Rianxo: Concello da comarca da Barbanza, na provincia da Coruña

Rianxo é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Barbanza.

Linda ao norte cos municipios de Lousame e Rois, ao oeste con Boiro, ao leste con Dodro e Catoira a través da ponte sobre o río Ulla, e ao sur coa ría de Arousa. Sitúase a menos de 50 km de Santiago de Compostela e a 150 km da capital de provincia galega máis distante: Ourense.

Modelo:Xeografía políticaRianxo
Rianxo: Xeografía, Historia, Cultura
Rianxo: Xeografía, Historia, Cultura
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata
 42°38′56″N 8°49′03″O / 42.6489, -8.81748°49′03″O / 42.6489, -8.8174
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia da Coruña Editar o valor em Wikidata
CapitalRianxo Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación10.854 (2023) Editar o valor em Wikidata (184,59 hab./km²)
Xentiliciorianxeiro Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie58,8 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor em Wikidata
Altitude4 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataJulián Bustelo Abuín Editar o valor em Wikidata
Eleccións municipais en Rianxo Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal15920 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE15072 Editar o valor em Wikidata

Páxina webrianxo.gal Editar o valor em Wikidata

Segundo o IGE no 2015 tiña unha poboación de 11.386 habitantes (11.729 en 2012, 11.780 en 2011, 11.826 en 2010), o que o converte no terceiro concello en poboación da comarca, despois de Ribeira e Boiro. O concello posúe unha densidade de poboación de 197,24 hab./km² e unha superficie de 58,8 km².

O seu xentilicio é rianxeiro/rianxeira.

Xeografía

Situación

O concello de Rianxo atópase na marxe dereita do río Ulla e da ría de Arousa, a uns 50 km de Compostela. Rianxo fai fronteira polo norte cos concellos de Lousame e Rois; polo sur coa ría de Arousa, que o separa da provincia de Pontevedra; polo leste cos concellos de Dodro e Catoira (separada do territorio rianxeiro polo río Ulla), e polo oeste co concello de Boiro.

Demografía

Censo total 11.386 (2015)
Menores de 15 anos 1.454 (12.77 %)
Entre 15 e 64 anos 7.165 (62.93 %)
Maiores de 65 anos 2.767 (24.3 %)
Serie de poboación histórica de Rianxo
(Fonte/s: INE)
Ano19001930195019812004200920112012201320142015
Poboación8.2779.46111.12012.71511.58211.76911.78011.72911.59811.47911.386

Historia

Prehistoria

Existen probas que demostran que o actual territorio de Rianxo xa estaba poboado no Neolítico, 4000 anos a. e. c. Nas ladeiras do monte Lioira, entre as parroquias de Leiro e Asados, atópase unha necrópole megalítica con máis de 20 túmulos. Na localidade de alto de Burés apareceron 8 mámoas e en O Campiño 6.

O declive da cultura megalítica comezou a finais do III milenio a. e. c. deixando paso á Idade de Bronce, da que se conservan en Rianxo varios vestixios; entre eles, uns puñais de espeto, atopados no monte Lioira, e un cunco de lámina de ouro con decoración astral, atopado na praia de Leiro. Da idade de bronce tamén se atopan na parroquia de Isorna varios gravados e petróglifos.

Idade Antiga

A cultura castrexa desenvólvese dende o final da Idade de Bronce até o século VI. Desta época consérvanse polo menos 10 castros, abandonados coa chegada dos romanos.

A conquista romana de Galicia foi máis prolongada ca no resto da península por mor da súa situación xeográfica e á súa accidentada xeografía. A presenza dos romanos en Rianxo fica demostrada pola Via per Loca Maritima de Caldas de Betanzos cuxo percorrido discorre por Rianxo, bordeando a beira dereita do río Ulla.

Idade Media

Rianxo atópase moi próximo a Santiago de Compostela, xusto en fronte das torres do Oeste en Catoira, na outra beira do río Ulla. O Ulla é un río navegábel para barcos de pouco calado até Iria, polo que Rianxo tivo que soportar as continuas incursións dos normandos, que se produciron entre os séculos IX e XI, que pretendían chegar dende Iria a Compostela.

No ano 934, a vila de Rianxo e todas as súas posesións foron transferidas a Santiago como privilexio outorgado polo rei Ramiro II. Un século máis tarde, en 1057, Alonso V e o bispo Hermenexildo confirmaban a xurisdición compostelá sobre Rianxo. No século XI, en que comezou o feudalismo en Galiza, Rianxo converteuse na cabeza da xurisdición eclesiástica exercida pola Mitra Compostelá que cobraba diezmos de mar e outras rendas aos rianxeiros. O apoxeo compostelán continuou ao longo dos séculos XII e XIII, deixando unha profunda pegada en Rianxo.

O primeiro señor de Rianxo foi o almirante Paio Gómez de Soutomaior, coñecido como Paio Gómez Chariño. Chariño tomou parte na conquista de Sevilla como quinto almirante de Castela ao mando das naves galegas. Era ademais un recoñecido poeta e trobador. Foi asasinado en 1295 e soterrado en San Francisco de Pontevedra. Entre as súas propiedades cabe mencionar o pazo Martelo, hoxe reconvertido na biblioteca municipal, e a torre-fortaleza da desembocadura do río Te, da que só fican os alicerces.

O señorío de Rianxo estivo en mans dos Chariño até despois das Revoltas Irmandiñas do século XV. Tras longos preitos, outorgarase de novo o señorío á Mitra Compostelá en 1532.

Idade Moderna

A Mitra Compostelá exerceu a súa xurisdición en Rianxo dende 1532 até ben entrado 1814. Durante esta época e ao abrigo da Mitra xurdiron as liñaxes máis ilustres de Rianxo: os Torrado e a familia Bastón cuxas posesións a día de hoxe forman parte do patrimonio artístico de Rianxo.

Tamén no século XVI, concretamente entre 1580 e 1590, tivo lugar unha vaga de peste que devastou a rexión, matando a moitos habitantes.

Idade Contemporánea

Rianxo: Xeografía, Historia, Cultura 
Casa de Castelao en Rianxo, localizada na rúa de Abaixo.

A parte final do século XIX e os comezos do XX caracterizáronse en Rianxo pola presenza dun activo movemento cultural e político. Rianxo é o berce de nomes tan importantes para a cultura galega como Castelao, Rafael Dieste, Manuel Antonio, Brea Segade, Eduardo Dieste, Xosé Arcos, entre outros. Todos eles estaban fortemente vencellados ao galeguismo, movemento integrado nas Irmandades da Fala e estreitamente relacionado coa corrente populista As Ligas Agrarias.

Con Castelao á cabeza, fundaron a revista El babero municipal, unha publicación que trataba de fomentar a unión da mocidade rianxeira e que se editou dende 1910 a 1914. Case todos os intelectuais locais deixaron Rianxo por motivos políticos, exiliándose durante a guerra civil ou a posguerra en Suramérica.

Cultura

Toponimia

O topónimo de Rianxo provén seguramente do latín rivus angulus, «a curvatura do río» (Rivu(m) Ángulu(m) > Riv'ang'lo > Rianxo) dada a forma que describe a ría ao seu paso pola vila. Porén, tamén se especula con que provén de rivus amplus, «río ancho».

Patrimonio

A vila de Rianxo destaca polo seu atractivo turístico e cultural. Na parroquia do Araño atópase o meirande hórreo de toda Galicia, en canto a lonxitude (36,75 metros a cámara e 37,05 m o celeiro) e capacidade (cámara 109,31 m³, celeiro 59,09 m³). No tocante ao seu atractivo paisaxístico a vila destaca polo esteiro do Ulla, as súas praias e os miradoiros do Castro Barbudo, do Monte Pena e do Pico Muralla, dende o que se pode ver as torres da catedral de Santiago de Compostela e incluso as Illas Cíes, na bocana da Ría de Vigo, e aínda máis alá, ata preto da costa portuguesa. Rianxo tamén destaca polo seu patrimonio arqueolóxico e cultural. Na vila atópanse numerosas mámoas como Os Campiños; petróglifos, na actualidade están catalogadas 59 estacións rupestres no concello; castros como o do Castriño, o das Sercas ou o de Traba; ademais de igrexas, capelas, ermidas, pazos, hórreos e os máis de 188 cruceiros catalogados na vila.

Etnografía

Festas e celebracións

Folclore

Ademais de polas súas paisaxes e patrimonio, Rianxo tamén é coñecida por A Rianxeira, canción popular galega, convertida nun dos símbolos culturais de Galicia e particularmente representativa do colectivo dos emigrantes popularizada por emigrantes rianxeiros no exterior.

    Cantigueiro
  • A aldeia da Atalaia/ rodeada de loureiros/ non a pasean casados/ que a pasean solteiros .
  • Aí vén o maio/ pola punta de Rianxo,/ vén a patadas/ co fillo do Macanxo .
  • Alá vén Nosa Señora/ andando pola ribeira,/ trai as perniñas ó aire,/ parece unha rianxeira .
  • Araño, meu Arañiño/ Na parroquia do Araño/ teño todo o meu cariño .
  • As miniñas de Rianxo/ pagan as rendas ó cuco,/ eu como son rianxeira/ tócalle o pito, Farruco! .
  • As mociñas do Araño/ mentras os máis van á misa,/ quedan na corte coas vacas/ rillando palla maísa.
  • Cando veño do axexo,/ cando vou para a luzada/ quérote ver rianxeira/ sempre no muelle sentada .
  • De Rianxo, miña nai,/ de Rianxo para Noia,/ de Rianxo, miña nai,/ que se fai a festa toda .
  • Deprendéronme a cantar/ as neniñas de Rianxo,/ deprendéronme a cantar/ indo polo mar abaixo .
  • En Somoza nace o sol,/ na Marquesa nace a lúa,/ na aldea da Atalaia/ nace a estrela da fortuna .
  • Eu caseime no Araño/ co fillo dun arañón,/ pensando que non pasaba fame/ o forno da miña sogra cría silvas no verán.
  • Eu de onde estou ben vexo/ as rabizas en Teaio,/ tamén vexo os meus amores/ na arrechán de Araño .
  • Para bailar e cantar/ xa Rianxo ten a sona,/ para rapazas bonitas/ vivan as de Taragoña .
  • Quérenme as nenas de eiquí/ e as da banda de Leiro,/ se me collen en Rianxo/ berraranme en Abanqueiro .
  • Señor San Bartolomeu/ feito de pau de laranxo/ quen che mandou dar pintura/ foi o cura de Rianxo .
  • Señor San Bartolomeu/ feito de pau de sanguiño/ líbrame, santo bendito/ do lobo de Rianxiño .
  • Señor San Bartolomeu/ que estás no medio da Ría,/ dunha banda tes Rianxo/ e doutra Vilagarcía .
  • Si o río de Te/ fora de coñá/ máis de catro mozos/ irían alá .
  • Teño un amor en Rianxo/ outro en Vilagarcía./ Para ver os meus amores/ teño que cruza-la ría.

Economía

Na vila de Rianxo o sector predominante é o primario no que destacan principalmente a pesca de baixura (sobre todo da sardiña e da xouba), o marisqueo (do berberecho e da ameixa), e o cultivo do mexillón, existindo tamén outras actividades como a agricultura, a explotación forestal e a gandería. A maior presenza industrial é a conserveira. Nos últimos anos produciuse un notable incremento do turismo que influíu notable e positivamente na economía da vila, chegando nos meses estivais case a duplicarse a poboación. En Rianxo existe unha grande oferta de festas variadas, actos culturais e actividades deportivas.

Política e goberno

Rianxo: Xeografía, Historia, Cultura 
Casa do concello

Julián Bustelo (Rianxo en Común) é o alcalde de Rianxo desde xuño de 2023, cando accedeu ao posto tras as eleccións do 28 de maio de 2023. Nas eleccións municipais do 2023, cun 67,7% de participación, Rianxo en Común foi o partido máis votado con 1810 votos (28,98 %), obtendo 5 edís; o PSdeG-PSOE foi a segunda candidatura máis votada con 1790 sufraxios (28,66%) e 5 concelleiros, seguido polo PP con 1767 apoios (28,29%) e tamén 5 representantes, Pola súa banda, o BNG obtivo 814 votos (13,03%) e 2 concelleiros.

Eleccións municipais, 25 de maio de 2003
Partido Votos % Concelleiros
PSOE 4.404 58,88 % 11
PP 1.275 16,47 % 3
BNG 1.178 15,22 % 2
Eleccións municipais, 22 de maio de 2011
Partido Votos % Concelleiros
PP 2.439 36.11 % 6
BNG 2.146 31.77 % 6
PSOE 2.030 30.05 % 5
Eleccións municipais, 27 de maio de 2007
Partido Votos % Concelleiros
PSOE 3.540 49,27 % 9
BNG 1.737 24,18 % 4
PP 1.725 24,01 % 4
Eleccións municipais, 2 de xuño de 2015
Partido Votos % Concelleiros
BNG 2.164 34.38 % 6
PP 1.687 26.80 % 5
PSOE 1.662 26.41 % 4
SON 695 11.04 % 2

Cidades irmandadas

Galería de imaxes

Rianxo: Xeografía, Historia, Cultura 
Vila de Rianxo

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II].
  • LEMA BOUZAS, Lino (compilador): Ditos e cantigas mariñeiras. I Encontro de embarcacións tradicionais, Galicia 1993.
  • PÉREZ BALLESTEROS, José: Cancionero popular gallego y en particular de la provincia de la Coruña. 1885-1886; reed. facs. Akal, Madrid 1979.

Outros artigos

Ligazóns externas

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Rianxo

O Araño (Santa Baia) | Asados (Santa María) | Isorna (Santa María) | Leiro (Santa María) | Rianxo (Santa Comba) | Taragoña (San Salvador)

Tags:

Rianxo XeografíaRianxo HistoriaRianxo CulturaRianxo EconomíaRianxo Política e gobernoRianxo Cidades irmandadasRianxo Galería de imaxesRianxo NotasRianxo Véxase taménRianxoBoiroCatoiraComarca da BarbanzaDodroLousameOurenseProvincia da CoruñaRoisRía de ArousaRío UllaSantiago de Compostela

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Bigues i Riells del FaiSupermanLista de nomes femininos en galegoAC-456AciñeiraPere Pau Ripollès AlegreOTANNacionalismo galegoGrupo SargadelosVerónica ForquéMergullón cristadoAndoriñaUniversidade de Santiago de CompostelaLingua inglesaDiglosiaMiss Vaca (certame)Adolf HitlerViacrucisAliança CatalanaVicepresidencia do Goberno de EspañaLista de palabras galegas de orixe celtaNightmare Alley (filme de 2021)Cessna T-37 TweetLola FloresUcraínaAmérica do NorteJohn Forbes Nashoyz9zDiego AnidoMucha e NuchaMoción de confianzaGrupo RompenteRibeiraSabela (Operación Triunfo)Raposo comúnpdwqjPunta UmbríaLuis Mateo DíezHarvey WeinsteinCristiano RonaldoAmérica LatinaAsunta Basterra PortoRetorno a Tagen AtaGuerraVigoRefraneiro galego sobre o panCamilo Nogueira RománAntónio de SpínolaBibTeXNordés (vento)Álvaro MorataCalorCaso Asunta BasterraPosición do misioneiroIsabel II do Reino UnidoManuel RicoPortolamoso, Curtis, CurtisSan PetersburgoGuillermo Alonso BarciaXeración do 36Vila Nova de CerveiraVerbos galegos ser, estar e irProxyArxentinaDiego González RivasTorre de HérculesSubgrupoC++Asalto do bou EvaPortadaRosalía de CastroManuel MaríaJosé Luís Valladares Fernández🡆 More