Karma

Karma (do sánscrito कर्म karmam; en pali, Kamma) significa acción.

O termo ten uso relixioso dentro das doutrinas budista, hinduísta e xainista. Foi posteriormente adoptado tamén pola Teosofía, polo Espiritismo e por un subgrupo significativo do movemento New Age.

Nó sen fin.
Nó sen fin.
Roda de oracións de templo nepalí.
Roda de oracións de templo nepalí.
Os símbolos do karma son motivos comúns en Asia. O nó sen fin simboliza a ligazón entre a causa e o efecto, o ciclo kármico que continúa eternamente. O nó sen fin é visible no centro da roda de oracións.

Non obstante, débese notar que non hai moita consistencia de uso do termo ou de interpretación do seu significado. As relixións utilizan o termo karma para expresar un conxunto de accións dos homes e as súas consecuencias. Este termo, na física, é equivalente á lei: "Para toda acción existe unha reacción de forza e sentido contrario". Neste caso, para toda acción realizada polo ser humano, este pode esperar unha reacción. Se practicou o mal, entón recibirá de volta un mal en intensidade equivalente ao mal causado. Se practicou o ben, entón recibirá de volta un ben en intensidade equivalente ao ben causado. Dependendo da doutrina e dos dogmas da relixión discutida, este termo pode parecer diferente, porén a súa esencia focalízase sempre nas accións e nas súas consecuencias.

Karma segundo o Budismo

No Budismo, kamma ou karma é a palabra para "acto" ou "acción", e nese sentido úsase a palabra en textos máis antigos para ilustrar a importancia de desenvolver actitudes e intencións correctas. Considérase que por xerar karma os seres están presos ao Samsara, e polo tanto a meta última da práctica budista é extinguir o karma.

Non todas as ramas do Budismo lle dan importancia ao karma, como por exemplo a rama zen.

Karma segundo o Esoterismo

Algúns movementos esotéricos adoitan falar do karma no sentido de "conxunto de deméritos acumulados" e en dharma como "conxunto de méritos acumulados" (polo tanto o contrario de karma). Esa terminoloxía non é consistente co uso tradicional das relixións orientais, principalmente porque dharma significa ensino ou verdade en vez de mérito ou virtude.

Véxase tamén

Outros artigos

  • Karma yoga

Ligazóns externas

Karma segundo o Budismo

Karma (ou Carma) segundo o Espiritismo

Karma segundo o Hinduísmo

Tags:

Karma segundo o BudismoKarma segundo o EsoterismoKarma Véxase taménKarmaBudismoHinduísmoLingua paliLingua sánscritaTeosofíaXainismo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Domingo García-SabellPablo MartinezFrancisco Castro VelosoPoesíaLista de exónimos en galegoShinovaNacho CastañoFesta da Palabra SilenciadaCharles DarwinNational Portrait GalleryAC-211NoiaBeraEmilio Aragón ÁlvarezCarlos SoberaRusiaHXXXTentacionAC-1412020Grupo SargadelosMalena AlterioDoenza de Paget de mamaDodecágonoXosé FortesLuis Carrero BlancoFlorentino López CuevillasProxyMartín SarmientoPortugalYolanda CastañoWikiLista das aves de GaliciaHistoria de GaliciaXosé Neira VilasVila de CrucesAntón Villar PonteMamen MendizábalXosé Manuel PiñeiroCamiño de SantiagoIgantziPontedeumeCabo Norte, NoruegaMario CaneiroRafael NadalAC-101Xabier DíazBatalla das Termópilas (-480)RastroLista de ósos do esqueleto humanoNeptunoHenrique VIII de InglaterraJuan Jacobo Durán LorigaVangardasOurioloNúmero piO incerto señor Don HamletAlberte PagánVento feridoPorno suaveArmando BlancoFrancisco PazosJosé Luís Valladares FernándezOs demostrativos galegosPemento de PadrónCalorMemorias dun neno labregoJuana AcostaGabriel RufiánSalvador IllaVichelocregoLola FloresSete Sabios de GreciaXunta Suprema do Reino de GaliciaRomariz, Riós, Riós🡆 More