Ricardo Cao: Estatístico e profesor galego

Ricardo X.

Cao Abad, nado na Coruña en 1965, é un estatístico e profesor universitario galego. Profesor da Universidade da Coruña, foi vicerreitor de investigación e transferencia (2012-2016) e reitor da devandita institución (2024-).

Infotaula de personaRicardo Cao
Biografía
Nacemento1965 Editar o valor em Wikidata (58/59 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Reitor da Universidade da Coruña
2024 – Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Director de teseWenceslao González Manteiga (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónestatístico , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade da Coruña (1991–)
Universidade de Santiago de Compostela (1989–1991) Editar o valor em Wikidata
Membro de
ProfesoresWenceslao González Manteiga (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoElisa María Molanes López (en) Traducir, Salvador Naya Fernández (en) Traducir, Celia Rodríguez Campos (en) Traducir, Ángeles Saavedra González (en) Traducir, Ignacio López de Ullibarri Galparsoro (en) Traducir e María Amalia Jácome Pumar (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Dialnet: 514104

Traxectoria

Primeiros anos e formación

Criouse no barrio coruñés dos Mallos, e realizou os seus estudos primarios e secundarios no Colexio Santo Domingo (Dominicos) da mesma cidade. Tras finalizar alí o bacharelato, iniciou a licenciatura de Matemáticas na Universidade de Santiago de Compostela (1983-1988). Obtivo a máxima cualificación de matrícula de honra na totalidade das materias, o que propiciou a consecución do Primeiro Premio Nacional de Fin de Carreira.

Carreira académica

Tras rematar a licenciatura, realizou un doutoramento na mesma universidade con título de tese Aplicacións e novos resultados do método bootstrap na estimación non paramétrica de curvas, baixo a dirección do profesor Wenceslao González Manteiga e co amparo dunha bolsa FPI. A devandita tese foi merecedora do Premio Extraordinario de Doutoramento e derivou, asemade, na publicación en solitario dun capítulo da mesma no xornal científico Annals of Statistics, revista considerada como a máis prestixiosa dentro do ámbito da estatística. Ademais, a investigación realizada durante a tese fíxoo merecedor do premio de investigación novel Ramiro Melendreras do ano 1989, outorgado pola Sociedade de Estatística e Investigación Operativa (SEIO), de carácter estatal.

Posteriormente, en 1991, logrou unha praza de profesor interino de universidade na área de Estatística na Universidade da Coruña e, en 1993, unha praza de profesor titular. En 1999, conseguiu a cátedra de Estatística na mesma universidade.

Durante este último período exerceu diversos cargos e responsabilidades de índole académica e científica como a coordinación da área de Matemáticas da Axencia Nacional de Avaliación e Prospectiva (ANEP) no período 2008-2011, vicerreitor de investigación e transferencia no período 2012-2016 e, finalmente, a súa elección como reitor en 2023 para o período 2024-2029.

Dende marzo de 2020, foi nomeado presidente do Comité de Expertos da Acción Matemática contra o Coronavirus, organismo creado polo Comité Español de Matemáticas (CEMat).

É editor asociado da revistas TEST e Computational Statistics.

Investigación

Traballou tanto no desenvolvemento teórico da estatística como nas súas aplicacións a diversos ámbitos. En particular, no desenvolvemento teórico, sobre á análise de datos funcionais, análise de supervivencia, bootstrap, datos censurados e truncados, estimación non paramétrica de curvas ou inferencia estatística para big data. En investigación aplicada, destacan as súas aportacións na modelización estatística en ciencia de materiais, xenómica, malherboloxía, neurociencia, modelos de curación, predición ou risco de crédito.

Premios e distincións

Dentro dos premios e/ou distincións recibidas durante a súa carreira académica destacan:

  • Premio Nacional de Estatística (2023).
  • Medalla Enrique Vidal Abascal da Real Academia Galega de Ciencias (2022).
  • Medalla da Sociedade de Estatística e Investigación de Operacións (SEIO) (2022).
  • Fellow do Institute of Mathematical Statistics (2022).
  • Premio SEIO-BBVA á mellor contribución metodolóxica na área de estatística (2021).
  • Premio Extraordinario de Doutoramento (1990-1991).
  • Premio Ramiro Melendreras (1989).
  • Premio Extraordinario de Fin de Carreira (1988).

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Ricardo Cao TraxectoriaRicardo Cao Premios e distinciónsRicardo Cao NotasRicardo Cao Véxase taménRicardo Cao1965A CoruñaGaliciaReitoradoUniversidade da Coruña

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Copia por contactoAprendizaxe en liñaJuan Carlos Rodríguez CebriánDinastía MingLingua erzyaOscar RobertsonEuropaSistema nervioso somáticoBeadeEdward R. MurrowShinovaPresidente de SomaliaCondado de DalarnaLunfardoDistributivo-temporalMonforte de LemosAir AustralMilloNacionalismo galegoSergio Pérez MendozaSalgueiroCristianismo e homosexualidadeGlándula suprarrenalAnxiospermasChikungunyaClasificación de BaltimoreAtaque de denegación de servizoFerraraAporia crataegiLophiiformesArchaeopteryxAletaDune (filme de 2021)Proteína ATMRoberto II de FranciaKevin MagnussenGalileo GalileiNós (revista)Pobo galegoAscaris lumbricoidesJohn Horton ConwayLogroñoEscualenoXXX edición dos Premios GoyaCetoacidoseHuniPirelliOpisthocomiformesMustela nigripesTipoloxía de vasos da Grecia antigaCromosoma 15Cangrexo ermitánRetrato de Adele Bloch-Bauer IHistoria AugustaTlatoaniLingua samoanaChordataÁlex FidalgoNoruegaDeportivo da CoruñaOcéanoA Dictionary of Greek and Roman AntiquitiesCancro colorrectalLei de vagos e maleantesPili PampínAcuario (recipiente)Leirón rabudoCidade de MéxicoLingua sánscritaMBacillus thuringiensisGrafenoBaton Rouge, LuisianaGaliciaPericardite🡆 More