Sotelo Blanco Edicións: Editorial galega

Sotelo Blanco Edicións é unha empresa editorial galega, con sede en Santiago de Compostela.

Foi creada por Olegario Sotelo Blanco no mes de marzo de 1980 e está especializada en publicacións narrativas, poéticas, infantís e ensaísticas. Ademais encárgase da publicación da revista trimestral A Trabe de Ouro, que acadou os cen números, dirixida por Xosé Luís Méndez Ferrín que inclúe artigos sociopolíticos e textos inéditos desde o ano 1990.

Sotelo Blanco Edicións
Tipoeditorial
Data de fundación1980
SedeSan Marcos
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]
Sotelo Blanco Edicións: Historia, Notas, Véxase tamén
Olegario Sotelo Blanco, fundador de Sotelo Blanco Edicións.

Historia

Sotelo Blanco Edicións: Historia, Notas, Véxase tamén 
Historia da lingua galega.

A editorial foi fundada no ano 1980 polo escritor, editor e xornalista galego Olegario Sotelo Blanco. Ademais de ter fundado Sotelo Blanco, tamén creou a editorial Ronsel en 1992, que publica obras en lingua castelá.

Ten publicado máis de 1000 obras en lingua galega. Nos seus comezos dedicáronse a un labor de recuperación cultural, editando facsímiles e libros de conversas con persoeiros. Tamén tiñan unha liña de apoio á poesía, ao teatro e a narrativa a través das coleccións “Leiladoura”, “A Biblioteca do Arlequín” e “Medusa”. Destaca o número de publicacións dirixidas ao público infantil e xuvenil, nas que se promocionan autores e ilustradores galegos como Xavier Mugardos ou Viki Berre, en coleccións como Bolboreta ou Os contos da Mala Malona.

A editorial está especializada na narrativa con coleccións como “Medusa”, “Literaria” e “Biblioteca de traducións” e na poesía destacan as coleccións “Leiladoura” e “Vento que zoa”; tamén publica teatro (“A biblioteca do arlequín”), entrevistas e cuestións de actualidade (“Realidade”), a historia, a literatura, o ensaio e as ciencias humanas (“Clásicos galegos”, “Estudios e investigación”, “A biblioteca do profesor”, “Literaria e crítica” ou “Comarcas galegas”). Teñen un gran número de obras de literatura infantil e xuvenil con coleccións como “12 x 22”, “Sotelo Blanco infantil e xuvenil”, “Os contos de Mala Malona”, “Pip”, “A túa dona”, “Bolboreta” ou “Contos para crecer”. Elaboran material didáctico (“Lectura e escritura”, “Matemáticas”, “Coeducación”, “Música”, “FP-ciclos formativos”, “Actividades didácticas” ou “Libros de texto”) e realizan un importante labor coa edición de volumes especiais denominados como facsímiles e raros (“Resgate” e “Resgate 2”).

Nesta editorial teñen publicados autores como Antón Avilés de Taramancos, Manuel Rivas, Miguel Anxo Fernán-Vello, Eduardo Blanco Amor, Méndez Ferrín, ou Ricardo Carballo Calero.

Na década de 1990 abriu a súa propia distribuidora e sede en Santiago de Compostela.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Tags:

Sotelo Blanco Edicións HistoriaSotelo Blanco Edicións NotasSotelo Blanco Edicións Véxase taménSotelo Blanco Edicións1980A Trabe de Ouro (revista)EditorialGaliciaOlegario Sotelo BlancoSantiago de CompostelaXosé Luís Méndez Ferrín

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Chaira abisalGCarlos Fernández CastroPartido dos Socialistas de GaliciaXentilicioAliados da segunda guerra mundialGuerra de CoreaMaría Antonieta de AustriaBodeng sarTrasno54IsraelCristiano RonaldoSerbiaAgustín Fernández Paz79Antigo ExiptoAves446Revolución FrancesaGralla cereixeira1994RusiaREC (filme)Carcinoma lobular in situIrmandiñosFrancisco Pérez DuránAna RomaníInternet Movie DatabaseIllas BalearesPortugalRamón CabanillasJosé Antonio Rueda CrespoO incerto señor Don HamletEstrutura terciaria dos ácidos nucleicosNervio ópticoProxyEtiopíaValderreiMaría CanosaImpresión dixital1917Copia por contactoMáis alá!Manuel MurguíaTECOR societarioIlla de CretaSenegalEncyclopædia BritannicaFacultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da CoruñaDeportivo da CoruñaGalizaLeira (agricultura)RastroApril AshleyDinamarcaJimmy GaroppoloColin FirthCerámicaÁlvaro CunqueiroCartas dos indios CamarõesLedicia CostasJosé Luis VergaraRamón López RodríguezYTrazaCastelo de MesíaEspazo ComúnCoalición PopularXabier DíazDaft PunkPedra de raio (folclore)🡆 More