Retórica: Arte da elocuencia

Lausberg, no seu Manual de Retórica Literaria, define a retórica como a arte ou a técnica que consiste na sistematización e explicitación do conxunto de instrucións ou regras que permiten a construción dunha clase de discursos que son codificados para influír persuasivamente no receptor.

Debemos ademais de entender por retórica a ciencia que se ocupa do estudo de ditos recursos nos seus diferentes aspectos.

A retórica como ciencia atende tanto á organización textual como ás relacións que dita organización posúe co relator, o público, o referente e o contexto comunicativo. Esta realidade fai necesario distinguir entre o texto ou discurso retórico, por unha banda, e o feito retórico, pola outra:

Historicamente, a retórica é a disciplina clásica do discurso, e ten, ademais, unha función pragmática: convencer ó interlocutor de que unha causa é xusta. Mais a retórica evolucionou moito desde Aristóteles. Hoxe en día, desde unha perspectiva estilística, lingüística e semiótica, obsérvase un renovado interese, que pretende a consecución dunha retórica xeral que teña como obxecto todo texto, as estruturas extratextuais asociadas, a explicación da complexa produción do discurso e o seu tratamento artístico.

Se só nos preocupa o texto literario, a disciplina que se basea na adecuación do instrumental retórico para o estudo literario e do feito literario como fenómeno de produción e recepción social, denomínase poética.

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Convento de Santa Clara de Santiago de CompostelaJosé Antonio MonagoAnselm KieferBarroInglaterraPosición do misioneiro invertidaLucie IdloutOs EoasTomiñoCaso Asunta BasterraClint EastwoodCastro de Santa TregaVento feridoAlgas verdes3/24RemolachaArnold SchwarzeneggerBeatriz MatoAllMovieISBNPegaThe BeatlesBariCarlos NegroFingeringHarry S. TrumanChuchamelEstado IslámicoIdade MediaMesopotamiaSevillaLaura PonteRafael NadalCélula pancreática acinarAlternativa dos VeciñosMarisol Díaz MouteiraLa Libertad (Betanzos)Estadio Santiago BernabéuXavier BlancoJosé Ortega y GassetAbraham CupeiroErros e TánatosLuis Mateo DíezRocco SiffrediTomás Pérez VidalAlfabeto galego1994Henrique VIII de InglaterraWatergatePrimeira división española de fútbolLamento da FrouseiraSarriaReal Academia GalegaGalego-portuguésMaría do Socorro Ortega RomeroGalicia estremeiraTArxemundoInternetLiga ÁrabeUniversidade de Santiago de CompostelaUxío NovoneyraEduardo Blanco AmorHesbuláNuno García PicoCristianismoXinzo de LimiaTreboadaMosDiáspora galegaJPrimeira guerra mundialMáquina de vaporMasculino e feminino en galegoSecretaría Xeral de Política LingüísticaGabriel García Márquez🡆 More