuso Díaz Estévez🡆 More