Médico, Médica: Profesional que practica a medicina

Un médico é un profesional que practica a medicina que intenta manter e recuperar a saúde humana mediante o estudo, o diagnóstico e o tratamento da enfermidade ou lesión do paciente.

Na lingua galega, de xeito coloquial, denomínase tamén doutor a estes profesionais, aínda que non obteñan o grao de doutoramento.

Médico, Médica: Obxectivo, Motivación, Valores
O doutor e o seu paciente (século xvii) de Jan Havicksz Steen, Rijksmuseum.

O médico é un profesional altamente cualificado en materia sanitaria, que é capaz de dar respostas xeralmente acertadas e rápidas a problemas de saúde, mediante decisións tomadas habitualmente en condicións de gran incerteza, e que precisa de formación continuada ao longo de toda a súa vida laboral.

Obxectivo

O principal obxectivo do médico, e da medicina por extensión, é "coidar a saúde do paciente e aliviar o seu sufrimento". "O médico poucas veces cura, algunhas alivia, pero sempre debe consolar".

Motivación

As razóns para ser médico na actualidade poden ser de catro tipos:

Persoais

Médico, Médica: Obxectivo, Motivación, Valores 
Rúa dedicada aos Médicos, en Chinchilla de Monte-Aragón, Albacete.

Son as razóns principais e máis importantes.

  • O atractivo social da profesión.
  • Acceder a unha posición económica máis ou menos holgada.
  • Influencia de familiares, amigos, ou dos medios de comunicación.
  • Compromiso cos pacientes e o seu sufrimento, co concreto e individual.
  • Formulacións relixiosas, filosóficas ou de vida, como a crenza do impacto da medicina na equidade.
  • Rexeitamento a outras opcións de vida.

Sociais

Científicas

  • Traballar en centros que irradien novo coñecemento científico, para que cambie a cara do sufrimento humano.
  • Dominar unha parte poderosa da ciencia e da técnica, de enorme atractivo polo seu impacto na saúde do paciente.
  • O esforzo pola innovación da organización de servizos, e a mellóraa da investigación aplicada á atención dos pacientes cos ensaios clínicos, os estudos observacionais e o conxunto que chamamos "medicina baseada en probas" (Evidence Based Medicine).
  • A ansia do desenvolvemento das ciencias médicas é fundamental, e serve de acicate á continua necesidade de formación continuada que caracteriza ao médico.
  • A produción de ética médica, que pon o contrapunto filosófico e deontolóxico ao que facer do médico clínico.

Prácticas

  • Pode ser unha elección que dea moita versatilidade á vida, como ofrecen as diferentes especialidades médicas, os lugares de traballo e o tempo dedicado á profesión.
  • A remuneración do médico. En xeral, como médico recíbese unha compensación económica que adoita estar na media ou por encima da media doutros profesionais (aínda que hai variacións extremas), e en todo caso ser médico é un medio de vida. A constante é ter ingresos que permiten levar unha vida honrada, con solvencia para facer fronte a formar unha familia e criar algúns fillos.

Valores

Médico, Médica: Obxectivo, Motivación, Valores 
Pediatra explorando o oído a un neno cun otoscopio. O trato do médico ao seu paciente debe ser digno.

As calidades que debe posuír un médico clínico son:

  • o trato digno ao paciente e aos compañeiros.
  • o control xuicioso da incerteza durante o encontro co enfermo
  • a práctica dunha ética da ignorancia (compartir co paciente as limitacións científicas)
  • a práctica dunha ética da negativa (para rexeitar aquilo que non ten sentido, firme pero amablemente, de pacientes, xefes e compañeiros)
  • unha enorme polivalencia no limitado tempo da atención clínica.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Médico, Médica ObxectivoMédico, Médica MotivaciónMédico, Médica ValoresMédico, Médica NotasMédico, Médica Véxase taménMédico, MédicaDoutoramentoGrao académicoMedicinaPacienteSaúde

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Singular e plural en galegoVitorino NúñezXosé Quiroga SuárezSanta CombaLituaniaBoyanka Kostova (grupo musical)José María García LeiraOlympe de GougesCantigas de Santa MaríaGuepardoFelaciónPaul VerhoevenPonteareasSydney SweeneyGoretti SanmartínCistusGeorg Friedrich HändelMexillónImmanuel KantAlejandro JodorowskyIemenCategoría Primera A24 de abrilClub Deportivo ArenteiroPoloniaVíctor CoyoteLucie IdloutEstados Unidos de AméricaFinding NemoMar AmareloSímbolos matemáticosBarcelonaArxentinaVehículo aéreo non tripuladoLuar na lubreLeninErros e TánatosOs adverbios galegosMatriz cadradaBubelaAfonso XII de EspañaDía da TerraCastro de Santa TregaIñigo UrkulluLois PereiroMiguel SantalicesEscáncerManuel Gallego VilaBuxoPablo CasadoSevillaVictoria BeckhamGerardo Pardo de VeraK'inich Janaab' PakalMar MediterráneoAlgodónSambesugaAlfonso RuedaCill GhallagáinPanteón de Galegos IlustresVox populiCoordenadas xeográficasGheadaAlemañaAlbert EinsteinBrasilCambio climáticoBurela, Burela, BurelaReino de GaliciaXesta🡆 More