Abdul Kalam: Político indio

Avul Pakir Jainulabdeen Abdul Kalam (en lingua támil, ஏ.

பி. ஜே. அப்துல் கலாம்), nado en Rameswaram o 15 de outubro de 1931 e finado en Shillong o 27 de xullo de 2015, foi presidente da India dende 2002 a 2007, foi tamén un recoñecido enxeñeiro e científico.

Infotaula de personaAbdul Kalam
Abdul Kalam: Traxectoria, Notas, Véxase tamén
Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ta) அவுல் பகிர் ஜைனுலாப்தீன் அப்துல் கலாம்
(awa) डॉक्टर ए पी जे अब्दुल कलाम Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de outubro de 1931 Editar o valor em Wikidata
Rameswaram taluk, India (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte27 de xullo de 2015 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
Shillong, India (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Parada cardiorrespiratoria Editar o valor em Wikidata)
Presidente da India
25 de xullo de 2002 – 25 de xullo de 2007
← K. R. NarayananPratibha Patil → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeIndia (1950–)
Dominio da India (1947–1950) Editar o valor em Wikidata
RelixiónSunnismo e Islam Editar o valor em Wikidata
EducaciónSt Joseph's College, Tiruchirappalli (en) Traducir
Universidade de Madras (pt) Traducir
Universidade de Oakland Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEnxeñaría aeroespacial, indústria aeroespacial (pt) Traducir, poesía, política e ciencia Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticosen valor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua támil, Lingua telugu, lingua hindi e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
Cónxuxesen valor
Premios
Sinatura
Abdul Kalam: Traxectoria, Notas, Véxase tamén Editar o valor em Wikidata

Páxina webabdulkalam.nic.in… Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm1527897 WikiTree: Marakkar-1 Find a Grave: 149930341 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Orixes e formación académica

Nado no seo dunha familia humilde támil de relixión islámica, o seu pai era imán na mesquita local e tiña un pequeno batel para o transporte. Compatibilizando os estudos co repartimento de xornais, na súa etapa escolar destacou nas Matemáticas. Tras o ensino básico, formouse en Ciencias en 1954 no St. Joseph's College, unha das máis recoñecidas institucións académicas indias e vinculada aos xesuítas. Posteriormente, estudou enxeñaría aeroespacial no Instituto Tecnolóxico de Madrás.

Carreira científica

Tivo un papel salientable no programa espacial indio e no desenvolvemento de mísiles. Foi coñecido como o "home mísil da India" polo seu traballo no desenvolvemento da tecnoloxía de mísiles balísticos e de foguetes espaciais.

Incorporouse profesionalmente en 1958 a Defence Research and Development Organisation (DRDO), unha axencia creado nese polo goberno de Nehru para subministrar armamento ás forzas armadas indias. Alí procourou desenvolver un aeroescorregador que acabou por non levarse a termo. Logo desta experiencia sen froito, traballou na Organización India de Investigación Espacial (ISRO). Ao abeiro desta institución e coa finalidade de elaborar un satélite artifical indio, formouse coa NASA, sendo logo nomeado director do proxecto de deseño e desenvolvemento do SLV-III, un foguete espacial que poñería con éxito en órbita ao satélite Rohini 1B en 1980.

Director xeral de DRDO entre 1982 e 1999, centrouse no desenvolvemento de mísiles teledirixidos. Conselleiro científico do Ministerio de Defensa dende 1992, tamén dirixiu o departamento de investigación e desenvolvemento do mesmo. Deste xeito, en 1998 foi o encargado de supervisar as probas nucleares subterráneas coñecidas como Pokhran-II, que seguiron as primeiras realizadas na India en 1974. Estas probas confirmaron que a India era unha potencia con armamento atómico.

En 1999 foi recoñecido primeiro Asesor Científico principal do Goberno da India, un cargo que lle deu rango ministerial.

Presidente da India (2002-2007)

En 2002 Kalam resultou elixido o 11º Presidente da India co apoio tanto do partido gobernante, o Bharatiya Janata, como do principal da oposición o Congreso Nacional Indio. Foi o terceiro xefe do estado musulmán da India, logo de Zakir Husain e Fakhruddin Ali Ahmed. A súa elección foi interpretada como un intento por superar a violencia intercomunitaria no estado de Gujarat e a cuestionada inacción do executivo do Bharatiya Janata. Durante a súa presidencia, Abdul Kalam gozou de grande popularmente e foi coñecido como o "presidente do pobo".

Últimos anos

En 2007 tras rematar o seu mandato, volveu dar clases como profesor visitante en varias institucións, e gañou sona como orador en conferencias, especialmente centradas na mocidade. O seu pasamento foi o 27 de xuño de 2015 mentres daba unha disertación en Shillong, no estado de Meghalaya. O seu enterro foi na súa localidade natal e contou coa presenza das mais altas autoridades indias, entre as que destacou o primeiro ministro Narendra Modi.

Vida privada

Foi solteiro, vegano e abstemio. Destacou pola súa humildade e tras a presidencia pretendeu volver ao seu cuarto nunha residencia universitaria en Madrás, algo que foi desaconsellado, buscando un piso de tres habitacións. Cultivou a poesía en lingua támil e a música carnática (a música clásica do sur da India) sendo intérprete de vina. Aprendeu hindi de adulto. Fondamente espiritual e practicante do islam, recitaba de memoria o Corán, aínda que tamén era coñecedor dos textos sagrados do hinduísmo. Moi próximo a súa familia, legou as súas escasas posesións ao seu irmán máis vello.

Recoñecementos

Recibiu numerosos premios e condecoracións, entre os que salienta o Bharat Ratna, o honor civil supremo da India. Ademais, foi nomeado doutor por 48 universidades de todo o mundo.

Como homenaxes póstumas púxose o seu nome a unha autoestrada de Nova Deli e a unha illa en Odisha, no golfo de Bengala. Ademais, en 2018, unha nova especie vexetal descuberta en Bengala Occidental foi denominada como Drypetes kalamii na lembranza de Abdul Kalam.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Abdul Kalam TraxectoriaAbdul Kalam NotasAbdul Kalam Véxase taménAbdul Kalam15 de outubro1931201527 de xulloLingua támil

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Santiago de Compostela1915Galileo GalileiManuel FragaMedoCarrasco (planta)Segunda República EspañolaRusiaMaruxa MalloIKEALeopoldo RubidoXXX edición dos Premios GoyaSílvia OrriolsClara CampoamorEduardo MendozaWikiSecretaría Xeral de Política LingüísticaCouselo (planta)Xoán Manuel PintosRevolución galega de 1846Doenza de Paget de mamaShōgunBeteluCamilo Nogueira RománSalvador DalíListenbourgGalaicosO PorriñoDigital object identifierGabriel García MárquezO incerto señor Don HamletAmérica LatinaLuís CíliaIsabel II do Reino UnidoHolocaustoHistoria de GaliciaAs Pontes de García RodríguezBubelaAltriOTANOllos de augaAmaia Martínez GrisaleñaManuel Lourenzo SobralMarmelo (doce)Pere Pau Ripollès AlegreFesta dos maiosAliança CatalanaMergullón cristadoManuel Gago MariñoUniversidade de ManchesterProvincia da CoruñaRefraneiro galego sobre o panGolfiño comúnImperio BritánicoFillas de CassandraArantzaOs vellos non deben de namorarseExaculaciónMauro ScaloniFederico Jiménez LosantosMáquina comecartosConsellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesTotó GarcíaNormativa oficial do galegoSuperman🡆 More