Ivy League

A Ivy League (Liga da Hedra), tamén coñecida como The Ancient Eight (As Oito Antigas) é unha conferencia deportiva universitaria estadounidense que comprente oito universidades privadas do nordés do país.

A expresión Ivy League adoita empregarse tamén fóra do contexto deportivo para referirse ás oito universidades de elite con connotacións de excelencia académica, selección nas admisións e elitismo social. Os seus membros por orde alfabética son Universidade Brown, Universidade de Columbia, Universidade Cornell, Dartmouth College, Universidade Harvard, Universidade de Pensilvania, Universidade Princeton e Universidade Yale.

Ivy League
Mapa das universidades da Ivy League
Ivy League
Bandeiras dos membros da Ivy League no Wien Stadium de Columbia

Aínda que a expresión xa se empregaba en 1933, só se fixo oficial despois da formación da NCAA Division I en 1954. Todos os membros agás Cornell fundáronse durante a época colonial, polo que están incluídas sete das nove universidades fundadas antes da Revolución Americana. As outras dúas, a Universidade Rutgers e o College of William & Mary, son institucións públicas.

Os centros da Ivy League vense como algunhas das universidades máis prestixiosas do mundo. Todas están entre as dezasete primeiras da clasificación da U.S. News & World Report de 2020, catro delas entre as cinco primeiras. U.S. News nomeou algunha delas como a mellor universidade do país todos os anos dende 2001. Na clasificación global de 2020 da U.S. News & World Report, tres delas estaban entre as dez mellores universidades do mundo (Harvard primeira, Columbia sétima e Princeton oitava).

Membros

Institución Lugar Alcume deportivo Fundación Afiliación na fundación
Universidade Brown Providence, Rhode Island Bears 1764 como College in the English Colony of Rhode Island and Providence Plantations Baptista, a carta de fundación promete "tests non relixiosos" e "total liberdade de conciencia"
Universidade de Columbia Nova York Lions 1754 como King's College Igrexa de Inglaterra
Universidade Cornell Ithaca, Nova York Big Red 1865 Non sectaria
Dartmouth College Hanover, New Hampshire Big Green 1769 Calvinista (Congregacionalista)
Universidade Harvard Cambridge, Massachusetts Crimson 1636 como New College Non sectaria, fundada por calvinistas congregacionalistas
Universidade de Pensilvania Philadelphia, Pensilvania Quakers 1740 como escola de caridade sen nome Non sectaria, fundada por membros da Igrexa de Inglaterra e metodistas
Universidade Princeton Princeton, Nova Jersey Tigers 1746 como College of New Jersey Non sectaria, fundada por calvinistas presbiterianos
Universidade Yale New Haven, Connecticut Bulldogs 1701 como Collegiate School Calvinista (Congregacionalista)

Galería

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Ivy League MembrosIvy League GaleríaIvy League NotasIvy League Véxase taménIvy LeagueElitismoEstados Unidos de AméricaUniversidade BrownUniversidade CornellUniversidade HarvardUniversidade PrincetonUniversidade YaleUniversidade de ColumbiaUniversidade de Pensilvania

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

InstagramStellantisBilbaoMemorias dun neno labregoPanxermanismoFrancisco PazosEuropaTorre de HérculesBispoRomariz, Riós, RiósLeopoldo RubidoJesús Hidalgo BermejoMadridManuel RivasPere Pau Ripollès AlegreMovimento das Forças ArmadasDoenza de Paget de mamaCatedral de Santiago de CompostelaBidueiroTemplo expiatorio da Sagrada FamiliaLalínMoulin RougeBárbara ReyParafusoXurxo AyánPobo palestinoTECOR societarioFermin MuguruzaAsalto do bou EvaPalmaLingua casteláLista de estacións de tren de GaliciaXoán Manuel PintosFernando Salgado VarelaIsabel Díaz AyusoMiss Vaca (certame)Pablo EcheniquePonte 25 de AbrilRicardo BeirasAeroporto de VigoSete Sabios de GreciaFerroAtlánticaMaría do Socorro Ortega RomeroLola FloresValenciaEva CárdenasPortugalCarmen LovellePampallínGres, Vila de CrucesTransformador Lista das aves de GaliciaGooglePotaMartín SarmientoCharles WhiteSystem of a DownJosé Luis Rodríguez ZapateroCarrasco (planta)Valentín García GómezGalileo GalileiPablo EscobarVladimir Putin1928Verónica ForquéDelfínTeresa González CostaDiglosiaAdolf HitlerTeoA gaita gallega (libro)BucetaRamón Otero Pedrayo🡆 More