Un catalizador é unha substancia (composto ou elemento) capaz de acelerar (catalizador positivo) o retardar (catalizador negativo ou inhibidor) unha reacción química, permanecendo el mesmo inalterado (non se consome durante a reacción).
A este proceso chámaselle catálise. Os catalizadores non alteran o balance enerxético final da reacción química, senón que só permiten que se acade o equilibrio con maior ou menor velocidade.
Moitos dos catalizadores actúan alterando superficies, permitindo atoparse e unirse ou separarse a dous ou máis reactivos químicos. No mundo natural hai catalizadores biolóxicos ou biocatalizadores, os máis importantes son os encimas, de natureza proteica, aínda que tamén existen ácidos ribonucleicos con capacidade catalítica, denominados ribozimas.
A catálise pode ser de dous tipos:
This article uses material from the Wikipedia Galego article Catalizador, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.