Poeta En Nova York

Poeta en Nova York, orixinalmente en castelán Poeta en Nueva York, é o título dun poemario escrito por Federico García Lorca entre 1929 e 1930 durante a súa estadía na Universidade de Columbia, e publicado por vez primeira o 24 de maio de 1940, en Nova York, catro anos despois da morte do poeta.

Poeta en Nueva York
Poeta En Nova York
Autorretrato de Federico García Lorca para Poeta en Nueva York.
Autor/aFederico García Lorca
OrixeEspaña
LinguaCastelán
Xénero(s)Poesía
Data de pub.24 de maio de 1940
editar datos en Wikidata ]

Edición

O borrador de Poeta en Nueva York, composto de 96 páxinas mecanografadas e 26 manuscritas, foi entregado por Lorca a José Bergamín pouco antes da súa morte, en 1936, con numerosos esborranchados, engadidos e correccións. Bergamín levou consigo o manuscrito ao exilio, primeiro a Francia e despois a México, e a partir del realizou a primeira edición en 1940, que apareceu a un tempo en México e os Estados Unidos aínda que con importantes diferenzas, debidas, ao parecer, a lixeiras modificacións introducidas por Bergamín, quen non obstante foi moi respectuoso coas indicacións do seu amigo Porén, anos despois o tamén poeta Agustín Millares publicou na revista Planas de poesía un poema inédito e descoñecido, titulado "Crucifixión", ausente das primeiras edicións do libro.

Durante case toda a segunda metade do século XX, o orixinal do libro pasou de man en man, até ser redescuberto en 1999 en posesión da actriz Manola Saavedra Moreno de Aldama, e adquirido pola Fundación Federico García Lorca en 2003.. O poema solto "Crucifixión" foi adquirido en 2007 polo Ministerio de Cultura de España. Na actualidade estase a preparar unha edición baseada en todos estes materiais orixinais recentemente recuperados, previsiblemente a edición "definitiva" da obra.

Crítica

Gran parte da crítica considera Poeta en Nueva York como o mellor libro de Lorca. Nel ofrécese unha visión conmovida e sensible ante a maquinaria implacable da cidade. O poemario, de gran actitude crítica, refírese esencialmente á deshumanización atopada, encarnada nos negros, nos que Lorca ve unha raza rexeitada e oprimida, xemelga dos xitanos do Romancero gitano. Poemas como "New York oficina y denuncia" ou "Panorama ciego de New York" reflicten a acendida crítica ante a monstruosidade da grande cidade.

Formalmente o poemario supón un fito na obra lorquiana, xa que nel experimenta con técnicas do surrealismo mediante o uso de metáforas violentas, oníricas, ás veces de difícil interpretación. Ademais renuncia ao emprego de estrofas tradicionais, como o romance, en favor do verso libre.

Contido

Debido ao estado do orixinal e das súas posteriores manipulacións, é difícil saber ata que punto a estrutura actual do libro corresponde coa intención de Lorca. En calquera caso, os 35 poemas de Poeta en Nueva York aparecen organizados en dez seccións:

  • Poemas de la soledad en Columbia University
  • Los negros
  • Calles y sueños
  • Poemas del lago Eden Mills
  • En la cabaña del Farmer. Campo de Newburg
  • Introducción a la muerte. Poemas de la soledad en Vermont
  • Vuelta a la ciudad
  • Dos odas
  • Huida de Nueva York. Dos valses
  • El poeta llega a La Habana

Notas

Tags:

Poeta En Nova York EdiciónPoeta En Nova York CríticaPoeta En Nova York ContidoPoeta En Nova York NotasPoeta En Nova York

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Brendon HartleyEstados Unidos de AméricaPatacaJudy CollinsLeicesterGalloanseraeVästergötlandCelastrina argiolusUniversidade de WürzburgFrank SinatraÁcido dotriacontanoicoBufo realLas Torres de CotillasIstambulO Canon da MedicinaCameloCOVID-19OurensePiñeiroFlynasGiotto di BondoneLocativoPolpa dentariaRolls-Royce TrentUral AirlinesMacedaIllas Virxes EstadounidensesEspañaAmhrán na bhFiannNeornithesSuorLucía VeigaCélula intersticial de CajalAngela MerkelHindemburg Melão Jr.ArtemisaPaís VascoHalmstadPosicións sexuaisVoo 140 de China AirlinesSemana Santa de ViveiroPonte das PíasAnimalCastro de San Cibrao de LasElena Rybakina21 LutetiaOscar RobertsonLipoproteína de baixa densidadeBananaMcLarenMosteiro de Santa María de Sobrado dos MonxesMediana (xeometría)A CoruñaLista de nomes femininos en galegoKeanu ReevesOxalacetatoQuirópterosÁcido vaccénicoDobre hélice de ácidos nucleicosContactBaton Rouge, LuisianaTangoReconquista de VigoAtaque de denegación de servizoKiribatiMartin ScorseseArchaeopteryxCetoacidoseLinguas de EuropaDobre héliceSauber F1ReggaeOcéano AtlánticoSergio Pérez MendozaLingua sánscritaÁcido eicosapentaenoico🡆 More