Lingua Telugu: Lingua dravídica

O telugu (en telugu: tĕlugu / తెలుగు) é unha lingua do estado de Andhra Pradesh na India.

Neste estado é a lingua oficial, e tamén se fala en Ianaon (unión territorial de Pondichery), na parte central do territorio tamil, ao leste de Carnataca, en Maharastra e en Orissa. Existe unha grande diáspora telugu en Birmania, en Malaisia, na Illa Mauricio, en Arabia Saudita, nos emiratos do Golfo, na República de Suráfrica, nas Illas Fidxi, en América do Norte, no Reino Unido e en Francia. Uns 70 millóns de persoas fálana como primeira lingua.

Telugu
తెలుగు
Pronuncia:t̪el̪uɡu
Falado en: India
Total de falantes: 75 000 000 (2007)
Posición: 15
Familia: Dravídica
 Sur
  Sur-central
   Linguas telugu
    Telugu
Escrita: Telugu, braille telugu
Estatuto oficial
Lingua oficial de: India India
Códigos de lingua
ISO 639-1: te
ISO 639-2: tel
ISO 639-3: tel
Mapa
Lingua Telugu: Lingua dravídica
Status
Lingua Telugu: Lingua dravídica
O telugu está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO

O telugu escríbese por medio dun silabario parcial procedente do brâhmî. Forma parte, canda o támil, da familia das linguas dravídicas.

O telugu é unha lingua aglutinante e con declinacións. Pola súa sonoridade vocálica os colonizadores ingleses denominárona o "italiano de Asia". En telugu, a conxugación ten en conta na flexión non só o tempo senón tamén a negación e a interrogación.

Pódense distinguir tres grandes períodos na historia da lingua telugu: o arcaico, que comeza no século VII a. C. conforme os primeiros documentos escritos que se gardan, o medio, desde o século IX ata o século XVII e máis o telugu moderno.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos


Lingua Telugu: Lingua dravídica 
 Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Tags:

América do NorteAndhra PradeshArabia SauditaBirmaniaEmiratoFidxiFranciaGolfo PérsicoIndiaMalaisiaMauricioOrissaReino UnidoRepública de Suráfrica

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

IndonesiaCanle (comunicación)Rosalía de CastroPerífrases verbais galegasCastiñeiroMApioRafael NadalDomingo de AndradeTomiño (planta)Lista de estacións de tren de GaliciaO sabor das margaridasDavid BowieJ. R. R. TolkienRosario DúrcalAmorodoMecanismo de AnticiteraVacalouraBenito KamelasPortadaLapa (molusco)Grândola, Vila MorenaTelexornalDiurno (Renfe)Raquel AtanesListenbourgOs ResentidosLince (zooloxía)Longa distancia RenfeQueiroaTrevo brancoFlora invasora de GaliciaColocación do pronome átono en galegoCirrioGolpe de estado do 23 de febreiro de 1981ISBNXabarilPaleolíticoAníbal MalvarBárbaroPriscilianoMar MediterráneoNiceto Alcalá-ZamoraJosé López CamposMorañaBloque Nacionalista GalegoOs outros feirantesSete SabiosXosé Luís Franco GrandeBreixoPoesíaOs vellos non deben de namorarseMoción de confianzaCarlos NegroUnión EuropeaManuel MurguíaBetanzosPaco LodeiroFederico TrilloArco (arquitectura)Os ÁnxelesA CoruñaMaría do Socorro Ortega RomeroAnne HecheVigoÁ lus do candilAna Belén FortesManuel RivasHistoria de AlbaniaMaría Xosé QueizánAriadna Fernández GonzálezAsalto do bou EvaAlexandre o GrandeAna Pastor García🡆 More