Lousame: Concello da comarca de Noia, na provincia da Coruña

Lousame é un concello galego situado no suroeste da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Noia.

Segundo o padrón municipal (INE 2020) ten 3.268 habitantes (1.624 homes e 1.644 mulleres). O xentilicio é lousamán.

Modelo:Xeografía políticaLousame
Lousame: Etimoloxía, Xeografía, Historia
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata
 42°45′32″N 8°49′46″O / 42.758888888889, -8.82944444444448°49′46″O / 42.758888888889, -8.8294444444444
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia da Coruña Editar o valor em Wikidata
CapitalPortobravo Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación3.145 (2023) Editar o valor em Wikidata (33,37 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie94,24 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude20 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor em WikidataTeresa Villaverde Pais Editar o valor em Wikidata
Eleccións municipais en Lousame Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal15214 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE15042 Editar o valor em Wikidata

Páxina webconcellodelousame.com Editar o valor em Wikidata

É un concello principalmente agrario. Abrangue sete parroquias con 75 núcleos de poboación.

Etimoloxía

O nome de Lousame consérvase dende a época romana. Provén da palabra latina lausia, que corresponde ás lousas que tanto abundan no concello.[Cómpre referencia]

Xeografía

O concello ten unha superficie de 93 km², e abrangue 7 parroquias. Limita ao norte co concello de Brión, ao sur con Boiro e Rianxo, ao leste con Rois e Dodro e ao oeste con Porto do Son. É un territorio cun relevo abrupto, con fortes contrastes entre o fondo dos vales (20 msnm) e cumios de altitude media (monte Iroite, de 685 m, e a Muralla, de 674 m). A estación meteorolóxica de Lousame é a que recolleu máis pluviosidade de toda Galicia nos anos consecutivos de 2017-2022.

Historia

Nos terreos ocupados polo concello consérvanse restos prehistóricos (mámoas), da Idade de Bronce (petróglifo de Lesende) e da época castrexa. De feito, no propio escudo do concello aparecen reflectidos sete castros (Coto do Castro, Castro de Comparada, Castro de Servia, Castelo de Fruíme, Castelo de San Lourenzo, Castro de Berrimes e Castro do Lourido).

Da época da romanización consérvase o topónimo do concello, procedente da palabra celtolatina lausia, que corresponde aos xistos ou lousas que tanto abundan nesa parroquia (montes de Aldeagrande, Seoane e Cruído).

Na Idade Media fundouse o mosteiro de Toxos Outos, na beira dereita do río de San Xusto. No tombo de san Xusto, do século XII, aparece reflectida moita documentación da época medieval. No século XVII o mosteiro foi anexionado ao de Sobrado dos Monxes, converténdose en priorado do mesmo. Xa coa desamortización de Mendizábal desintegrouse por completo, converténdose na igrexa parroquial de San Xusto de Toxos Outos e perdendo a autonomía xurisdicional que tivera na Idade Media.

Entre 1730 e 1777 viviu na aldea de Fruíme Diego Antonio Cernadas de Castro, escritor e defensor de Galicia, que exerceu o cargo de cura nesta aldea, aínda que neste época a parroquia de Fruíme non era de Lousame.

O concello de Lousame conformouse como tal en 1836, cando tiña 3.514 habitantes. Foi anexionada a parroquia de San Martiño de Fruíme (que pertencía ao concello de Boiro) e a de San Xoán de Camboño (Porto do Son). Amais, a parroquia de Santa María de Roo, que pertencía á xurisdición de San Xusto, pasou ao concello de Noia.

Durante a segunda metade do século XIX chegou a haber 5 fábricas de papel en Lousame na ribeira de varios ríos. A máis importante foi a de Diego Fontán, na ribeira do río Vilacova.

A casa consistorial está na aldea de Portobravo desde a década de 1950, se ben ata entón estivera no lugar de Cruído. Nesa época acadouse o período de máxima poboación (6.555 habitantes) debido ao auxe das explotacións mineiras de Finx.

Poboación

Censo total 2014 3.513 habitantes
Menores de 15 anos 400 (11.39 %)
Entre 15 e 64 anos 2.047 (58.27 %)
Maiores de 65 anos 1.066 (30.34 %)
Lousame: Etimoloxía, Xeografía, Historia
Evolución da poboación de Lousame   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
5.543 5.857 6.555 5.014 3.912 3.621
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Patrimonio

Mosteiro de San Xusto de Toxos Outos

Minas de Finx

Fábrica de papel de Fontán

Chegou a haber cinco fábricas de papel á beira dos ríos Vilacoba e San Xusto, sendo a máis importante a fundada en 1863 polo matemático e xeógrafo Domingo Fontán. Estaba situada na ribeira esquerda do Vilacoba, á altura do lugar do Castro. O edificio, de planta rectangular, tiña cuberta a dúas augas e gran cantidade de fiestras dispostas de xeito rítmico. Esta arquitectura era funcional, pois as fiestras servían para ventilar o interior para o secado do papel. Había dous niveis de catorce fiestras, tendo o corpo máis baixo catro aberturas máis grandes. A auga chegaba a través dunha canle de pedra de lonxitude considerable e con moita capacidade, que recollía a auga río arriba.

Galería de imaxes

Parroquias

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Lousame

Camboño (San Xoán) | Fruíme (San Martiño) | Lesende (San Martiño) | Lousame (San Xoán) | Tállara (San Pedro) | Toxos Outos (San Xusto) | Vilacova (Santa Eulalia)

Lugares de Lousame

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Lousame vexa: Lugares de Lousame.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Tags:

Lousame EtimoloxíaLousame XeografíaLousame HistoriaLousame PoboaciónLousame PatrimonioLousame Galería de imaxesLousame ParroquiasLousame Lugares de Lousame NotasLousame Véxase taménLousame2020Comarca de NoiaINEProvincia da CoruñaXentiliciowikt:lousamán

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Lista de nomes masculinos en galegoGata CattanaInditexBernardino GrañaGalván en SaorRío DanubioToniña comúnGinger RogersXabier P. DoCampoClub dos 27TECOR societarioLista de episodios de DoraemonA morte na cultura popular galegaCoordenadas xeográficasAndorraPablo PicassoReconquistaYolanda DíazJoselu MatoOs EoasOvo (alimento)Antonio Fernández RivadullaJosé Rodríguez Martínez (médico)EnciclopediaCarlos CalveloGroenlandiaEuropaMarcos MaceiraOs outros feirantesNiceto Alcalá-ZamoraCarlos CasaresBárbaroAntía OteroMaceiraPedro J. RamírezAna Rosa QuintanaMariano RajoyPilar AbellaAngelina MangoXabarín ClubDaniel de la TorreEleccións ao Parlamento de Galicia de 2020Prehistoria25 de abrilViquingos en GaliciaPrepucio do clítorisLonga noite de pedraCAPTCHALista de presidentes da República PortuguesaArco da vellaLuis López DiéguezRuta da pentosa fosfatoJorge Sanz MirandaSéchu SendeOs posesivos galegosJesús Hidalgo BermejoFrancisco de QuevedoPontevedraGrupo RompenteFesta dos maiosAccidente de ChernóbilRenda básica universalNancho NovoValenciaIrene FerrerasAlejandra PizarnikProvincias de EspañaPosición do misioneiroMickey Mouse ClubhousePink FloydDámaso I, papaExeria (escritora)Gonzalo LouzaoMy Little PonyA CoruñaGoretti Sanmartín🡆 More