Arthur Kornberg

Arthur Kornberg, nado en Nova York, Estados Unidos, o 3 de marzo de 1918 e finado en Stanford, California, o 26 de outubro de 2007, foi un médico e bioquímico estadounidense que en 1959 compartiu o Premio Nobel de Medicina ou Fisioloxía con Severo Ochoa.

Infotaula de personaArthur Kornberg
Arthur Kornberg
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento3 de marzo de 1918 Editar o valor em Wikidata
Brooklyn, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte26 de outubro de 2007 Editar o valor em Wikidata (89 anos)
Stanford, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónCity College de Nova York
Abraham Lincoln High School (en) Traducir
Universidade de Rochester (pt) Traducir
New York University School of Medicine (en) Traducir
University of Rochester Medical Center (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Director de teseSevero Ochoa e Carl Ferdinand Cori (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoBioquímica Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmédico , profesor universitario , escritor de non ficción , académico , bioquímico , químico Editar o valor em Wikidata
EmpregadorNational Institutes of Health
Universidade Washington em St. Louis (pt) Traducir
Universidade Stanford Editar o valor em Wikidata
Membro de
Interesado enBioquímica Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoRandy Schekman, James Spudich (pt) Traducir, Tania A. Baker (pt) Traducir e Douglas Lee Brutlag Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeSylvy Kornberg
FillosRoger D. Kornberg, Thomas B. Kornberg (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Find a Grave: 22617414 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Naceu en 1918 na cidade de Nova York no seo dunha familia de inmigrantes da Galicia austríaca (hoxe parte de Polonia). Estudou ciencias no City College de Nova York (CUNY) e máis tarde Medicina na Universidade de Rochester, onde se doutorou en 1941. Despois de traballar durante dez anos no Servizo de Saúde Pública dos Estados Unidos, en 1953 foi nomeado xefe do Departamento de Microbioloxía da Universidade de Washington en Saint Louis, e en 1959 foi nomeado xefe do Departamento de Bioquímica da Universidade de Stanford en California. Tamén traballou neste departamento como profesor emérito desde 1988, cando se xubilou. Morreu en Stanford (California) en 2007.

Investigación científica

A súa investigación inicial consistiu en estudar os seus altos niveis de bilirrubina no sangue, unha enfermidade coñecida como síndrome de Gilbert, estudos que publicou en 1942. Durante a súa etapa no Servizo de Saúde Pública dos Estados Unidos dirixiu a súa investigación cara á nutrición e as vitaminas.

En 1946 foi nomeado asistente de Severo Ochoa na Universidade de Nova York (NYU) e ampliou os seus coñecementos sobre química orgánica e purificación de encimas, e traballou na comprensión da produción de trifosfato de adenosina a partir de nicotinamida e adenina dinucleótido (NAD) e nicotinamida adenina dinucleótido fosfato (NADP). Ochoa conseguira o illamento dun encima do colibacilo que cataliza a síntese do ácido ribonucleico (ARN), o intermediario entre o ácido desoxirribonucleico (ADN) e as proteínas. Continuando este traballo, Kornberg puido demostrar experimentalmente en 1956 que o ADN tamén se sintetiza pola súa ADN polimerase utilizando a bacteria intestinal Escherichia coli (a ADN polimerase de E. coli chámase a miúdo polimerase de Kornberg). Este fundamento teórico permitiu anos despois, entre outros avances tecnolóxicos, a secuenciación do ADN (biolóxico) e a reacción en cadea da polimerase (PCR), ferramentas fundamentais en biotecnoloxía.

Galardóns

En 1959 foi galardoado, xunto con Severo Ochoa, co Premio Nobel de Medicina ou Fisioloxía "polo descubrimento dos mecanismos da síntese biolóxica dos ácidos ribonucleicos e desoxirribonucleicos".

O seu fillo, Roger D. Kornberg, foi galardoado co Premio Nobel de Química en 2006.

Notas

Véxase tamén

----

Arthur Kornberg 
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Tags:

Arthur Kornberg TraxectoriaArthur Kornberg NotasArthur Kornberg Véxase taménArthur Kornberg19181959200726 de outubro3 de marzoBioquímicaCaliforniaEstados Unidos de AméricaNova YorkPremio Nobel de Fisioloxía ou MedicinaSevero Ochoa

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Ácido caprílicoQuenyaFrank SinatraXXX edición dos Premios GoyaTinamidaeAlbatros viaxeiroDisolución da Unión SoviéticaÁcido heptatriacontanoicoLingua xeorxianaIsabella BirdIllas GalápagosNana MouschouriErgocalciferolHistoria AugustaRubén RiveraArchaeopteryxBudapestPirelliParafiléticoBenz Patent-MotorwagenPulqueriaRetorno a Tagen AtaAd libitumCinema pornográficoElena RybakinaApp Store (iOS)FlynasCosworthPessachXabarilDobre hélice de ácidos nucleicosCrónica troianaTergoAngkor WatAs Pontes de García RodríguezBolboreta da colArgos, GreciaArmeniaA MecaNeornithesDonicelaMúsculo deltoide2005Provincias de EspañaCornizóPimpíns de DarwinDelta do Río das PerlasBoeing 767Dictionary of Greek and Roman Biography and MythologyFroufe, O IrixoBilurico comúnEurocopa de FútbolEscitasColinesteraseLingua malékuXosé Ramón GayosoAletaFauna de GaliciaOrixe das avesConcepción ArenalCharlton HestonSantiago de CompostelaMartin ScorseseTriglicéridoNós (revista)LophiiformesTeatro de EpidauroISBNToni AcostaTerreo (xeoloxía)Carlos GardelVoo 140 de China AirlinesCronoloxía da segunda guerra mundialEguaEstadio Municipal de RiazorKevin Magnussen🡆 More