Metodismo

O metodismo ou movemento metodista é o nome que se dá habitualmente a un grupo numeroso e diverso de denominacións cristiás do cristianismo.

Historicamente, o metodismo orixinouse na Gran Bretaña do século XVIII e grazas á vigorosa actividade misioneira que foi despregada, estendeuse axiña polos dominios do Imperio británico, os Estados Unidos e máis aló. Orixinalmente convocou especialmente a traballadores, granxeiros pobres e escravos. A súa teoloxía é claramente arminiana cunha énfase no feito de que a salvación é para todo aquel que a acepte. A súa liturxia é moi sinxela e clasifícase, segundo a tradición anglicana, como propia da Igrexa baixa. Calcúlanse 80 millóns de membros a redor de todo o mundo.

Metodismo
Símbolo da Igrexa Metodista Unida.

Avivamento wesleyano

Metodismo 
John Wesley.

O denominado movemento metodista ten as súas orixes en Inglaterra, cando un grupo de cristiáns encabezados por John Wesley, o seu irmán máis novo Charles Wesley e George Whitefield buscaban a forma de renovar a Igrexa de Inglaterra no século XVIII, por medio dun estudo centrado na Biblia, un achegamento metódico ás Escrituras e a relación e impacto destes coa vida cotiá do crente.

O termo «metodista» xurdiu como un alcume universitario usado inicialmente con tinguiduras pexorativas para designar o pequeno grupo de estudantes de Oxford que estivo a se reunir entre 1729 e 1735 con fins de crecemento e edificación persoais na vida cristiá. Eles reuníanse cada semana, facían xaxún regularmente e abstíñanse de case toda forma de entretemento e luxo. Tamén visitaban con frecuencia a pobres, enfermos e presos.

John Wesley deixou en claro que os seus motivos estaban enfocados á edificación e maduración na fe cristiá; e de ningún xeito tiña tinguiduras de buscar a fundación dunha nova denominación cristiá, cousa que, contra os seus desexos, foi ocorrendo.

Os primeiros metodistas reaccionaron contra o que eles percibían como apatía da Igrexa de Inglaterra, empezaron a predicar ó aire libre e a estabelecer sociedades metodistas por todas as partes. Sobresaíron polos seus entusiastas sermóns e foron acusados a miúdo de fanatismo. Naqueles días, membros da igrexa estabelecida temeron que as novas e puxantes doutrinas propostas polos metodistas, tales como a necesidade dun Novo Nacemento salvación por graza, a Xustificación pola Fe, e a acción constante e sostida do Espírito Santo sobre a alma dos crentes para Perfeccionar e Santificar as súas vidas, producirían efectos prexudiciais sobre as mentes inxenuas. Theophilus Evans, un dos primeiros críticos do movemento, mesmo escribiu que era "tendencia natural do seu comportamento a de tolear á xente, mediante a voz, o xesto e as expresións horribles". Nun dos seus escritos, William Hogarth ataca así mesmo os metodistas tachándoos de "entusiastas" cheos de "credulidade, superstición e fanatismo". Pero os metodistas resistiron os numerosos ataques contra o seu movemento.

John Wesley tivo influencias dos Irmáns de Moravia e do teólogo holandés Xacobe Arminio, mentres que Whitefield adoptou puntos de vista máis próximos ó calvinismo. Por iso, os seguidores de Whitefield separáronse converténdose en Metodistas Calvinistas. Porén, a maioría das denominacións metodistas seguiron a Wesley en canto á súa teoloxía arminiana.

Notas

Tags:

Comuñón AnglicanaCristianismoEscravitudeEstados Unidos de AméricaGran BretañaImperio BritánicoSalvaciónTraballador

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Reino UnidoJacinto BenaventeManuel Curros EnríquezLontreiraHard GZLino LópezDiego Rivas RegoArcec70mgPontedeumeJoan Manuel SerratFesta da Palabra SilenciadaEcce HomoCubaMarmelo (doce)ProxyXXX edición dos Premios GoyaDos arquivos do trasnoRaquel AtanesFrancisco PazosAna TurpinVila Nova de CerveiraC++Bob DylanPobo palestinoLingua portuguesaÁlvaro CunqueiroBolboretaOurensePello OtxandianoOs adverbios galegosTelevisión de GaliciaFerroAtlánticaVilalba, Vilalba, VilalbaAWStatsAntónio de Oliveira SalazarEstadio Municipal de Riazor28 de decembroFermin MuguruzaPemento de PadrónLareiraChorimaToxo arnalIbn al-AbbarMiro CasabellaHelsingin JalkapalloklubiManuel FragaNacho CastañoPoesíaOurioloSílvia OrriolsPeer-to-peerLiteratura galegaXosé Luís BernalRataNightmare Alley (filme de 2021)BeraHarry StylesYolanda CastañoO Barco de ValdeorrasDiáspora galegaPatricia VázquezElena CandiaUnión AfricanaHomosexualidadeOTANInglaterraGerardo Pardo de VeraThe HivesXabier DeiveTemplo expiatorio da Sagrada FamiliaÑEmilio Pérez TouriñoJéssica BouzasLipoproteína de BraunMomia de Manchester🡆 More