O Barco de Valdeorras é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Valdeorras en Galicia.
En 2022 tiña 13.350 habitantes segundo o INE (13 800 no 2006, 13 700 no 2005, 13 518 no 2004, 13 507 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é barquense ou valdeorrés.
O Barco de Valdeorras | |
---|---|
Vista xeral da vila e o concello. | |
Situación | |
Xentilicio | barquense - valdeorrés |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Ourense |
Comarca | Comarca de Valdeorras |
Poboación | 13.277 hab. (2023) |
Área | 85,7 km² |
Densidade | 154,92 hab./km² |
Entidades de poboación | 14 parroquias |
Capital do concello | O Barco |
Política (2023 ) | |
Alcalde | Alfredo García Rodríguez (PSdeG) |
Concelleiros | BNG: 3 PPdeG: 5 PSdeG-PSOE: 9 |
Eleccións municipais no Barco de Valdeorras | |
Uso do galego (2011) | |
Galegofalantes | 36,34% |
Na rede | |
www.concellodobarco.gal | |
[ editar datos en Wikidata ] |
É o cuarto concello máis poboado da provincia tras Ourense, O Carballiño e Verín, e é a capital da comarca. Sitúase no extremo nordeste da provincia, no val do río Sil, a 112 km da capital pola estrada N-120.
Censo total (habitantes) | 13 899 (2014) |
Menores de 15 anos | 1903 (13,69 %) |
Entre 15 e 64 anos | 9302 (66,92 %) |
Maiores de 65 anos | 2694 (19,38 %) |
Evolución da poboación do Barco de Valdeorras Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
5321 | 5930 | 8081 | 9242 | 13 518 | 14 134 | |||||||||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
A economía do Barco baséase sobre todo na extracción e tratamento de lousa no veciño concello de Carballeda de Valdeorras. Trátase dun piar fundamental da economía da comarca. Valdeorras é a zona de maior produción de lousa de España. Aínda que isto se traduce nun evidente motor económico da zona, trouxo tamén consecuencias negativas como a degradación do medio ambiente ou unha alta incidencia de silicose.
Arredor do asentamento de poboación resultante da explotación da lousa foi florecendo o sector servizos. Tamén inflúe na economía barquense a proximidade de Ponferrada e o seu peso comercial e industrial na zona.
Outra actividade económica notable no concello é a recollida de uva e posterior produción de viño. É un dos concellos da Denominación de Orixe Valdeorras, que destaca especialmente polos seus caldos godello e mencía. Moi relacionada coa historia e a sociedade local atópase a Adega Vinos Barco, anteriormente denominada como Cooperativa Xesús Nazareno, considerada ademais como a cooperativa vinícola máis antiga de Galicia.
A empresa química CEDIE foi un cimento prominente da economía local, albergando no seu seo gran cantidade de traballadores. Así e todo, pechou a súa actividade de tratamento de cal a principios dos 2000.
Desde o paseo fluvial do Malecón e as montañas pódense contemplar fermosas paisaxes. O conxunto monumental do Barco tamén pode ser un espléndido miradoiro do núcleo do Barco e do río Sil. Restos da cultura romana e varios pazos son o máis destacado do concello.
Cabe salientar o mosteiro de San Miguel de Xagoaza, este mosteiro é do século XII e a edificación do mosteiro do século XVIII. A igrexa de San Miguel, de orixe románico, pertencente na súa época á Orden de San Xoán de Xerusalén. O Mosteiro de construción posterior está realizado en pedra ao redor dun claustro interior rectangular. Actualmente rehabilitado, alberga unha moderna adega de viños e augardentes da zona, cuxos viñedos están situados na contorna do conxunto.
A torre fortaleza do Castro situada nunha lomba de 441 metros de altura ao norte e moi próximo á poboación do Barco de Valdeorras atópanse os restos dunha torre medieval levantada sobre un castro. Por este lugar transitaban importantes vías de comunicación, tanto romanas como medievais. Era un dos pasos cara á Meseta e tamén paso para a famosa vía romana denominada Vía Nova, ou Vía XVIII que unía Bracara (Braga) con Asturica (Astorga) e que enlazaba coas Médulas na rexión leonesa.
Así como os festexos en honor ao Santo Cristo, nos que se organizan varias actividades.
Para unha lista completa de todos os lugares do concello do Barco de Valdeorras vexa: Lugares do Barco de Valdeorras.
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: O Barco de Valdeorras |
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
This article uses material from the Wikipedia Galego article O Barco de Valdeorras, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.