Agustín Fernández Paz: Escritor galego

Agustín Fernández Paz, nado en Vilalba o 29 de maio de 1947 e finado en Vigo o 12 de xullo de 2016, foi un escritor e pedagogo galego.

Foi autor de máis de cincuenta títulos, preferentemente de literatura infantil e xuvenil. Os seus libros obtiveron numerosos premios, sendo recoñecido por dúas veces como o mellor autor do ano (no 2004, pola Federación de Libreiros de Galicia e no 2007, pola Asociación Galega de Editores). Tamén recibiu en dúas ocasións o premio ao mellor libro de Literatura Infantil e Xuvenil do ano, que concede a Asociación de Escritores en Lingua Galega.

Infotaula de personaAgustín Fernández Paz
Agustín Fernández Paz: Traxectoria, Obra, Galardóns
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento29 de maio de 1947 Editar o valor em Wikidata
Vilalba, España Editar o valor em Wikidata
Morte12 de xullo de 2016 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaVilalba 
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Formación profesionalLicenciado en Ciencias da Educación
Diplomado en Lingua Galega.
EducaciónUniversidad Laboral de Gijón (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura infantil e xuvenil Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmestre , pedagogo , escritor Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoNarrativa, ensaio
Influencias
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeInmaculada Reino
FillosMariña Fernández-Reino
Premios
Sinatura
Agustín Fernández Paz: Traxectoria, Obra, Galardóns Editar o valor em Wikidata

Páxina webPáxina oficial
Bitraga: 1320 AELG: 1 Dialnet: 178828

O seu libro O único que queda é o amor obtivo en 2008 o Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil que concede o Ministerio de Cultura de España. No ámbito internacional salientan as catro designacións ao Premio Memorial Astrid Lindgren, nos anos 2008, 2009, 2010 e 2013. O libro O único que queda é o amor foi incluído na Lista de Honra da IBBY no 2010, como ocorrera tamén con Contos por palabras en 1992 e con Aire negro en 2002. Esta última novela, Aire negro, foi incluída así mesmo no Catálogo White Ravens da Internationale Jugendbibliothek de Múnic en 2001, un recoñecemento que tamén acadou O meu nome é Skywalker en 2004.

Traxectoria

Mocidade

Naceu no barrio vilalbés das Fontiñas, lugar onde transcorreu a súa nenez e onde o seu pai traballaba como músico e carpinteiro. Con 14 anos, marchou a estudar á Universidade Laboral de Xixón, onde estivo interno durante sete anos, e onde se fixo Perito Industrial. Ós 22 anos foise a Barcelona, coa intención de traballar e estudar Pedagoxía. Traballou durante un tempo nunha empresa, adiando o seu obxectivo de estudar.

Mestre

Tres anos despois volveu a Galicia. Instalouse na Coruña e matriculouse en Maxisterio. En 1974 comezou a traballar como mestre, iniciando así a etapa máis intensa da súa vida. Naqueles anos xuntouse con outros docentes nos chamados «movementos de renovación pedagóxica», que tiñan como obxectivo cambiar o mundo dende as aulas. Estudou Ciencias da Educación e foi profesor de lingua galega no ensino primario e no secundario. Nesa mesma época, casou con Inmaculada Reino e naceu a súa filla, Mariña.

Como mestre e pedagogo, foi autor de numerosos traballos sobre a normalización lingüística no ensino, a didáctica da lingua, a promoción da lectura, a literatura infantil ou a introdución dos medios de comunicación nas aulas. Ademais, entre 1988 e 1990 traballou para a Consellería de Educación como asesor para a reforma educativa e preparando deseños curriculares tanto de primaria como de secundaria, na área de lingua. De 1990 a 1995 traballou como Coordinador Docente de Galego. Dese traballo quedaron tamén numerosos libros de texto, como o pioneiro O noso galego, dos primeiros anos oitenta.

Tamén foi membro do grupo de traballo sobre lingua do Consello da Cultura Galega e asesor do Programa SOL, da Fundación Germán Sánchez Ruipérez.

Escritor

Despois da aprobación da Constitución no ano 1978, comezou a introducirse oficialmente a lingua galega no ensino. Fernández Paz decatouse que a literatura infantil e xuvenil en galego era escasa, polo que decidiu escribir as súas propias historias. Con 40 anos, publica a súa primeira novela. Os dous libros seguintes obtiveron senllos premios de importancia, e por iso, animouse a continuar.

Pertenceu á coñecida como “Xeración Lamote” xunto con Xavier Senín, Paco Martín, Xosé Lastra, Fina Casalderrey e Xabier P. DoCampo.

Últimos anos

Prexubilouse por enfermidade en 2007 no IES Os Rosais 2, de Vigo. No ano 2010 rexeitou o Premio da Cultura Galega das Letras como acto de protesta pola política lingüística da Xunta e o seu presidente. No ano 2013, foille concedido o Honoris Causa pola Universidade de Vigo.

O 12 de xullo de 2016 morreu por volta das sete da mañá no seu domicilio en Vigo, logo de padecer dunha longa enfermidade. O 13 de xullo, celebrouse un multitudinario acto cívico no cemiterio de Pereiró de Vigo, co féretro arroupado coa bandeira galega, e no que estiveron presentes familiares, amigos e personalidades da cultura, da educación e da política. O corpo foi incinerado e os seus restos foron trasladados a Vilalba, a súa vila natal, onde tamén se atopa soterrada a súa familia.

Obra

Agustín Fernández Paz: Traxectoria, Obra, Galardóns 
Agustín Fernández Paz pronunciando o discurso "Oito doas para San Simón" na Illa de San Simón con motivo da celebración do ditame dos XXVIº Premios Xerais o 6 de xuño de 2009.

Agustín Fernández Paz é un dos nomes clave da literatura infantil e xuvenil galega, non só polo amplo número de obras publicadas, senón polo seu éxito cos lectores e pola cantidade das súas obras que foron traducidas a outras linguas. Trátase do autor en galego máis traducido con 115 traducións a 16 linguas diferentes, en especial ao castelán, con arredor de 50, máis de 30 ao catalán, unhas 20 ao éuscaro, e tamén ao asturiano, portugués, francés, árabe, coreano, italiano, inglés, búlgaro, bretón e esloveno, entre outras.

Tamén destaca pola cantidade de premios acadados, tanto de ámbito galego como internacional, entre os que se atopa o Merlín, Lazarillo, o Rañolas ou o Raíña Lupa. Algunhas obras súas tamén foron seleccionadas para a Lista de Honra de IBBY. Foi nomeado Socio de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega en 2009.

A súa novela Cartas de inverno acadou en 2016 a cifra de máis de 100 000 exemplares vendidos, fito que só acadou na ficción galega outra novela, Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas.

Ademais, realizou un longo labor editorial para Edicións Xerais, coordinando durante moitos anos a colección "Merlín" de literatura infantil e xuvenil.

Literatura infantil-xuvenil

  • O libro de Merlín, 1987, Xerais.
  • A cidade dos desexos, 1989, Xerais (novela xuvenil). Traducida ao castelán. En Xerais, 2022, ISBN 978-84-1110-260-5.
  • As flores radioactivas, 1990, Xerais (novela xuvenil), 16ª edición. Traducida ao catalán, ao éuscaro, ao castelán e ao asturiano.
  • Contos por palabras, 1991, Xerais (narrativa xuvenil), 16ª edición. Traducida ao castelán, ao catalán, ao éuscaro, ao asturiano e ao francés.
  • O tesouro do dragón Smaug, 1992, Galaxia (narrativa xuvenil). Traducida ao castelán, ao catalán, ao éuscaro e ao aranés.
  • Rapazas, 1993, Xerais (narrativa xuvenil), 6ª edición. Traducida ao castelán, ao catalán, ao éuscaro e ao portugués.
  • As tundas do corredor, 1993, Edelvives (narrativa infantil). Traducida ao castelán.
  • Unha lúa na fiestra, 1994, Galaxia (narrativa xuvenil).
  • Trece anos de Branca, 1994, Xerais (novela xuvenil). Traducida ao castelán, ao catalán a ao éuscaro.
  • Cartas de inverno, 1995, Xerais (novela xuvenil), 35ª edición. Traducida ao catalán, ao éuscaro, ao castelán, ao portugués, ao bretón e ao inglés.
  • Amor dos quince anos, Marilyn, 1995, Xerais (novela xuvenil), 9ª edición. Traducida ao castelán e ao catalán.
  • Avenida do Parque, 17, 1996, Edicións S. M. (novela xuvenil). Traducida ao catalán, ao castelán e ao árabe.
  • Lonxe do mar, 1996, Edelvives (narrativa xuvenil).
  • O centro do labirinto, 1997, Xerais (novela xuvenil), 12ª edición. Traducida ao catalán, ao castelán e ao portugués.
  • A néboa escura, 1998, Xunta de Galicia (narrativa infantil).
  • O laboratorio do doutor Nogueira, 1998, Xerais (novela xuvenil), 5ª edición. Traducida ao castelán, ao éuscaro, ao catalán e ao portugués.
  • As fadas verdes, 1999, Edicións S. M. (novela xuvenil). Traducida ao castelán e ao catalán.
  • Cos pés no aire, 1999, Xerais (narrativa xuvenil) 4ª edición. Traducida ao castelán, ao catalán e ao éuscaro.
  • A nube de cores, 1999, Sotelo Blanco (narrativa xuvenil).
  • Aire negro, 2000, Xerais (novela xuvenil) 13ª edición. Traducida ao catalán, ao castelán, ao éuscaro, ao inglés e ao búlgaro.
  • O soño do merlo branco, 2000, Everest Galicia (novela xuvenil). Traducida ao castelán.
  • No corazón do bosque, 2001, Xerais (novela xuvenil), 9ª edición. Traducida ao castelán, ao catalán e ao éuscaro.
  • Un tren cargado de misterios, 2001, Xerais (narrativa xuvenil). Traducida ao castelán e ao chinés.
  • Ana e o tren máxico, 2001, Xerais (novela xuvenil).
  • Noite de voraces sombras, 2002, Xerais (narrativa xuvenil), 10ª edición. Traducida ao castelán, ao catalán e ao éuscaro.
  • O meu nome é Skywalker, 2003, Edicións S. M. Traducida ao castelán, ao catalán, ao esloveno e ao coreano.
  • A serea da Illa Negra, 2003, Edicións Tambre.
  • A praia da esperanza, 2003, Xerais.
  • Tres pasos polo misterio, 2004, Xerais, 5ª edición. Traducida ao catalán e ao castelán.
  • Raquel ten medo, 2004, Xerais (narrativa infantil). Traducida ao castelán, ao catalán e ao éuscaro.
  • Laura e os ratos, 2004, Xerais. Traducida ao castelán, ao catalán e ao éuscaro. Hai tamén unha edición bilingüe inglés-castelán.
  • Á abordaxe, 2005, Rodeira-Edebé.
  • A escola dos piratas, 2005, Rodeira-Edebé. Traducida ao castelán, ao catalán, ao éuscaro, ao coreano e ao chinés.
  • A noite dos animais, 2005, Galaxia. Traducida ao castelán e ao catalán.
  • A fuxida do mar, 2005, Xerais. Traducida ao castelán, ao catalán e ao éuscaro.
  • Fantasmas no corredor, 2005, Xerais. Traducida ao castelán e ao catalán.
  • ¡Que medo, mamá Raquel!, 2005, Xerais.
  • Corredores de sombra, 2006, Xerais (narrativa xuvenil), 10ª edición. Traducida ao castelán, ao catalán e ao inglés.
  • Os gardiáns do bosque, 2006, Baía Edicións. Traducida ao castelán, ao catalán e ao éuscaro.
  • Querido inimigo, 2006, Rodeira-Edebé. Traducida ao castelán.
  • O raio veloz, 2006. Traducida ao castelán.
  • O único que queda é o amor, 2007, Xerais, (narrativa xuvenil), 6ª edición. Traducida ao castelán, ao catalán, ao portugués, ao éuscaro, ao coreano e ao inglés.
  • A pastelaría de dona Remedios, 2008, Rodeira. Traducida ao castelán.
  • ¡Upa!, 2008, Xerais. Traducida ao castelán, ao catalán, ao éuscaro e ao chinés.
  • A dama da luz, 2009, Xerais.
  • Lúa do Senegal, 2009, Xerais (narrativa infantil-xuvenil), 3ª edición. Traducida ao castelán e ao catalán.
  • Valados, 2009, Xerais. Traducida ao castelán, ao catalán e ao italiano.
  • Corazón de pedra, 2011, Oxford. Traducida ao castelán.
  • Fantasmas de luz, 2011, Xerais. Traducida ao castelán e ao catalán.
  • As fronteiras do medo, 2012, Edebé-Rodeira. Traducida ao castelán e ao catalán.
  • Malos tempos para os fantasmas, 2012, Xerais. Traducida ao castelán e ao catalán.
  • Zeralda e o dragón, 2012, Galaxia.
  • Desde unha estrela distante, 2013, Xerais. Traducida ao catalán e ao castelán.
  • Amizades secretas, 2015, Edebé-Rodeira.
  • A neve interminable, 2015, Xerais. Traducida ao castelán, ao catalán e ao éuscaro.
  • O segredo da Illa Negra, 2015, Xerais. Traducida ao castelán.
  • O soño do Merlo Branco, 2016, Xerais.
  • A casa do medo, 2016, Edebé-Rodeira. Traducida ao castelán.

Narrativa

Ensaio

  • 28 libros da literatura infantil e xuvenil galega, 1989, Xunta de Galicia.
  • Os libros infantís galegos, 1989, Xunta de Galicia.
  • Para lermos cómics, 1989, Xunta de Galicia. Traducida ao asturiano.
  • Ler en galego (I): Estratexias e libros para a animación á lectura dende as aulas, 1990, Ir Indo.
  • Facermos cómics, 1991, Xerais.
  • Os cómics nas aulas, 1992, Xerais.
  • A literatura infantil e xuvenil en galego, 1999, Xerais.

Obras colectivas

  • Relatos para un tempo novo, 1993, Xunta de Galicia.
  • Construír a paz, 1996, Xerais.
  • Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996), 1996, Xerais.
  • E dixo o Corvo..., 1997, Hospital Xeral de Galicia.
  • Imos xuntos camiñar, 1999.
  • Historias para calquera lugar, 2001, Xerais.
  • Manuel María, 2001, Ophiusa.
  • Ninguén está só, 2001, Tris Tram.
  • Palabras con fondo, 2001, Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
  • Un futuro para a lingua, 2002, Xunta de Galicia.
  • Longa lingua: os contos da Mesa, 2002, Xerais.
  • Alma de beiramar, 2003, Espiral Maior.
  • Contos do museo, 2003, Deputación de Lugo.
  • Narradio. 56 historias no ar, 2003, Xerais.
  • O enigma do menhir, en Crispín do Mao, ¡Adeus, pés!, O enigma do menhir e Catro pallasos, 2004, Xunta de Galicia.
  • Postais do Camiño, 2004, Galaxia.
  • O son das buguinas, 2007, Xerais.
  • Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz, 2008, Xerais.
  • 55 mentiras sobre a lingua galega, 2009, Laiovento.
  • Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora.
  • Quéroche contar un conto, 2010, Xerais.
  • Cociñando ao pé da letra, 2011, Galaxia. Colaboración con varios autores sobre poesía e cociña.
  • VI Encontro de Escritores Galegos. Literatura e proxección exterior, 2012, Deputación da Coruña.
  • Xabarín 18, 2013, EEI Monte da Guía/Concello de Vigo/Galaxia.
  • Os dereitos da infancia, 2014, Xerais.

Galardóns

Agustín Fernández Paz: Traxectoria, Obra, Galardóns 
O autor con outros dos gañadores do Premio Merlín nunha foto conmemorativa realizada na XXVª edición do Premio Merlín. Illa de san Simón, 12 de xuño de 2010. Atrás, de esquerda a dereita: Jacobo Fernández Serrano, Helena Pérez, Gloria Sánchez, An Alfaya, Marilar Aleixandre, Antonio García Teijeiro, Mar Guerra, Fina Casalderrey, Ramón Caride. Sentados, de esquerda a dereita: Carlos López Gómez, Palmira González Boullosa, Agustín Fernández Paz e Teresa González Costa.
  • 3º Premio do Concurso Nacional de Contos Infantís O Facho no 1976, por Xocas, astronauta.
  • 3º Premio do Concurso Nacional de Contos Infantís O Facho no 1980, por O rescate das palabras.
  • Premio Merlín de Literatura Infantil no 1989, por As flores radioactivas.
  • Premio Lazarillo no 1990, por Contos por palabras.
  • Lista de Honra do IBBY no 1992 por Contos por palabras.
  • O Premio Ourense de Banda Deseñada de 1992, polos seus estudos sobre banda deseñada.
  • Premio Edebé de literatura xuvenil no 1994, por Trece anos de Branca.
  • Premio Rañolas ao Libro Infantil e Xuvenil do ano no 1995, por Cartas de inverno.
  • Premio Raíña Lupa no 1998, por Cos pés no aire.
  • Premio The Withe Ravens (Internationale Jugend Bibliothek) no 2001, por Aire negro.
  • Premio Protagonista Jove no 2001, por Aire negro.
  • Lista de Honra do IBBY no 2002, por Aire negro.
  • Premio Irmandade do Libro no 2003.
  • Premio Lecturas GALIX no 2003, por Contos por palabras e Un tren cargado de misterios.
  • Premio O Barco de Vapor no 2003, por O meu nome é Skywalker.
  • Premio Edebé de Literatura Intantil no 2005, por A escola dos piratas.
  • Premio Literario Frei Martín Sarmiento (de 11 a 13 anos) no 2006, por Corredores de sombra.
  • Premio Lecturas GALIX ao mellor libro ata 7 anos e como o mellor libro ilustrado no 2006 , por Raquel ten medo.
  • O único que queda é o amor, 2007, Xerais, (narrativa xuvenil) 4ª Edición -
  • Premio Xosé Neira Vilas ao Libro Infantil e Xuvenil do ano 2007, por O único que queda é o amor.
  • Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega de literatura infanto-xuvenil en 2008, por O único que queda é o amor.
  • Adicación dun Hectómetro literario no Paseo dos Soños vilalbés en 2008,
  • Premio Literario Frei Martín Sarmiento de (3º ESO a Bacharelato) en 2008, por O único que queda é o amor.
  • Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil no 2008, pola obra O único que queda é o amor, outorgado polo Ministerio de Cultura de España.
  • Premio Xosé María Álvarez Blázquez da Asociación Galega de Editores no 2008.
  • Letra E da Asociación de Escritores en Lingua Galega no 2009.
  • Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega no 2010, por Lúa do Senegal.
  • Premio Cultura Galega das Letras no 2010
  • VII Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil y Juvenil no 2011.
  • Premio Fervenzas Literarias ao autor do ano 2011.
  • Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de narrativa de adultos no 2011, por Non hai noite tan longa.
  • Premio Ánxel Casal ao libro de ficción do ano 2011 da Asociación Galega de Editores, por Non hai noite tan longa.
  • Premio da Irmandade do Libro ao Libro do ano 2011, por Non hai noite tan longa.
  • Premio Losada Diéguez de Creación Literaria no 2012, por Non hai noite tan longa.
  • Premio de literatura infanto-xuvenil da Asociación de Escritores en Lingua Galega no 2012, por Fantasmas de luz.
  • Premio Ramón Piñeiro Facer País da Asociación Cultural Val de Láncara no 2012.
  • Premio da Crítica Galicia 2012 en Creación literaria pola súa obra Fantasmas de luz (18 de outubro de 2012).
  • En xuño de 2012 o departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo propuxo o seu nomeamento como doutor honoris causa. O 12 de novembro de 2012 o Consello de Goberno da Universidade de Vigo aproba o nomeamento de Agustín Fernández Paz como Doutor Honoris Causa a proposta do Departamento de Filoloxía Galega e Latina.
  • Autor en galego máis destacado do 2012 en Redelibros.
  • Premio Fervenzas Literarias de Ensaio no 2012, por O rastro que deixamos.
  • Premio Fervenzas Literarias ao autor do ano 2012.
  • Premio Ánxel Casal da Asociación Galega de Editores ao mellor libro de non ficción do 2012, por O rastro que deixamos.
  • Premio Trasalba en 2014.
  • Premio Fervenzas Literarias ao autor do ano 2014.
  • Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de narrativa de 2014, por A viaxe de Gagarin.
  • Premio Ánxel Casal da Asociación Galega de Editores ao mellor libro de ficción de 2014, por A viaxe de Gagarin.
  • Premio da AELG á mellor obra narrativa do 2014, por A viaxe de Gagarin.
  • Premio da Crítica Galicia de Creación Literaria no 2015, por A viaxe de Gagarin.
  • Premio Frei Martín Sarmiento de 3º e 4º da ESO en 2016, por A neve interminable.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Agustín Fernández Paz TraxectoriaAgustín Fernández Paz ObraAgustín Fernández Paz GalardónsAgustín Fernández Paz NotasAgustín Fernández Paz Véxase taménAgustín Fernández Paz12 de xullo1947201629 de maioAsociación Galega de EditoresAsociación de Escritores en Lingua GalegaFederación de Libreiros de GaliciaPobo galegoVigoVilalba

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

O Milladoiro, Biduído, AmesMonte de VenusLingua xavanesaMexacánPilar Bermejo BarreraMicrosoftFederico García LorcaIrmandiñosMario CaneiroXosé Luís Méndez FerrínMediaWikiReino Armenio de CiliciaJenna JamesonEmilia Pardo BazánLila comúnCamp NouLugoAntónio de Oliveira SalazarO Pereiro de AguiarDaniel Castro GarcíaAntepretéritoOcéano ÍndicoRoberto Vidal BolañoGaliciaOvidio RodeiroXela AriasGuerras púnicasÁcido teicoicoJosé Calvo SoteloXosé Luís Mosquera CambaSalvador DalíDía das Letras GalegasTeléfonoHTMLXureloLista de nomes masculinos en galegoSamuel Eto'oManuel MurguíaXurxoMaría Rei VilasPontevedraConíferasSatélite de comunicaciónsNeurotransmisor2004Sistema operativoOs vellos non deben de namorarseCarballo comúnAsalto do bou EvaParasitoLista de episodios de Sakura, cazadora de cartasGallaeciaNormativa oficial do galegoGalegoManuel RivasCatedral de MilánCarbohidratoLuis García-ReyVilagarcía de ArousaEleccións ao Parlamento do País Vasco de 2024GuepardoVeneciaAves acuáticasSobreiraHLA-DRÁlex FidalgoLuís SeoaneNava CastroDavid PerdomoRefraneiro galego sobre o mes de maioNuno García Pico🡆 More