Poética

A poética é unha ciencia nomotética, que ten por obxecto de estudo as artes e, entre elas especialmente aínda que non exclusivamente, a literatura.

Para Igor Stravinskii, a poética é un estudo da obra que se vai realizar, é un facer da orde. Para Greimas, a poética designa o estudo da poesía como a teoría xeral das obras literarias (Greimas e Courtes, Semiótica, "Poética", Dicionario razoado da teoría da linguaxe, 309). Para Todorov, a poética é unha ciencia que estuda o discurso literario; apunta a unha reflexión científica sobre a literatura, situándose non no conxunto de feitos empíricos que determinan as obras literarias, senón no discurso literario. Todorov asume que a obra literaria é unha estrutura abstracta posible, na cal existen constantes discursivas que poden ser estudadas por un estudo científico.

Como disciplina propia do discurso literario, a poética ten un obxecto propio, a literatura, á cal diferenciará formalmente doutro tipo de discursos. Isto débese a que a linguaxe da literatura diferénciase das outras linguaxes porque está constituída por un código poético. Non obstante pódese apoiar nas outras ciencias na medida que a linguaxe forme parte do obxecto. Tales como as disciplinas que traten do discurso.

A poética, segundo Todorov, definirase necesariamente en dous extremos, dende o moi particular, ó demasiado xeral. Isto implica que unha xeneralización por medio do discurso, non debe ser inflexible, senón que debe aterse á descrición do específico e do singular (31). Isto significa que se debe teorizar máis ca apelar unha metodoloxía estrita. Como ciencia que se está facendo, a poética de Todorov é unha proposta para o estudo do discurso literario, polo tanto, apenas enuncia as bases da poética, para logo entrar na análise do texto literario.

Tamén se designa poética ó estudo dun autor que fai sobre as súas obras.

Poética de Aristóteles

Na súa Poética (do verbo poiein, que significa facer, enxendrar) o Estaxirita afirma que todo acto de creación artística é no fondo mímese, imitación. E afirma que polo obxecto de imitación se distinguen as artes, que para el son a danza, a pintura, a escultura, a literatura e a música. Delas, varias se valen do ritmo, o canto e o verso: a poesía dos ditirámbicos, os nomos, a traxedia e a comedia. Todas estas constitúen a literatura:

Ars Poética de Horacio

A Epístola ós Pisóns do poeta Horacio, máis coñecida como Ars poética, veu a ser un dos piares do clasicismo na literatura. Gaba os modelos gregos como mestres e proporciona consellos técnicos ós poetas noveis. Fronte a Aristóteles, Horacio adopta outro ton, xa que, a diferenza do filósofo, o mesmo é un artista da palabra e pode achegar a súa propia experiencia como creador. O texto conta con trinta apartados delimitados polos vocativos utilizados para chamar a atención dos seus destinatarios, os Pisóns. Valéndose do símil ou comparación ("Así como as árbores mudan a folla ó morrer ó ano ...así tamén perecen co tempo as palabras antigas..." VII), das anécdotas ("Un estatuario de cerca do Circo de Emilio ..." IV), da metáfora ("O atleta que anhela chegar primeiro á meta ... moito tempo se exercitou de neno..."XXIX), e do argumento de autoridade ("Homero nos ensinou ..." VIII) concreta a súa intención didáctica.

Primeiro curso de Poética de Paul Valéry

No ano de 1937 na Lección inaugural do curso de Poética no College de France, Paul Valéry dicta a primeira lección do curso de Poética. O seu problema a resolver: revalorar a poética non como unha suma de regras formais fixas na cal se determinaba como se debía facer arte. Senón en pensalo como un facer “O facer, o poiein do que me quero ocupar, é aquel que se acaba nalgunha obra e que chegarei axiña a limitar a ese xénero de obras que se deu en chamar obras do espírito” (Válery, 108). Este facer que está no uso do seu espírito, e que emprega tódolos medios físicos, sen limitarse ás propias regras, será o obxecto de estudo na creación.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Poética de AristótelesPoética Ars de HoracioPoética Primeiro curso de de Paul ValéryPoética Véxase taménPoéticaArteLiteratura

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Isabel PantojaLicenciado MolinaCarro galegoGolda MeirRío MiñoEstíbaliz EspinosaAlexandra TargaryenJosé Valle ArmestoDolores IbárruriJuan Constenla CarbónMaría Jesús MonteroPornografíaMediaWikiAlejandra MurguíaCariorrexeHLA-DMMartina Aneiros BarrosRusiaTito VilanovaSete Sabios da Fraga de BambúBubelaSalvador García-BodañoAntía OteroCarlos III de EspañaNacho CastañoShishuo xinyuMondraXogo da chaveLingua galegaNervoPachi VázquezXosé Manuel PiñeiroDiáspora galegaIndiaAgulla (peixe)Áreas lingüísticas do galegoMikaManfred GnädingerOtelo Saraiva de CarvalhoJavier GutiérrezDavid SilvaPedro RieloJennifer LopezLobernoMarçal MolinéPaula CarballeiraCándido Conde-PumpidoÁlex FidalgoTráfico de influenciasIsabel Díaz AyusoFernando Álvarez LamelasRoko (actriz)Fran AlonsoCidade do VaticanoO porco de péCuruxa comúnLeitzaldeaXogos OlímpicosFernando EstesoRosario FloresTaboadaAfganistánLista das árbores de GaliciaIker MuniainRebeliom do InframundoLista de presidentes da República PortuguesaFernando Grande-MarlaskaParroquias de GaliciaKirsten DunstInstagram🡆 More