A City University of New York (CUNY ; acrónimo pronunciado /ˈkjuːni/, do seu nome oficial en inglés, City University of New York) é un consorcio de 11 universidades, seis 'colexios comunitarios', unha escola de posgrao que concede doutoramento, unha escola de Xornalismo e unha facultade de Dereito.
City University of New York | |
---|---|
Datos xerais | |
Fundación | 1961 (fusión) |
Datos actuais | |
Alumnos | máis de 450.000 |
Datos de contacto | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Máis de 450.000 estudantes adultos están matriculados en campus situados nos cinco distritos de Nova York.
CUNY é o terceiro consorcio universitario máis grande dos Estados Unidos por número de estudantes, só superado polos sistemas da Universidade Estatal de Nova York (SUNY) e da Universidade Estatal de California (Cal State). CUNY e SUNY son sistemas universitarios separados e independentes, aínda que ambas son institucións públicas que reciben financiamento do Estado de Nova York; con todo, CUNY está financiado adicionalmente pola cidade de Nova York.
CUNY creouse en 1961 fusionando o sistema municipal de universidades de Nova York e engadindo unha nova escola de posgrao. As institucións municipais que se fusionaron foron:
Os inicios de CUNY datan da formación da Academia Libre (TFA) en 1847 por Townsend Harris. A institución formouse como "unha Academia Libre co propósito de estender os beneficios da educación gratuíta ás persoas que foran alumnos das escolas comúns da cidade e do condado de Nova York". A Free Academy converteuse máis tarde no City College of New York, a institución máis antiga entre as que compoñen CUNY. Desde entón, pasou a ser sete colexios, catro escolas híbridas, seis colexios comunitarios, así como escolas de posgrao e programas profesionais.
CUNY atendeu historicamente a un corpo diverso de estudantes, especialmente aqueles que están excluídos ou non poden pagar as universidades privadas. CUNY proporcionou unha educación gratuíta para os pobres, a clase traballadora e os inmigrantes da cidade de Nova York até 1975, cando a crise fiscal da cidade obrigou a impoñer unha taxa de matrícula. Moitos académicos e intelectuais xudeus estudaron e ensinaron na CUNY na era posterior á Segunda guerra gundial, cando as universidades da Ivy League, como a Universidade de Yale, discriminaban aos xudeus. CUNY tivo a reputación de ser "o Harvard do proletariado".
Ao longo da súa historia, CUNY e os seus colexios, especialmente o City College of New York (CCNY), estiveron implicados en varios movementos políticos. Foi coñecido como un fervedoiro de apoio socialista no século XX. CUNY apoiou varias conferencias, como a Conference of Socialist Scholars.
A tradición de diversidade de CUNY continúa hoxe, cunha grande proporción do seu alumnado formada por novos inmigrantes á cidade de Nova York procedentes de 171 países.
Exalumnos destacadosCUNY conta con exalumnos prominentes nos máis diversos campos, desde a política á medicina, entre eles Colin Powell, ex Secretario de Estado; Jonas Salk, inventor da primeira vacina contra a poliomielite; Ralph Lauren, deseñador de moda; Jennifer Lopez, cantante e actriz de orixe portorriqueña; Tarkan, cantante turco; Bella Abzug, avogada e política estadounidense; Ruby Dee, actriz e activista pro dereitos civís; Audre Lorde (Hunter College, 1959), poeta e activista lesbiana afroamericana; Barbara Boxer, pacifista, ecoloxista e senadora demócrata por California; Gata Kamski, MI de xadrez, Frank McCourt, novelista, autor de Angela's ashes e gañador do Pulitzer; Paul Mazursky, guionista, produtor e actor, F. Murray Abraham, actor gañador dun Oscar; Chantal Akerman, director de cine; Hannah Arendt, filósofa; J. Patrice McSherry profesora universitaria e investigadora da operación Cóndor, Allen Ginsberg, poeta da xeración beat, Bell hooks, escritora e crítica; Paul Krugman, economista; Audre Lorde, poeta e activista; Adrienne Rich, poeta e activista; Abraham Maslow, psicólogo humanista; Stanley Milgram, psicólogo social; Itzhak Perlman, violinista; Mark Rothko, pintor expresionista; Eve Kosofsky Sedgwick, crítica literaria. Premios NobelAté 2008, houbo 12 premios Nobel afiliados á City University de Nova York. CUNY considera que calquera laureado que asistiu a unha das súas facultades superiores é un laureado afiliado. Arthur Kornberg, graduado en 1937, foi o primeiro laureado CUNY ao gañar o Premio Nobel de Medicina en 1959. Herbert A. Hauptman e Jerome Karle, ambos graduados do City College en 1937 xunto con Kornberg, gañaron en conxunto o Premio Nobel de Química en 1985, sendo os únicos en facelo dese xeito. Cinco galardoados de CUNY gañaron o Premio Nobel de Medicina, máis que en calquera outra categoría. Nove graduáronse no City College; dúas delas, Rosalyn Yalow e Gertrude Belle Elion, no Hunter College; e un, Stanley Cohen, no Brooklyn College en 1943. Elie Wiesel, sobrevivente dos campos de concentración nazis, novelista e activista vinculado á CUNY tamén foi gañador do Nobel da Paz.
NotasVéxase tamén
Ligazóns externas
|
This article uses material from the Wikipedia Galego article City University of New York, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.