8°32′47.7″O / 42.837444, -8.546583
Luar é un programa da Televisión de Galicia. Trátase dun dos grandes éxitos da TVG, sendo líder de audiencia na súa franxa horaria e cunha especial relevancia na audiencia entre os galegos emigrados a través de Galicia TV. Mantense no aire desde o 30 de setembro de 1992, presentado dende os seus inicios por Xosé Ramón Gayoso.
Luar | |
---|---|
Presentado por | Xosé Ramón Gayoso Esther Estévez |
Cadea | TVG |
Día da estrea | 30 de setembro de 1992 |
Na rede | |
https://crtvg.gal/luar | |
Dirixido por Teo Manuel Abad e Xosé Ramón Gayoso, realizado por Teo Manuel Abad e presentado tamén por Xosé Ramón Gayoso. Emítese en directo desde o Plató 1000 en Montouto, Teo, os venres á noite. É un programa eminentemente musical que lle dá un amplo espazo á música galega sobre todo á tradicional, aínda que no programa hai espazo para o humor e os concursos. O programa repítese os domingos ás 16:15.
Moitas figuras do audiovisual e da música galega fixeron as súas primeiras aparicións nel ou ben fixéronse coñecidos en toda Galicia como Luís Tosar, Mercedes Peón, Paula Vázquez ou Os Tonechos, pero en total pasaron polo programa máis de 5.000 artistas.
O programa Luar celebra cada ano o concurso Miss Vaca onde 4 vacas compiten representando a cada unha das provincias galegas. Durante a emisión do programa o público pode votar pola súa vaca favorita por vía telefónica ou a través das redes sociais.
Esta é unha lista (incompleta) dos participantes máis destacados no programa:
Tempada tras tempada sitúase entre os cinco primeiros na clasificación dos programas galegos máis vistos. Luar foi o quinto programa máis visto da TVG na tempada 2006-07, con 181.000 espectadores de media e o segundo en cota de pantalla cunha porcentaxe do 22,71%. Na tempada 2007-08 sufriu un pouco o desgaste e a fragmentación da audiencia ao facer unha media de 175.000 espectadores cun 20,54% de audiencia. En 2022 seguía liderando a audiencia con fenómenos como as Tanxugueiras.
Ano | Categoría | Receptor | Resultado |
---|---|---|---|
2002 | Mellor programa de televisión | TVG | Nomeado |
Mellor comunicador de televisión | Xosé Ramón Gayoso | Gañador | |
2003 | Mellor programa de televisión | TVG | Nomeado |
2010 | Mellor comunicador de televisión | Xosé Ramón Gayoso | Nomeado |
2013 | Mellor realizador | Carola Prego Grueiro | Nomeada |
Mellor programa de televisión | TVG | Nomeado | |
Mellor comunicador de televisión | Xosé Ramón Gayoso | Gañador | |
2014 | Mellor programa de televisión | TVG | Nomeado |
2015 | Mellor comunicador/a de televisión | Lucía Regueiro | Nomeada |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Luar (programa), which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.